mércores. 04.12.2024
El tiempo

3ª Galicia: A pelexa pola segunda praza de ascenso directo

Zas-Sofan B-Foto-Noe Tourinan
O Zas-Sofán B foi un dos partidazos da xornada-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: A pelexa pola segunda praza de ascenso directo

Escapa cada vez con maior claridade o Xallas, con 9 vitorias e 1 empate en 10 partidos, 36 goles a favor e só 3 en contra.

A loita está na segunda praza. Agora está o Oza que leva unha serie espectacular e aproveitou para subir tralo empate do Sofán B en San Andrés, no que foi o partido da xornada. O Zas ten que meterse nesa loita pero aínda está a 13 puntos do propio Sofán, 3º.

Estalle costando ao Malpica sacar adiante os partidos dende que se lesiounou Ibra. Falouse moito nos “mentideiros” do fútbol costeiros das ofertas e equipos de maior categoría, pero dende o club aseguran que está recuperado e que xa volverá aos campos a vindeira xornada.

Completa a zona de Promoción un embalado Lira e un Soneira que descansaba e segue sen arrincar a moto.

Pereiriiña - Cerqueda (1-1)

  • Pereiriña: Xacobe, Eloy, Christian, Oca, Esteban, Estebo, Fabián, Charli, Martín, Antón Lestón e Tito. Tamén: Isma Antelo, Adrián Ozón, Jose, Maelo e Chiru.
  • Cerqueda: Mario, Adrián Verdes, Dabi Reixía, Marcos Pensado, Samuel, Gus, Martín, Íker, Dani Varela, Suso e Julián. Tamén: Alex Pazos, Christian Velo, Eloy, Hugo e Rubén.
  • Goles: 1-0, m.17; Antón Lestón; 1-1, m.18: Suso.

Partido tenso, moi igualado, cun Pereiriña máis entonado ante un Cerqueda que non era quen de entrar no partido, desois do gran partido da semana pasada. Así e todo, despois do golpe local co tanto de Antón Lestón, respondía o cadro de Uzal cun tanto de Suso, coa axuda do meta local. Suso tivo o segundo, pero moi pouco nesa primeira metade.

Pero aínda a segunda, cun Pereiriña sempre un paso por diante, ata que no treito final si que o Cerqueda deu un paso pero nunca puido superar aos de Joaquín Quintáns, que de feito, á contra, tiveron as mellores ocasións nos pés de Miguel e Fabián.

Laxe - Oza (0-2)

  • Laxe: Jacobo, Aarón, Guzán, Samuel Lema, Rubén, Eloy Liñares, Íker, Adrián Lema, Bieito, Saleta e Martín Carrrabete. Tamén: Roi, Manuel, Sergio e Jose.
  • Oza: Brais, Alberto, Morerno, Isac, Iago Rodríguez, Diego, Lavandeira, Alex Freire. Iván Mato (Dani Iglesias), Arón (Abib) e Hugo Fraga .
  • Goles: 0-1, m.10: Isac remata un córner de Iago Lavandeira; 0-2, m.80: Hugo Fraga.

Partido tenso, con moito en xogo, que se decantou pola efectividade dun Oza que está coa frecha para arriba tras 5 vitorias seguidas e 8 partidos sen perder. Abriu o marcador Isac nun córner, e o Laxe tivo unha antes do descanso pero o pau repeliu un tiro de Íker que puido ter sido o empate.

A segunda metade máis igualada, con ocasións nas dúas áreas, pero foi de novo o acerto dos de Míchel o que sentenciaría por medio de Hugo Fraga nunha conta.

SD Oza celebrando vitoria
O Oza dedica a vitoria ao seu capitán Javi Vilariño "Cafu" que o xoves tocou pasar por quirófano.

 

Corcubión - Seaia (6-3)

  • Corcubión: Bruno, Isaac, Mario, Samuel, Antón, Alex, Iván Díaz, Javi, Iago Lema, Alan, César Lojo. Tamén; Jose, Íker e Borja.
  • Seaia: Anxo, Joel, Mario, Pablo García, Alex Mato, Diego, Luisma, Añón, Camilo, Juni e Charro. Tamén: Senén, Pablo Caamaño e Martín Costa.
  • Goles: 0-1, m.13: en propia; 1-1, m.34: César Lojo; 2-1, m.37: César Lojo; 3-1, m.47: César Lojo; 4-1, m.58: Iago Lema; 5-1, m.73: Iago Lema; 5-2, m.76: Luisma de penalti; 5-3, m.86: Añón: 6-3, m.90: Iago Lema.

Con moitas baixas chegaba Moscoso ao Cubaleiro, pero o partido parecía poñerse de cara cun gol en propia tras unha indecisión entre central e porteiro local. Aí tiveron os mellores minutos os visitantes, con varias ocasións para ampliar a renda. Pero pouco a pouco o Corcubión ía aparecendo, cun par de chegadas de Iago Lema e un par de goles de César Lojo para darlle a volta ao marcador, con máis acerto que xogo.

Cés meteu outro nada máis comezar a segunda e o partido acabouse, permitindo sendos tripletes para Iago e César.

Xallas - Nantón (8-1)

  • Xallas: Iván Couto, Ramón, Iván García, Rubén Sande, Sergio, Steven, Jose, Nando, Adrián, Rubén Blanco e Sergio Barbeira. Tamén: Fabián, Iván, Joel, Adrián Forján e Adrián Couto.
  • Nantón: Adrián, Xoel, Muíño, Fran, Nando, Fariña, Miguel, Rupper, Redondo, Iván Moreira. Tamén: Tato, Guille, Javi.
  • Goles: 1-0, m.22: Sergio Barbeira; 1-1, m.24: Rupper nun córner; 2-1, m.27: Rubén Blanco; 3-1, m.30: Rubén Blanco; 4-1, m.38: Ramón; 5-1, m.42: Rubén Sande; 6-1, m.57: Sergio Barbeira; 7-1, m.65: Adrián Forján; 8-1, m.70: Adrián Forján.

Chegaba co lateral Adrián baixo paus o cadro de Jorge Calvete, e ante este Xallas págase caro. Así e todo aguantaron ben 20 minutos, mantendo atrás aos xalleiros, e tendo mesmo varias chegadas para abrir o marcador. Pero nunha das primeiras chegadas Sergio Barbeira abría o marcador. Respondía os cabaneses cun gol de Rupper nun córner. Aí tivo un man a man Redondo, pero o Xallas ía espabilando e pronto marcaba 4 tantos seguidos antes do descanso aproveitando a páxara dos visitantes e deixando o partido sentenciado.

Malpica - Lira (0-5)

  • Malpica: Nacho, Villar, Canario, Pablo, Jorge Parga, Aday (Lucumi, m.80), Diego (Fer, m.80), Cristian, Lou (Fran, m.60), Alberto Hombre (Gabi, m.80) e Chicha.
  • Lira: Balayo, Maceiras, César, Roberto Amoedo, Ángel Vigo, Ramón, Ángel Sestayo, Juan Formoso, Migueliño, Christian, Oli. Tamén: Raúl, Alexis Cambeiro, Pablo Leis, Marcos e Aron.
  • Goles: 0-1, m.12: Oli; 0-2, m.22: Oli; 0-3, m.25: Ramón; 0-4, m.70: César; 0-5, m.86: Pablo.

Resultado algo abultado para o visto no campo, pero xusta vitoria do cadro liracho. Empezou o Malpica querendo ter o balón pero o Lira estaba ben armado. Alberto Hombre mandaba un balón ao longueiro, pero pronto as contras do Lira comezaban a facer dano, sobre todo cun entonado Oli, que vive unha segunda xuventude, e marcaba dous goles seguidos.. Antes, Ángel nun córner que para o porteiro e cun tiro ao pau, e Juan, avisaran. Sen tempo a respirar, Ramón facía o terceiro para os lirachos.

Baixou a intensidade na segunda, sen apuros nas áreas e só os goles de César e Pablo moveron o marcador, para unha gran vitoria para un Lira que se afianza nos postos de promoción.

Buño - Ameixenda (3-0)

  • Buño: Paco, Elías López, Alán, Fran, Breo, Andrés, Brais, Elías Suárez, Isaac Piña, Jose Castro, Jesús. Tamén: Alex Fraga, Javi Facal.

Plantel do SD Ameixenda en Xavina

  • Ameixenda: Costa, Maldonado, Christian, Louzán, Barreiro, Juan Lagoa (Pikita, m.83), Kampy (Dani, m.58), Evaristo (Canosa, m.58), Torices, Óscar (David, m.58) e Damián.
  • Goles: 1-0, m.32: Brais; 2-0, m.56: Elías Suárez; 3-0, m.74: Alán.

Partido de dominio local, ante un Ameixenda que volveu amosar a súa mellor versión, competindo ata o final, a pesar de seguir ofrecendo certos regalos. Como era de esperar, máis posesión do Buño e o Ameixenda tratando de sair a contra, pero non se acertaba nos últimos pases para poder facer perigo. Costoulles abrir a lata aos oleiros, e non sería ata o minuto 32, cando Brais vería portería para facer o 1-0. Antes xa chegaran varios remates, pero uns atopaban a un serio Costa e outros ao logueiro.

A pesares do dominio, o Buño non acababa de atoparse cómodo e o Ameixenda foi tendo máis o balón. Pero cando mellor estaban, os de David Castro lograrían aumentar a súa renta cun bo disparo de Elías Suárez dende a frontal da área.

A entrada de Canosa, David e Dani, os tres no m.58, doulle mais profundidade ao Ameixenda, e así Dani por dúas veces e Lagoa tiveron boas ocasións para marcar. Logo disto, as chegadas de perigo e as ocasións foronse sucedendo para os branquiazuis pero non lograrían bater ao gardameta visitante ata que Alán definiría unha boa acción colectiva para poñer o definitivo 3-0.

Zas - Sofán B (2-2)

11 do Sporting Zas ante Sofan B-Foto-Noe Tourinan
11 do Sporting Zas ante Sofan B-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Anxo, Adrián Rama, Peke, Darío, Manu Fuentes, Marcos, Andrés, Darío, Lucas e Javi Suárez. Tamén; Álvaro, Iván, Jose, Ronny, Eloy Moreira.
11 do Sofan B en San Andres-Foto-Noe Tourinan
11 do Sofan B en San Andres-Foto-Noe Touriñán
  • Sofán : Mario, Lucas, Manu Cancela, Eloy Cabeza, Brais Calvo, Borja Viaño, Salah, Alex, Nacho Eirís, Roi Canedo, Adrián, Tamén: Pablo Pose, Pablo Sabucedo, Villajos e Ramón Páez.
  • Goles: 1-0, m.2: Andrés; 2-0, m.8: Lucas; 2-1, m.44: Adrián; 2-2, m.45: Adrián de xogada individual.

Dous aspirantes dábanse cita en San Andrés, con moita expectación e con moi boa acollida de público, e o choque non defraudou. O Zas que sorprendía saíndo con todo, con 5 marchas máis. mellor asentado e creando moito perigo na área do Sofán e marcando dous goles antes dos primeiros 10 minutos con bos balóns ás costas da defensa visitante. Puido ter chegado o terceiro aí pero o Sofán foise metendo no choque, aprveitando a lesión de Peke, que sentou como un xerro de auga fría aos de Pereiro e Forján, e acabou dominando o último cuarto de hora, logrando empatar con dous goles seguidos de Adrián.

Tras o descanso, Sofán saiu como antes do descanso pisando o acelerador e afogando aos zaseiros na súa área, con moi boas ocasións para meterse por diante. Cambiaron fichas os locais e foron igualando as tornas, pero o partido xa estaba tolo, puuidendo caer de calquera lado. Javi Suárez estrellou un balón no longueiro e o Zas tivo 3 ocasións bastantes claras dentro da área pequena que salvou Mario. Pero tamén o Sofán tivo varias, aproveitando ademais a expulsión de Darío, sobre todo un man a man de Villajos no desconto que salvou Pereiras.

Javi Suarez fixo estragos por banda dereita no Zas-Sofan B.Foto-Noe TOurinan
Javi Suarez fixo estragos por banda dereita no Zas-Sofán B.Foto-Noe Touriñán

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios