2ª FUTGAL: O Xallas supera a proba do Baio e persegue ao líder

A primeira xornada da segunda volta deixou como nota máis destacada a 6ª vitoria consecutiva do Xallas, desta volta ante o potente Baio, que mantén aos de Doriño a só 3 puntos do líder. O Camariñas superaba ao pechacancelas e rompía unha serie de dous partidos sen gañar.
No segundo vagón só sumaba o Soneira, nun empate de tolos en Corcubión, pois tamén caía o Monte Louro na súa visita á Rocheir (vitoria fundamental do Coristanco para alonxar a Lira e Cee e seguir pelexando por evitar os posibles postos de arrastre) e o Porteño en Corme.
Muros - Mazaricos (2-2)
Bo partido o disputado o sábado en Miraflores, cun Mazaricos facendo un gran fútbol sobre durante a primeira hora de partido. Os amarelos de Marcos foron claros dominadores do primeiro tempo, chegando por todas partes, e tendo ocasións por medio de Bryan, Marquiños dúas, Molinos, Matías, Pereiro… Foron Marquiños ao cuarto de hora, e Molinos cun golazo a 5 do final, os que metían por diante aos visitantes.
Pero non sentenciou o partido, e o Muros, pouco a pouco foise estirando. Xavi recortaba 10 minutos despois do descanso. Tivo o Mazaricos varias para sentenciar, pero non acertou e o cadro de Vinto non perdeu a fe, e foi só a 3 do final cando Javi Pelos conseguía empatar.
Corme - Porteño (3-1)

Moi eficaz o Corme de Adrián Lema, que comezaba abrindo o marcador cunha fermosa vaselinas de Lucas. O Porteño de Pirucho xogou ben o balón, impuxo un ritmo frenético, pero non estivo fino atrás, e estivo peor nas áreas. Á media hora o Corme demostraba a súa efectividade, e era Lucas Figueroa o que facía o segundo para os locais, mentres na outra área, Nazo, Ibra, Alfredo… o intentaban pero sen acerto.
Nada máis saír na segunda, Pejo e Iván mandan dous balóns ao pau. Saían Carrabete e Yuyo e as ocasións visitantes seguían chegando pero Quique e a defensa cormelá estaba moi firme. Nunha contra Lucas Figueroa facía o terceiro para os seus.
Recurtaba o Porteño por medio de Rodri a 20 do final, e a pesar das intentonas, o marcador non se movería, deixando aos dous equipos moi parellos na táboa.
Corcubión - Soneira (4-4)
Partido de tolos, moi bonito para o espectador, o vivido no Cubaleiro. Comenzaría marcado pronto o Soneira cunha boa combinación que culminaba Cachi tras un gran pase de Oreiro. Reaccionou o Corcubión que puxo cerco a portería de Pity durante a primeira metade, con xogadas a balón parado, xerando perigo e froito diso un minuto antes do tempo de lecer igualaba o encontro cun córner o segundo pao, que remataba de forma espectacular Iago Lema.
Na segunda metade chegou a choiva de goles. Comezaba pegando o Corcubión, por medio de Mario, pero o Soneira trenzaba boas xogadas e remontaba con dous goles de Vía, un deles de penalti sobre Pichi. O Corcubión non se vería abaixo e Rama empataba de novo, pero sen tempo a descansar, Bieito faria o 3-4 nunha gran acción individual. Non tardou nin outros dous minutos o Corcubión en volver empatar cun golazo de cabeza de César Lojo, aínda con 15 minutos por diante, nos que aíbda Rama tivo unha fermosa chilena e o Soneira tamén chegou á área de Bruno.
Cabana - Ponteceso (4-2)
O Ponteceso levou a iniciativa neste primeiro tempo ante un Cabana que se defendía ben e buscaba as súas opcións mediante balóns longos ou contras. Os visitantes insistían na búsqueda do gol ante unha defensa do Cabana que arriesgaba tirando o fóra de xogo. Mendieta entrando de segunda liña facía o 0-1 no minuto 31. Seguian chegando os de Julio Vila con bos balóns puidendo facer o 0-2 nos pés de Neira e de Puente, que mandaba ao poste nada máis saír dos vestiarios.
Pouco a pouco o cadro de Óscar Mingui estirábase e Diego da Morena empataba o partido. Duro golpe para os visitantes, que saíron do partido. Manuel facía pronto o segundo, e Diego Castro o 3-1 no 66 ante un rival descomposto e sin estímulo. Unha excepcional xogada individual de Simón que se desfixo de 3 rivales e definiu ben ante Darío, sentenciaría o partido co cuarto tanto a un cuarto de hora do final. Ainda dou tempo para ver un penalti ben atallado polo meta local Manu Nantón (partidazo do meta cabanés) e outro gol de Mendieta no 86 esta vez o penalti si entrou para adornar o resultado final.
Camariñas - Cee (2-0)
Partido dominado polo líder, ante un pechacancelas que non puido máis que aguantar as embestidas locais cun gran partido do meta Iván Bouzón. Non tardou en adiantarse o equipo de Cabrejo por medio de Roi dende os 11 metros, tras un penalti sobre Nazo. O propio Roi, Mario, Nazo… tiveron ocasións pero o baló non entraba.
Seguiu o mesmo guión na segunda, co partido aberto pola incerteza do marcador, e algunha que outra estirada dos ceenses, e non foi ata o m.80 cando o mítico Gora, a recente fichaxe camariñá, que levaba apenas 1 minuto no campo, facía o segundo tras unha boa xogada por banda para pechar o partido, e recuperar a senda da vitoria do líder tras dous partidos sen facelo.
Baio - Xallas (0-1)

O partido máis igualado da categoría, entre dous equipos do segundo vagón que chegaban con apenas 6 puntos de diferencia entre ambos. O partido comezaba moi igualado, con moitos nervios na saída de balón, cun Xallas que comezaba esperando atrás pero forzaban aos centrais baieses a golpear longo.
Seguía o partido apretado na segunda, e a saída ee Chechi e Alex Muíño permitíalle crear máis ocasións aos baieses. Pero un novo gol de Peke de falta (menuda luva que ten o xalleiro) permitíalle aos visitantes poñerse por diante a 20 do final.
O Baio espouleouse no treito final metendo ao Xallas na súa área, pero os cambios visitantes permitíronlle recuperar forzas e poder pelexar cada balón, evitando o empate, con Ramón Moreira e Fidalgo moi ben en defensa.

Outes - Lira (5-0)
Volvía estar moi encharcado o campo do Cunchido, e foron os de Gonzalo os que mellor se adaptaron ao xogo en longo e segundos balóns. Gracias a unha meirande intensidade, os locais foron impoñéndose. Precisamente tras un despexe de Carlos, Veleiro abría o marcador aproveitando o rexeite. Antes do descanso, e despois dun par de chegadas dos de Óscar Leis (unha doble de Oli e Pablo e outra de Raúl), volvía ser Keko o que ampliaba a renda. Antes xusto do descanso, un tiro lonxano que rebota en Cartamil convírterse no terceiro.
Na segunda, Kevin facía dous tantos seguidos, e a expulsión do liracho Raúl con media hora por diante deixaba o partido visto para sentenza.
Coristanco - Monte Louro (2-1)
Igualado partido na Rocheira, que comezaba co equipo de Bibi moi metido no partido e adiantándose por medio de Íker, que aproveitaba un mal despexe da defensa local tras unha boa acción de Álvaro Fari. O Coristanco pouco a pouco facíase coa posesión do balón e intentaba crear perigro tanto con balón xogado como as contras. Sería Dani Casti quen empataría o encontro no min 20 despois dunha boa carreira a espazo entre lateral e central que acaba dentro da rede.
Cambiou o conto na segunda, e o Monte Louro comezou a sufrir erros e imprecisións, ante un equipo de Iván Vázquez moi serio en defensa, que non desbotaba as saídas. Sería Jonathan quen conseguiría facer o 2-1 definitivo. Certo que houbo dúas xogadas polémicas na área do Coristanco que o Monte Louro pediría penalti.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.15: O Monte Louro tamén frea ao Camariñas e o Xallas apreta por detrás.
- X.14: O Soneira impide que o Camariñas remate o ano invicto.
- X.13: O Camariñas tamén pode co Baio.
- X.12: O Camariñas amplía a renda mentres Mazaricos e Porteño selan táboas demostrando melloría.
- X.11: O Camariñas amplía vantaxe a base de sufrimento.
- X.10: O Xallas empata no Vicente Carril.
- X.9: 4 perseguidores detrás do intratable Camariñas.
- X.8: O Camariñas non recúa ante o avance de Xallas e Baio.
- X.7: Todos os equipos xa coñecen o sabor da vitoria.
- X.6: Camariñas e Soneira manteñen o pulso.
- X.5: Os favoritos van collendo sitio.
- X.4: O Camariñas presenta candidatura.
- X.3: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima.
- X.2: Finde de derbis.
- X.1: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción.