Xoves. 25.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober asegura a permanencia e mira cara arriba

celebrando
FSF: O Fisober asegura a permanencia e mira cara arriba

Importante triunfo para o Fisober no Conco esta pasada fin de semana que asegura matematicamente a permanencia a falta de catro xornadas. E mirando dende xa cara arriba na busca da mellor clasificación posible, rematando a xornada no 4º posto aínda con varios equipos con partidos aprazados por covid.

Mentres, o Amarelle Santa Comba sumaba 3 novos puntos, máis que sufridos, e continúa no alto da segunda fase da 1ª División.

Preferente, xornada 25

  • Resultado: FISOBER FSF – TERRA DE CELANOVA FSF (2-0.).
  • FISOBER: Sharay, Ana, Paula Fandiño, Carre, Uxía ; tamén xogaron: Adriana, Lucía Martínez, Saray.
  • Goles: 0-0 ao descanso; 1-0 min 23 Saray, 20 min 37 Ana.
paula
Paula en xogo

Comezaba con presión alta o equipo visitante e froito diso un roubo facía que mandaran o balón ao pau e tiveron outra moi boa ocasión.
Desperezou o Fisober cun par de ocasións e un tiro de Paula Fandiño rozando a escadra. Pero o Celanova sigue a poñer en apuros a Sharay. O Fisober tiña a súa cun lanzamento de Ana que desvía unha xogadora visitante ca cabeza. Despois chegou unha triple ocasión de Paula Fandiño cun último lanzamento ao pau. O Celanova creaba perigo no segundo pau e o Fisober cun tiro de Saray.

A volta dos vestiarios a primeira ocasión foi para as visitantes. As locais non superon aproveitar unha oportunidade por cesión das visitantes. Pero nun saque de banda Paula Fandiño foi a máis lista e co seu pase deixou sola a Saray para adiantar as costeiras. Despois do gol apretou o Celanova e fixo intervir en varias ocasións a Sharay na portería. Sufrían as costeiras.
Un par de roubos de Uxía e os conseguintes tiros puxeron o medo no corpo as visitantes e deron folgos as locais. Despois foi Paula Fandiño a que probou sorte. Decidiron arriscar as visitantes co xogo de cinco e case conseguen o premio pero a súa xogada rematou finalmente no pau. O Fisober seguía o seu e nun roubo Ana acadaba o gol dende campo propio para poñer o dous a cero.

1ª Autonómica Feminina, Liga Regular A, xornada 6

  • Resultado: Silva SD Arboco - Amarelle Concello de Santa Comba (1-2)
  • Amarelle Concello de Santa Comba: Eva Igrexas, Ge, Andrea, Nuria, Lucía Sestayo (cinco inicial), Lidia, Sabela, María, Claudia.
  • Goles: 0-1 Andrea (min. 2); 0-2 Nuria (min. 19); 1-2 Pomba (min. 45).

amarellestacomba-pastoricense04

O equipo xalleiro do Amarelle Concello de Santa Comba, dirixido por Nacho Tuñas e auxiliado por Sergio Vieites, pechaba este pasado sábado a primeira volta da segunda fase. O partido empezaba cun Amarelle Concello de Santa Comba moi metido en partido e adiantábase no marcador aos dous minutos de xogo, cun gol transformado por Andrea; deixando o parcial de 0-1 no marcador. As locais centráronse nunha defensa férrea para evitar os ataques do conxunto xalleiro, e mantiveron no tempo a exigua vantaxe xalleira; pero Nuria a falta de 6 minutos para o tempo de asueto conseguía ampliar distancias para o Amarelle Concello de Santa Comba e subir o 0-2 ao marcador.

Na reanudación, o Amarelle Concello de Santa Comba seguía buscando con ansia a portería contraria e intentar aumentar a renda; pero unha boa defensa do Silva SD Arboco mantiña o marcador no 0-2. Os minutos pasaban, e as locais conseguían recortar distancias no marcador, a falta de 5 minutos cun tanto transformado por Pomba. Aínda quedaba partido por diante, e a escuadra xalleira conseguiu manter a vantaxe e sumar tres puntos máis, para pechar a primeira volta da competición na primeira posición.

Máis información

Novas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Comentarios