2ª FUTGAL: O Camariñas amplía a renda mentres Mazaricos e Porteño selan táboas demostrando melloría
Aproveitando o parón pola ponte nas lgas comarcais, disputáronse 3 partidos da Liga da Costa adiados a semana pasada polo temporal. E a xornada deixa ao Camariñas máis líder, con 6 puntos de vantaxe sobre Baio e Monte Louro. Os de Cabrejo e Faus vencían pola mínima a un gran Coristanco, mentres que o cadro loureán non pasaba do empate no Cunchido.
No outro partidazo da finde, Poteño e Mazaricos asinaban táboas, deixando entrever o proceso de mellora dos dous equipos, chamados a máis.
Antes de que remate o ano quedan as xornadad deste domingo 15 emais do 22, quedando só pendente o Corme-Corcubión formulado para o 28/12.
Camariñas - Coristanco (1-0)
- Coristanco: Rubén, Samuel, Chechu, Prego, Sergio, Dani Vázquez, Diego Ferreiro, Kevin, Dani Loureiro, Álex Iglesias e Dani Casti. Tamén: Nico De la Fuente, Xoel, Roi, Hugo Fraga e Alberto.
- Camariñas: Jorge, Víctor, Carlos, Oliver, Pablo Suárez (Borja), Moriño, Hugo (Brais), Javi (Ángel), Nuno (Manuel), Mario e Djibril.
- Gol: 1-0, m.60: Djibril de penalti.
Partido tremendamente igualado no Vicente Carril, que comezaba co cadro local, dominando, pero abusando da unha e outra vez de buscar Djibril e Mario arriba. A impulsos, sen continuidade, atacaba o Camariñas de Cabrejo e Faus ante un Coristanco que estaba moi ben nas axudas defensivas. Si que contra o final da primeira metade os locais avisaron cun par de bocas ocasións.
Comezaba a segunda de novo con Mario facendo dano por banda e provocando un penalti que non desaproveitaba Djibril. Os de Iván Vázquez pelexarían ata o final creando 2 ocasións de gol, unha a balón parado despois dun remate de córner e a última nunha falta que sairía moi frouxa e pararía sen complicacións para Jorge. Djibril e Mario (que mandaba ao longueiro) tamén puideron ter sentenciado.
Outes - Monte Louro (1-1)
- Outes: Ryan, Stefan, Iván, Babu, Jura, Chía, Martín, Veleiro, Keko, Xabi, Nico, e Sanchiño. Tamén: Alberto, Adrián, Roberto Marcos e Aarón.
- Monte Louro: Pedro, Pablo, Miguel Verán, Samuel, Rodri, Martín, Abel rey, Xián, Luismi, Fari e Íker. Tamén: Brais, Raúl, David Lestón, Fabio e Xacobo.
- Goles: 0-1, m.41: Samuel nun córner; 1-1, m.65: Sanchiño de falta.
Unha parte para cada equipo e empate final. O cadro loureán estivo algo mellor na primeira metade, con ocasións de Iker e Fari, se ben os de Gonzalo tiveron unha ocasión clara con Keko que salvou moi ben ao seu porteiro. Adiantábanse os de Bibi antes do descanso aproveitando unha xogada a balón parado.
Cambiaron as tornas na segunda, e os locais, con Roberto e Keko facendo moito dano por banda xa dende o comezo da segunda metade, provocaban accións importantes. Lograba pronto o empate Sanchiño de fermosa falta directa. E coa inercia os da Serra seguían empurrando tendo varias ocasións, pero cos cambos de Bibi aínda tivo un arreón final o Louro, sobre todo por Brais que obrigaba a Ryan a aprecrr, pero a expulsión de Abel igualaba o final do partido, igualou de novo a contenda.
Mazaricos - Porteño (1-1)
- Mazaricos: Íker, Luís Mayán, Borja, Chumiko, Matías, Sergio, David, Marcos, Bryan, Sandelo, Molinos. Tamén: Fabio Barbeira, Kevin, Adrián, Pereiro, Alex Calvo.
- Porteño: Mariolo, Rodri, Brais Mouzo, Alfredo, Martín, Iván, Manoliño, Joseba, Cristian, Yuyo, Carrabete. Tamén: Pejo, Darío, Alan, Miguel e Ibra.
- Goles: 1-0, m.34: Bryan de cabeza tras unha boa xogada de Rodri; 1-1, m.49: Brais Mouzo.
Bo partido entre dous dos mellores equipos da categoría, que están demostrando unha melloría nas últimas xornadas para volver a zonas de meirande envergadura. Os de Marcos estiveron algo mellor na primeira metade, superando co balón a un Porteño ao que se lle facía grande o campo. Un remate de cabeza de Marquiños, e unha xogada na que Molinos e Bryan non se decidiron estando sós diante do porteiro avisabana, antes de Bryan rematase ao fondo das mallas unha boa xogada de Rodri por banda. Rivo o cadro visitante tamén unha ocasión tras unha falta de Mayor que anulaba o árbitro por fóra de xogo.
Na segunda entraban Pejo, Alan e Darío, xogadores TOP da Costa, e iguálase o partido. O Mazaricos dominaba o balón, pero os de Pirucho comezaba a facer moito dano a balon parado, aproveitando ademais a lesión de Matías na primeira. Pronto empate Brais Mouzo, que ten algunha ocasión, como tamén Darío, para darlle a volta ao marcador, se ben a mellor opción para ods de Pirucho, foi no min.90 cando Ibra se planta diante de Íker, que tapa ben no man a man e salva un punto.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.11: O Camariñas amplía vantaxe a base de sufrimento.
- X.10: O Xallas empata no Vicente Carril.
- X.9: 4 perseguidores detrás do intratable Camariñas.
- X.8: O Camariñas non recúa ante o avance de Xallas e Baio.
- X.7: Todos os equipos xa coñecen o sabor da vitoria.
- X.6: Camariñas e Soneira manteñen o pulso.
- X.5: Os favoritos van collendo sitio.
- X.4: O Camariñas presenta candidatura.
- X.3: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima.
- X.2: Finde de derbis.
- X.1: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción.