2ª FUTGAL: 4 perseguidores detrás do intratable Camariñas
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Non cede o Camariñas que foi que vencer tamén no Cairo (Djibril escapa na táboa de goleadores con 13 tantos) e conta con 6 puntos de vantaxe sobre tres equipos. Soneira, Monte Louro e Baio están no segundo vagón, despois de que unha das vitorias máis destacadas da xornada fose a do Porteño en Fontenla, freando unha serie de 5 vitorias seguidas dos xalleiros. Escápaselle o líder ao Xallas, co enfrontamento da semana que vén no Vicente Carril como choque máis destacado.
Ollo co Baio, que suma tamén 6 vitorias seguidas, e o Ponteceso, que se aproveito dun Cee que xa leva 3 xornadas de pechacancelas.
Outes - Baio (0-2)
- Outes: Ryan, Stefan, Chúa, Alberto, Martín, Cristian, Iván, Jura, Álvaro, Keko e Yago Dosil. Tamén: Veleiro, Adrián, Xabi, Roberto Solís e Aarón.
- Baio: Rodrigo, Norberto, Bruno, Pazos, Sergio, Mamadou, Víctor, Chechi, Carreira, Alex Muíño e Rubén. Tamén: Javi Souto, Pablo Rod., MC, Josiño e Lucas.
- Goles: 0-1, m.56: MC de penalti; 0-2, m.92: MC.
Partido moi igualado cunha primeira metade de respecto, cun par de ocasións para os dous lados. O choque decidiuse ao comezo da segunda metade por un penati protestado polos locais. MC, que saltara no descanso, abríu a conta e daba moitas opcións aos baieses. O Outes intentouno pero pronto quedou con 10 pola expulsiónd e Aaron, o Baio estivo moi firme e seguro, cun Rodrigo moi ben baixo paus. No desconto, MC sentenciou nun balón ás costas da defensa local.
Mazaricos - Monte Louro (1-2)
- Mazaricos: Ángel, Luís Mayán, Borja, Chumiko, David, Sergio, Marcos, Brais, Bryan, Kevin, e Molinos. Tamén: Fabio Barbeira, Sandelo, Matías, Iago e Pereiro.
- Monte Louro: Pedro, Pablo, David Pais, Samuel, MIguel Verán; Abel Rey, Riki, Xián, Álvaro Fari, Íker e Raúl. Rodri, Chano, Luismi, Brais Noceda e Martín.
- Goles: 0-1, m.21: Raúl a centro de Miguel Verán; 1-1, m.23: Kevin tras unha espectacular xogada trenzada; 1-2, m.37: Raúl a centro de Miguel Verán.
Como inflúe o estado de ánimo no fútbol e ter a flecha para arriba ou para abaixo. O Monte Louro deste ano está mellor que nunca, e levou un partido moi complicado, ante un Mazaricos que mereceu máis premio, pero que a pesar de ir recuperando recuperando e sensacións, os resultados aínda non acompañan.
Primeira metade boa dos de Bibi que chegaban cun un par de ocasións de Íker claras, un tiro de Raúl e un par de chegadas de Xián. O protagonista do primeiro tempo foi o veterano Raúl, que xoga onde o equipo lle necesita, e que comezou de dianteiro marcando dous goles de fermosos remates de cabeza, e acabou xogando de central polas lesións dos centrais loureáns.
Na segunda, o equipo de Marcos colleu o balón e non o soltou. Mereceron o empate pero o balón non entrou ante un Monte Louro que non se descompuxo en ningún momento. Kevin tivo tres mans a mans, houbo remates de Borja e Chumiko, e Pedro salvou o partido cun par de intervencións chave. Aínda Brais Noceda tivo a sentenza no treito final, co Mazaricos envorcado.
Xallas - Porteño (1-2)
- Xallas: Fran Fagín, Ramón, Erre, Adrián, Asier, Yago Facal, Fidi, Macareno, Doro, Sergio Barbeira e Rubén Blanco. Tamén: Joel, Iván, Rubén Sande, Dani Barbeira, Carro.
- Porteño: Jose Mariolo; Pejo, Rodrigo, Brais Mouzo, Iván, David, Yuyo, Darío, Pablo, Alan e Martín Carrabete. Tamén: Manuel, Nico, Alfredo, Martín e Ibra.
- Goles: 0-1, m.6: Darío remata un córner botado por Alan; 1-1, m.60: Sergio Barbeira nunha rápida transición; 1-2, m.76: Brais Mouzo nunha falta lateral pechada de Alfredo.
Partido moi esixente, moi físico, que se decantou polo Porteño, pero que puido caer de calquera lado. Abríu o marcador moi pronto o equipo de Pirucho a balón parado. O Xallas tomaba o mando do balón ante un Porteño baseado na orde defensiva. Moita posesión, moita mobilidade nos de Doriño que provocaba que os visitantes tomasen axustes, tendo boas ocasións como un tiro ao pau, ou un man a man de Doro que salva Mariolo.
Comezaba a segunda metade co Xallas dominando aínda máis, pero nunha xogada de ataque dos visitantes, Sergio Barbeira pegábase unha carreira e definía para facer o empate. Parecía que o Xallas viña con forza e convicción, pero noutra xogada a balón parado os de Pirucho e Katalán se colocaban de novo por diante.
Faltaba pouco e os nervios dos xalleiros provocaron certas precipitacións e erros como o control que non fixo Erre nunha das últimas ocasións para empatar o partido, nuns últimos minutos de asedio que non se concretaron.
Corme - Camariñas (2-4)
- Corme: Quique, Brais Pailos, Davidson, Álvaro, Aitor, Fran Pombo, Lucas Figueroa, Yago, Lucas, Teo e Isra. Tamén: Borja Seoane, Xoel, Senén e Mauro.
- Camariñas: Pablo, Víctor, Carlos, Borja, Pablo Suárez, Moriño, Hugo (Brais), Javi (Manuel), Roi, Mario (Angel), Djibril (Pablo Carril).
- Goles: 0-1, m.15: Djibril a pase de Roi; 1-1, m.46: Yago; 1-2, m.68: Mario; 1-3, m.69: Mario; 2-3, m.71: Teo; 2-4, m.89 Mario.
Vitoria difícil e moi importante a conseguida polo líder ante o Corme. Empezou o partido presionando ben o Corme, e costáballe combinar e facer o seu xogo ao equipo de Cabrejo e Faus. Pero pouco a pouco comnseguiron ir superando liñas, e ao cuarto de hora xa abrirar o marcador. O Corme xogaba directo tendo algunha chegada, e á contra Hugo facía lucirse a Quique.
Nada máis saír dos vestiarios, un balón colgado á área visitante provocaba o empate. Dubidaron uns instantes os visitantes, pero o equipo nese momento demoustrou que está con moita confianza, e foron pola vitoria, cun Mario, espectacular, facendo dous golazos en dous minutos que daban vantaxe clara. Pero o Corme non se deixou ir e de contado recurtaba, metendo balóns arriba buscando o empate. O partido estaba aberto, ata que Mario, marcaba seu 3 gol da tarde, para finiquitar o partido case que sobre o 90.
Cabana - Coristanco (5-0)
- Cabana: Manu, Noé, David, Ferreiro, Aarón, Nando, Simón, Hugo (Samuel), Moreno (Roi), Castro (Leis) e Pablo (Migueliño).
- Coristanco: Chechu, Hugo, Nico, Prego, Jonathan, Damián, Diego Ferreiro, Kevin, Dani Castiñeiras e Rodrigo. Tamén: Joaquín, Dani Vázquez, Dani Lou e Álex Iglesias.
- Goles: 1-0, m.30: Moreno de tiro lonxano; 2-0, m.32: Simón de cabeza; 3-0, m.35: Aarón de disparo cruzado; 4-0, m.44: David rematando un centro lateral; 5-0, m.81: Migueliño nunha contra tras regatear ao porteiro.
O Cabana saíu con moita máis intensidade ca un Coristanco o cal non acaba de ter a fluidez necesaria para crear perigo claro na portería rival. As únicas ocasións de perigo na primeira metade foron erros defensivos que o Cabana tivo. Un Cabana ben plantado, dominando e tirando balóns diagonais ás costas entre laterais e centrais creou moito perigo e estivo acertado, facendo 4 goles no último cuarto de hora da primeira metade.
Na segunda metade, o Coristanco máis intenso creou unhas cantas ocasións de perigro que non encontraron portería, que parou Manu Nantón ou que foron ao longueiro como unha de Dani Castiñeiras. Migueliño completaba a goleada.
Muros - Corcubión (3-4)
- Muros: Aitor, Manuva, Ra, Alon, Juan, Peski, Dani, Ángel, Benji, Jesús e Xavi. Tamén: Flavio, Quin, Alex, Ginki e Fran.
- Corcubión: Burno, Juan Fuentes, Isaac, Gorka, Mario, Dani, Martín, Antón, Nando, César Lojo e Iago Lema. Tamén: Samu Rama, Luís Lojo, Alex, Íker e Samu Trillo.
- Goles: 0-1, m.4: César Lojo empuxe un remate de Isaac que peta no pau; 1-1, m.40: Jesús; 1-2, m.41: Mario; 1-3, m.44: César Lojo case sen ángulo; 1-3, m.52: César Lojo; 2-4, m.67: Dani; 3-4, m.93: Ra.
Dominio completo da primeira metade dun gran Corcubión, ante un Muros que fixo os peores 45 minutos da temporada, desconcentrados, descolocados e moi mal con balón. O Corcubión entraba por todas partes, roubaba rápido, e pronto se adiantaba por medio de César Lojo nunha xogada a balón parado. Tivo varias pero non acertou e contra o final da primeira metade Jesús acadaba o empate nunha das primeiras chegadas dos locais. Pero o Corcubión enrabietouse aí e en 5 minutos marcaba dous tantos, o segundo a balón parado, e o terceiro, outra demostración de calidade de César Lojo case sen ángulo completando unha boa xogada colectiva.
Na segunda cambiou o conto, e o Muros subiu a liña de presión pero César Lojo aproveitaba os espazos para facer o cuarto. Os de Vinto xa se lanzaron “a tumba aberta”, metendo a un Corcubión que recuaba na súa área por empuxe. Tivo contras para sentenciar o cadro de Ángel Ventanas e Isi, pero o Muros meteu o segundo e aínda fixo o terceiro no desconto, sen tempo para o empate.
Lira - Soneira (1-3)
- Lira: Carlos, Isaac, César, Cartamil, Lois, Ángel Vigo, Xoel, Cibrán, Christian, Ramón, Juan. Tamén: Raúl, Fran Periko, Pablo Leis, Roberto Amoedo e Ángel Sestayo.
- Soneira: Pity, Iván Blanco, Gusa, Héctor, Brais Pereira, Cachi, Javi Oreiro, Bieito, Richi, Vía e David LP. Tamén: Sergio, Carlos, Samuel, Adrián e Josiño.
- Goles: 0-1, m.4: Bieiro; 1-1, m.39: Juan de penalti; 1-2, m.78: Iván; 1-3, m.88: Vía.
Partido igualadísimo nunha primeira metade sen dominador claro que comeza cunha gran xogada desde a banda de Bieito termina cun disparo o segundo pao que inauguraba o marcador. Continuou o partido igualado, competido e sen grandes ocasións ata que nunha boa xogada o xuvenil Cibrán, forza un penalti que non perdoa Juan ao fío do descanso.
Na segunda parte un Soneira máis decidido fixose dono do balón, e ao Lira lle custaba máis roubar e saír. Froito do dominio, nunha xogada grupal nunha contra tras un córner liracho, Bieito cedía o balón a Iván para que este o empurrara a rede. Seguía o dominio visitante e tras varios rechaces na área Vía acudía a sua cita co gol para facer o 3 e poñer terra de pormedio.
Ponteceso - Cee (2-0)
- Ponteceso: Darío, Ures, Luis, Pedro, Luca, David Castro, Mendieta, Dani, Camilo, Neira e Eloy Álvarez. Tamén: Brais Vázquez, Juan Rey, Martín, Martín Puente, e Dani Castro.
- Cee: Iván Bouzón, Regueiro, Noé Munitis, Dani. Fontaíña, Carlos, Anxo, Jose, Fidalgo, Eze e Trini. Tamén: Isaías, Alex Muíño, Diuck, Roberto e Mauro.
- Goles: 1-0, m.25: Camilo; 2-0, m.34: Eloy Álvarez.
O Ponteceso buscaba seguir ca racha positiva mentras o Cee intentaría lograr algo positivo na visita o Pinguel, para comezar a saír do pozo. Empezaron mellor os visitantes acercándose a meta de Darío na busca do primeiro gol pero non acertaban co último pase ou nos remates que apenas crearon perigo. O equipo local pouco a pouco empezou a roubar balóns e saír con opcións de poder marcar. Primeiro foi Camilo que conseguíu entrar pola esquerda pero o seu disparo saíu alto. Sobre o minuto trinta unha boa xogada de Neira acabou con un pase atrás que está vez si Camilo transformou no 1-0. Pouco pasaría para poñer o 2-0 con un disparo lonxano de Eloy Álvarez que collíu adiantado a Bouzón que xa empezaba a ser o mellor dos participantes no partido.
Na segunda parte os locais deron un paso atrás esperando sentenciar a contra e tiveron varias oportunidades todas abortadas polo porteiro visitante que aguantou o Cee con vida ata o final do partido. Mesmo puideron meterse no partido pero a faltade puntería dos ceenses e o traballo de Darío permitiron aos do ínclito Julio Vila sumar unha nova vitoria.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.8: O Camariñas non recúa ante o avance de Xallas e Baio.
- X.7: Todos os equipos xa coñecen o sabor da vitoria.
- X.6: Camariñas e Soneira manteñen o pulso.
- X.5: Os favoritos van collendo sitio.
- X.4: O Camariñas presenta candidatura.
- X.3: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima.
- X.2: Finde de derbis.
- X.1: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción.