Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Doble empate nos partidos da xornada

Oza-Seaia-Foto-Noe
Oza-Seaia-Foto-Noé
3ª Galicia: Doble empate nos partidos da xornada

Dous eran os focos de atracción da xornada 13 na 3ª. En Fontenla, xa de noite, o Corcubión rascáballe un empate ao poderoso Xallas demostrando que ten que estar moito máis arriba e que vai ser un dos que pelexe pola promoción.

O outro partido era o Malpica-Oza, o primeiro partido do Malpica sen Miguel Á. Rodríguez, que o sábado comunicaba ao club que non ía dirixir máis ao equipo. “As miñas ideas non cuadraban cas dos xogadores e decidín marchar”, explicounos o xa ex mister malpicán. Federico e toda a directiva manteñen o barco a flote ata que haia novidades. O empate entre ambos, e a nova lesión de Ibra deixa a cousa moi igualada.

O gran beneficiado da xornada, o Sofán B que sumou unha vitoria con bastante fortuna en Xaviña e se coloca na 2ª praza a só 3 do líder xalleiro.

Laxe - Cerqueda (0-1)

  • Laxe: Jacobo, Aarón, Eloy, Iker, Pedro, Samuel, Rubén, Bieito, Adrián, Saleta e Santi Casás. Tamén: Roi e Sergio.
  • Cerqueda: Mario, Adrián, Marcos Pensado, Dani Reixía, Gustavo, Samuel, Eloy, Íker, Pedro e Martín Añón. Tamén: Alex Pazos; Christian Velo, Jualián, Suso e Dani.
  • Gol: 0-1, m.33: Dani Reixía de penalti.

Partido feo, tremendamente igualado, no que o Cerqueda se cadra levou máis premio do vivido no campo. O Laxe levou o peso do partido, creando moitos espazos por banda, e facendo ocasións. Pero un penalti por unhas mans á media hora daban ao cadro de Emilio Uzal a vantaxe.

Na segunda os locais intentárono sobre todo por banda, pero o gol do empate non dou chegado.

UD Cerqueda enviando un saudo ao cadete Brais
O Cerqueda enviaba un vídeo a Brais, cadete que debutou na Copa co equipo sénior, que está estes días no Hospital.

Malpica - Oza (1-1)

11 do SCD Malpica coa Deputacion
11 do SCD Malpica 
  • Malpica: Nacho, Pablo (Lou, m.61), Jorge Parga (Gabi, m.75), Villar, Diego, Periscal, Aday, Cristian, Alberto Hombre (Raúl, m.75) e Ibra (Chicha, m.17.)
  • Oza: Brais; Moreno, Isac; Casais, Iago Rodríguez (Abib), Dani Iglesias (Edu), Lavandeira, Alex Freire, Nacho Pose, Hugo Fraga e Iván Mato (Aron).
  • Gol: 0-1, m.34: Isac coa axuda de Jorge Parga tras un córner batido por Lavandeira; 1-1, m.67: Alberto Hombre de penalti.

SCD Malpica-SD Oza

Partido de poder a poder, que tanto puido ganar un como outro. Saíu forte o Malpica pero ao cuarto de hora lesionábase Ibra cunha escordadura de nocello. O mazazo permitía que o Oza fose subindo liñas e antes do descanso adiantábase nunha xornada con algo de fortuna.

Na segunda, o Malpica estirouse e empataría o partido Alberto Hombre o executar un penalti e deixar o partido en táboas, a pesar de que Abib tivo un par de ocasións no treito final.
Foi o último partido do ano do Oza, que descansa na última xornada coa sensación de ter feito unha moi boa primeira parte da temporada, e inserido nos postos máis altos.

Buño - Sofán B (0-1)

  • Buño: Paco, Martín, Javi (Elías López m.64), Alán, José, Fran, Eloy, Andrés (Miguel Mallo m.64), Breo (Álex m.58), Elías Suárez e Brais.
  • Sofán B: Pablo, Lucas, Pablo, Manu Cancela, Eloy Cabeza, Borja Viaño, Brais Calvo, Salah, Villajos, Manu Castro e Adrián Vázquez. Tamén: Diego Rama, Ramón, Dani Calvete, Nacho Eirís, Alex Iglesias.
  • Goles: 0-1, m.78: Dani Calvete.

Partido igualado, condicionado polo vento presente en Xaviña. cunha primeira parte competida de ti a ti por ambos conxuntos, na que tanto oleiros coma sofanistas tiveron varios achegamento de perigo para poñerse por diante, pero nin uns nun outros lograrían materializalas (apenas un tiro de Elías Suarez que parou Pablo) polo que se chegaría ao descanso co resultado inicial. Os carballeses, con varias baixas atrás, contaron con varios xuvenís que viñan de xogar 90 minutos o sábado.

Na segunda metade, co paso dos minutos, o Sofán B, cos cambios iría tendo máis peso do partido dominando a posesión pero sen crear demasiado perigo sobre a portería dun Buño que se amosaba moi cómodo sobre o terreo de xogo.
Pero a falta de doce minutos para o final, Dani Calvete daríalle a vitoria ao Sofán B, cun remate que parecía que se ía fóra e acabou dentro da rede da portería local tras unha xogada a balón parado.

Tras isto, o Buño foise arriba pero non acadaría nada positivo dun partido do que non mereceu marchar de baleiro.

Zas - Seaia (2-2)

11 do Zas ante o Seaia-Foto-Noe
11 do Zas ante o Seaia-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Anxo, Marcos, Eloy, Adri Rama, álvaro Fariña, Andrés, Ronny, Rubén Forján, Juan, Manu Fuentes. Tamén: Iván, Lucas, Darío e Alvite.
11 do Sportong Seaia en San Andres-Foto-Noe
11 do Sportong Seaia en San Andrés-Foto-Noe Touriñán
  • Seaia: Senén, Samu Costa, Mario, Jose, Pablo García, Martín Costa, Diego, Joel, Camilo, Charro e Juni. Tamén: Anxo e Pablo Caamaño.
  • Golers: 1-0, m.8: Eloy Moreira; 1-1, m.19: Juni; 2-1, m.28: Juan Touriñán; 2-2, m.63: Juni.

Con moitas baixas chegaban os dous equipos a este choque marcado polo vento, que provocou un choque sen riscos, moi igualado, e que non tivo nun dominador claro. Nun córner adiatábanse os de Pereiro e Forján (que se puxo por segunda vez de curto ante as baixas, e es) por medio de Elou Moreira, pero os balóns chegaban ás dúas áreas e á contra empataba prointo Juni. Antes do descanso respondía o Zas con golazo de Juan desde o lateral.

Tiveron no comezo da segunda metade o Zas para sentenciar, pero o Seaia estaba cada vez mellor e Juni empataba de novo o envite. A partir do empate, as forzas dos dous equipos foron a menos,o ritmo que foi moi alto empezou a baixar e xa non existiron ocasión claras de gol.

Oza-Seaia-Foto-Noe 2

Pereiriña - Nantón (2-1)

  • Goles: 1-0, m.31: Charly de penalti; 1-1, m.40: Tato a pase de Redondo; 2-1, m.62: Miguel.

Igualado partido, con poucas ocasións, nas que o Nantón aguantou ben na primeira metade, co vento a favor. Pero era o Pereiriña nunha contra o que se adiantaba dende os 11 metros. Empataba pronto o Nantón, por medio de Tato tras unha fermosa xogada de Redondo. Tivo aí Iván Moreira unha boa ocasión antes do descanso, pero o partido marcharía empatado aos vestiarios.

O Pereiriña dominou máis a segunda metade, co vento a favor. Tiñan dúas ocasións antes de que Miguel adiantase aos de Joaquín Quintáns nunha xogada a balón parado. O Nantón non se rendiría a pesar de quedar cun menos pola expusión de Tato, e tivo que obrigar a Isma a facer un paradón na última xogada.

Soneira - Lira (4-2)

  • Goles: 1-0, m.2: Basti a pase do seu irmán De la Sierra; 2-0, m.9: Quilmes de cabeza; 3-0, m.22: Basti; 4-0, m.24: Riki; 4-1, m.34: Oli; 4-2, m.77: Pablo Leis.

En apenas 20 minutos o Soneira, cun Basti en estado de gracia (xa suma 12 goles en 11 partidos), deixaba o choque sentenciado. Co vento a favor non tivo rival o cadro de Josiño Abelenda, e o Lira non podía máis que recurtar antes do descanso.
Na segunda, si que coa axuda do vento o Lira buscou máis a área local, pero só conseguía maquillar o resultado.

Xallas - Corcubión (2-2)

  • Xallas: Iván Couto, Joel, Iván García, Adrián López, Steven, Ramón, Doro, Sergio Rod. Sergio Barbeira, Rubén Sande, Nando. Tamén; Dani Picallo, Jose, Manu Cuns, Rubén Blanco e Adrián Couto.
  • Corcubión: Bruno, Martín, Gorka, Mario, Isaac, Antu, Alán, Díaz, Javi, César e Iago. Tamén Samu Trillo, Iván e Rama.
  • Goles: 1-0, m.60: Rubén Sande; 2-0, m.65: Rubén Sande; 2-1, m.68: Iago Lema; 2-2, m.74: Samu Trillo.

Primeira parte de moita intensidade e de moita igualdade, con ocasións para ambos equipos, no que o protagonista sería o porteiro local, o gran Iván Couto, con varias intervencións de moito mérito.

Na segunda o partido púxoselle pronto de cara ó Xallas, ca expulsión do defensa visitante Mario. Dous goles rápidos do Xallas e moi protestados por fóra de xogo polos visitantes parecían sentenzar o partido. Pero o Corcubión, cun menos pola expulsión de Mario, e dous goles abaixo, non se viu abaixo. O Xallas veuse vencedor, baixo o ritmo e apareceu o capi Iago Lema, que recurtou distancias de cabeza e pouco despois Samu Trillo empataría para os visitantes. Iago e César tiveron un par de ocasións para remontar o partido, pero finalmente o resultado non se movería.

Máis novas de interese

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios