venres. 24.01.2025
El tiempo

2ª FUTGAL: O Camariñas amplía vantaxe a base de sufrimento

O Camarinas FC no vestiario do Cubaleiro
O Camariñas FC no vestiario do Cubaleiro
2ª FUTGAL: O Camariñas amplía vantaxe a base de sufrimento

Sufríu o Camariñas para manterse invicto no seu paso polo Cubaleiro. Ata dúas penas máximas fallaron os corcubioneses no treito final que puideron supoñer a primeira derrota dun cadro camariñán que segue demostrando ser o candidato máximo ao ascenso como único equipo invicto no que vai de curso xunto co Sofán B na 3ª, e os Corme e Esteirana das 2ª Fem.

A vitoria permítelle ampliar vantaxe, ata os 5 puntos (e un partido menos), co Baio, que no pasaban do empate no seu partido como o Monte Louro, no derbi muradán. Si vencía o Xallas na Rocheira, nun choque de tolos que case se lle escapa tras ir 1-6 a falta de media hora, pero os de Doriño quedan empatados co cadro baiés.
Por detrás, Soneira e Porteño van collendo posicións, mentres Ponteceso e Mazaricos parecen ir mellorando o seu xogo.

Por abaixo, o Cee segue afundido tras caer un choque fundamental ante o Outes, despois de ir gañando 2-0.

Esta fin de semana non hai xornada no calendario pero seguro que se disputan moitos partidos da xornada 12, aprazada a semana pasada polo temporal.

Baio - Corme (2-2)

11 do Baio ante o Corme-Foto-Corme
11 do Baio ante o Corme-Foto-CD
  • Baio: Rodrigo, Bruno, Lucas, Norberto, Pazos, Chechi, Sergio, Manu Vila, Víctor, Alex Muíño e MC. Tamén: Yago, Josiño, Rubé, Mamadou e Aitor Vilas.
11 do Corme en Baio-Foto-Baio
11 do Corme en Baio-Foto-CD
  • Corme: Quique, Isra, Fran Pombo, Senén, Aitor, Xoel, Lucas Figueroa, Teo, Borja Torrado, Yago, Lucas. Tamén: Brais Pailos, Samu Costa, Mauro, Joshua e Eloy Villar.
  • Goles: 1-0, m.10: Víctor remata un centro de MC; 1-1, m.30: Yago Suárez tras unha recuperación na saída do balón baiés; 1-2, m.58: Aitor nun córner tras un mal despexe do porteiro local; 2-2, m.68: MC recolle un rexeite do porteiro.
Lucas e MC capis do Corme e Baio co arbitro Esteban Dominguez Lado
Dous históricos como Lucas e MC co árbitro Esteban Domínguez Lado

Non pasou do empate o Baio ante un serio Corme, en boa parte polos seus erros atrás. O partido foi intenso, e disputado, cun Baio que comezou levando o mando do partido e adiantándose tras unha boa xogada colectiva. Non lle sentou ben o gol ao Baio que cedeu o dominio ante un Corme que se veu arriba e xogou ti a ti co cadro baiés, conseguindo empatar á media hora gracias a un roubo na frontal da área gracias á presión alta dos de Adrián Lema.

Volveu mandar no partido o cadro de Félix na segunda, pero era o Corme o que se metía por diante tras un erro nun córner. Con todo, o Corme non estaba fino, e sufría as grandes dimensións do Platas Reinoso. O Baio seguiu empurrando, MC cazou un balón solto para empatar, e de aí ao final intentou un empate que nunca chegou ante unha boa defensa cormelá.

Aquí tendes o partido da man de Santi Soneira:

Ponteceso - Mazaricos (2-2)

  • Ponteceso: Brais Vázquez, Ángel, Luís, Pedro, Luca, Mendieta, David Castro, Alberto Recarey, Mara, Martín Puente e Camilo. Tamén: Darío, Ures, Neira, Eloy Álvarez e Iago Canizas.
  • Mazaricos: Íker, Borja, Serrgio, Brais, Matías, David, Pereiro, Bryan, Marquiños, Sandelo e Molinos. Tamén: Luís Mayán, Fabio, Kevin, Adrián e Iago.
  • Goles: 1-0, m.35: Camilo; 1-1, m.72: Byran aproveita un rexeite a tiro de David; 2-1, m.78: Eloy Álvarez; 2-2, m.88: Marquiños.

Partidazo entre dous dos equipos que máis tratan de xogar ao fútbol dende trás. O primeiro tempo empezou con alternativas para os dous conxuntos na busca de oportunidades de chegar a meta contraria. Pouco a pouco o Ponteceso pasou a dominar máis o partido e ter máis chegada, abrindo o marcador por medio de Camilo. O equipo de Macos tivo unha de Bryan que salvou Brais Vázquez, pero tamén os de Julio Vila puideron ampliar a vantaxe antes do descanso.

Cambiou o guión na segunda cuns amarelos que están aguantando moi ben no segundo tempo, e foron os que levarían o peso do partido na busca do empate. Ángel sacaría un remate de Pereiro debaixo dos paos, e o Ponteceso tamén respondía con algún que outro contraataque e sería Luca o que estrellaría unha vaselina no largueiro cando xa se cantaba gol.

O Mazaricos, que dominaba máis metería o empate no minuto 75 de partido, por medio de Bryan. O cansancio acumulado e a busca da vitoria por ámbolos dous conxuntos dou lugar a uns últimos minutos cheos de emoción. Eloy Álvarez poría o 2-1 sobre o minuto 80 e case a continuación marquiños o 2-2 definitivo que deixou aos dous equipos cun sabor agridoce co punto acadado.

Monte Louro - Muros (0-0)

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Miguel Verán, Samuel, Rodri, Abel Rey, Raúl, Riki, Xián, Álvaro Fari e Iker. Tamén: Brais, Juan Lois, Luismi, Martín e Manolo Chouza.
  • Muros: Aitor, Fran, Gesto, Alon, Juan, Xaco, Dani, Ra, Javi, Peski e Xavi. Tamén: Benji, Flavio, Ginki, Martín e Quin.

Monte Louro-Muros-Foto-Edu Olveira 2

Partido para esquecer en Agra da Filgueira, sen apenas ocasións, con moita brega e intensidade, iso si, (ata 15 tarxetas…) pero sen acerto co balón. E iso que o campo estaba ateigado para ver o derbi.

Os de Vinto saíron presionando e non permitían sacar o balón limpo aos locais. Os visitantes o intentaban cunha falta alta de Dani, un remate de Peski ou outro de Pelos que salva Pedro.

Na segunda, os de Bibi conseguiron estirarse un pouco máis, pero tampouco sen ter grandes ocasións. A expulsion de Dani a falta de 15 minutos, moi protestada polos muradáns pois o xogador non estaba protestando, obrigou aos de Vinto a pechar filas atrás,pero o partido morrería sen que o empate perigrase.

Monte Louro-Muros-Foto-Edu Olveira
Monte Louro-Muros-Foto-Edu Olveira

Soneira - Cabana (1-0)

  • Soneira: Pity, Maikol, Iván, Gusa, Héctor, Brais Pereira, Oreiro, Javi, Bieito, Richi e Vía. Tamén: Pichi, Cachi, Sergio, Samuel e Adrián.
  • Cabana: Manuel, Noé, David (Leis), Ferreiro, Aarón, Fernando, Hugo (Mario), Migueliño (Miki), Castro (Pablo), Manuel (Cristian).
  • Gol: 1-0, m.17: Richi tras un centro de Bieito.

Cabana e Soneira no Municipal de Vimianzo

Partido moi entretido pese o resultado curto, pero que contou con innumerables ocasións de gol para ambos equipos. Primeira parte na que o Soneira estivo mellor con balón e levando o peso do partido sobre todo na primeira media hora, adiantándose cun gol de Richi. Puido chegar o empate pero os visitantes non acertaron.

Comenzaba a segunda parte e Brais sacaba baixo paus un tiro de Castro. Tivo tamén Ferreiro outra tempraneira para os de Óscar Mingui pero non entraba. A partir de aí, o partido rompeuse con ocasións nas dúas áreas. co Cabana dominando e tendo ocasións por medio de Manu e Ferreiro, pero cun Soneira que tamén puido ter sentenciado á contra.

Coristanco - Xallas (5-6)

11 do Coristanco-Foto-Katya
11 do Coristanco-Foto-Katya
  • Coristanco: Rubén, Chechu, Nico, Belarmino, Sergio, Damián, Jonathan Fraga, Dani Vázquez, Diego Ferreiro, Dani Castiñeiras e Hugo Fraga. Tamén Rodrigo Prego, Kevin, Álex Iglesias, e o cadete Xoel Álvarez.
11 do Xallas na Rocheira
11 do Xallas na Rocheira. Foto: Xallas FC
  • Xallas: Iván Couto, Carro, Iván García, Ramón, Fidi, Asier, Luís, Macareno, Yago Facal, Erre e Sergio Barbeira. Tamén: Joel, Rubén Blanco, Steven, Rubén Sande e Adrián Couto.
  • Goles: 0-1, m.22: Sergio Barbeira; 0-2, m.29: en propia; 0-3, m.37: Erre; 0-4, m.44: Erre; 1-4, m.47: Alex Iglesias despois dunha asistencia lateral de cabeza de Casti; 1-5, m.49: Yago Facal; 1-6, m.51: Yago Facal; 2-6, m.59: Alex Iglesias de forte tiro; 3-6, m.61: Kevin; 4-6, m.66; Jonathan Fraga despois dunha gran xogada individual; 5-6, m.87: en propia.

Comezaba o choque con 15 minutos sosos, cos dous equipos que non se atopaban cómodos. Pero os de Doriño comezaron a buscar a Sergio Barbeira, e pronto comezaban a facer moito dano, demostrando a súa superioridade meténdose 0-4 ao descanso.

Cambiou o conto na segunda, e iso que o Xallas marcaba dous tantos rápidos, poñendo o marcador 1-6. Pero o Coristanco de Iván Vázquez comezou a combinar e a darlle velocidade ao xogo, o que unido a que os cambios no cadro xalleiro provocaron unha baixada de intensidade, erros defensivos e faltas de concentración, provocou que o partido se volvese tolo. Os locais marcaban e marcaban e provocaba que aos xalleiros lle entrase o “canguelo”, pero finalmente salvaban os mobles, para manterse arriba.

Cee - Outes (2-3)

  • Cee: Iván Bouzón, Regueiro, Minutis, Rui, Dani Fontaíña, Sergio, Mauro, Josiño, Anxo, Carlos e Eze. Tamén: Isaías, Noe, Jonathan, e Iago Trillo.
  • Outes: Ryan, Jura, Babu, Martín, Stefan, Iván; Adrián, Kevin, Keko, Sanchiño e Nico. Tamén: Freire, Veleiro, Yago Dosil, Xabi Romarís, e Aarón.
  • Goles: 1-0, m.1: Josiño a centro de Eze; 2-0, m.5: Eze; 2-1, m.39: Sanchiño de vaselina; 2-2, m.58: Nico; 2-3, m.69: Keko.

Metíase o partido moi pronto de cara para o Cee de Rafa, cun gol de Josiño e outro de Eze. O Cee dominaba ante un cadro da Serra, onde dirixido por primeira vez por Gonzalo, adestrador santiagués que debuta no Fútbol da Costa, que non se atopaba cómodo. Pero pouco a pouco comezaban a dominar a través do balón metendo máis atrás ao cadro local, tendo que aparecer Iván Bouzón en varias ocasións. Chegaba antes do descanso un fermoso tanto de Sanchiño de vaselina, fundamental para o devir do choque

A segunda metade foi de cor visitante. O físico foi clave e pouco a pouco os tantos de Nico e Keko permitían aos de Gonzalo darlle a volta ao marcador. Aínda tivo o Cee arrestos para virse arriba no último cuarto de hora pero sen forzas para conseguir a igualada, quedando aínda no pozo da clasificación.

Porteño - Lira (4-0)

11 do Porteno no Vicente Carril-Foto-Parker
11 do Porteño no choque disputado no Vicente Carril-Foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Pejo, Brais Mouzo, Joseba, Alfredo, Manoliño, Cristian, Darío, David Pasantes, Alan e Yuyo. Tamén: Domingo, Rodri, Martín, Iván e Carrabete.
  • Lira: Raúl, César, Lois, Cartamil, Ángel, Xoel, Marcos, Juanciño, Miguel, Fran Periko. Tamén: Isaac, Ramón, Ramiro, Oli e Carlos.
  • Goles: 1-0, m.27: Darío; 2-0, m.71: Yuyo; 3-0, m.76: Pejo nun barullo tras unha xogada a balón parado; 4-0, m.87: Yuyo remata un centro.
Raul e Mayor capis do Lira e do Porteno no Vicente Carril co arbitro Roberto Baña-Foto-Parker
Raul e Mayor, capis do Lira e do Porteño, co árbitro Roberto Baña-Foto-Parker

Partido máis igualado do que di o marcador, se ben foi superior o Porteño, que manexou o partido de principio a fin ante un Lira que esperaba en bloque baixo, algo canso trala fundamental vitoria ante o Cee do venres, no partido que foi adiado a fin de semana pasada polo temporal, e que serivu para despedir definitivamente a Roberto Amoedo, unha lenda do noso fútbol. O Porteño de Pirucho e Katalán dominaba pero sen grandes ocasións, e o Lira apenas chegaba a balón parado.

Darío cazou nunha xogada de estratexia para abrir o marcador nunha das poucas ocasións do primeiro tempo. Non cambiou o xogo o cadro de Óscar Leis ao comezo da segunda, e esperando e competindo ben, pero cando intentou dar un paso adiante caeu o segundo, de Yuyo, e aí se lle acabou a gasolina, facendo que o treito final fose xa de sobra.

Corcubión - Camariñas (2-3)

  • Corcubión: Bruno, Juan Fuentes, Isaac, Gorka, Mario, Antón, Dani, Martín, Nando, Iago Lema, César Lojo. Tamén: Samu Rama, Luís Lojo, Alex Díaz, Samu Trillo, e Juan Castreje.
  • Camariñas: Jorge, Pablo Suárez (Oliver), Carlos, Borja, Moriño, Hugo (Soule), Javi (Brais), Roi (Manuel), Mario e Djibril.
  • Goles: 1-0, m.5: Nando de tiro axustado desde fóra da área; 1-1, m.36: Roi de cabeza; 1-2, m.38: Djibril; 2-2, m.48: Djibril de penalti; 2-3, m.50: Samu Rama.

Fermoso partido no Cubaleiro, con bos equipos que loitaron ata o final. Comezaba Mario avisando e obrigando a Bruno a facer un paradón ante o remate “bocajarro” do camariñán. Pero practicamente na seguinte xogada Nando abría o marcador para os de Ángel Ventanas e Isidro. A partir de aí foron os millores minutos do Corcubion, que ben puido marcar o 2-0, sobre todo cun par de chegadas de Iago Lema.
Reaccionaron os camariñáns á media hora, coincidindo coa expulsión do adestrador Cabrejo, e Roi empataba de cabeza. O choque tornouse de cara para os visitantes e Djibril faría o segundo antes do descanso.

Saía na segunda o Camariñas marcando o terceiro por medio de Djibril tras un penalti cometido por Soule. Pero o Corcubión non se rendería e a base de intensidade conseguía pronto meterse de novo no partido co golazo da tarde, Samu Rama pola escuadra.

Quedaban 20 minutos de partido tolo, co Corcubión empurrando con balóns aéreos e saques de banda que parecían córners, mentres o Camariñas tamén tiña algunha contra perigosa. Dani era expulsado por dous cartóns pero os locais non desisten e seguen apretando, tendo mesmo días penas máximas a falta de 15 e 10 minutos, pero a primeira Mario mandaría ao longueiro, e a segunda Jorge faríalle un paradón a Iago Lema. O partido morrería con outra expulsión dos locais, de Juan Fuentes, xa no treito final.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis info

Comentarios