FSF: O Fisober remata a primeira volta como campionas
O Fisober acadaba unha importante vitoria na súa visita ó Composala o que as deixa co título honorífico de campionas de inverno da competición.
LIGA AUTONÓMICA – PREFERENTE GALICIA, Xornada 15
- Resultado: CD COMPOSALA – FISOBER FSF (1-2).
- FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Saray, Andrea; tamén xogaron: Adriana, Ana, Nuriña, Myrella. ÁRBITROS: Pedro Riveira, Vanesa Varela.
- Goles: 0-1 min 2 Patri, (descanso), 1-1 min 21 Lidia, 1-2 min 28 Andrea.
Barca a pesares de ser baixa porque anda con problemas de xeonllo sabedora da importancia do partido fixo unha parte do quencemento e estivo no banco para apoiar as compañeiras. Un Composala no que xoga a ex do Fisober, a habilidosa Carla Couso que foi parte do último equipo costeiro que disputou a Segunda División Nacional.
O partido non podía comezar de mellor maneira para o Fisober xa que ós dous minutos Patri adiantaba as costeiras. Iso deulle paciencia e tranquilidade ó equipo. O Fisober chegaba a portería contraria e tiña ocasións que desbarataba a porteira local. Ante un rival que practica un bo xogo, intensas e ben colocadas como indica que viñan de igualar fai varias xornadas co potente Vilalba. Pero co paso dos minutos e sen acadar un segundo gol as costeiras estaban cada vez un pouco máis espesas.
A volta de vestiarios o Composala pagou ca mesma moeda as visitantes, xa que no primeiro minuto Lidia igualaba o partido. O gol descolocou un pouco ó Fisober que non estaba a ter os seus mellores momentos. Ata que mediada esta segunda metade apareceu Andrea para voltar a poñer por diante ó Fisober nunha xogada rara e chea de rexeites. Co gol o Fisober voltou a sentirse máis cómodo sobre a pista e a controlar novamente o partido, sen pasar moitos apuros. Cando esmorecía o encontro as locais decidiron arriscar co xogo de cinco pero sen conseguir o seu obxectivo, co que os tres puntos viaxaron cara terras costeiras.
A vindeira semana inicia a segunda volta ca visita ó terceiro clasificado ó 5 Coruña un recén descendido que se atopa a cinco puntos do Fisober e que é un dos favoritos ó título. Na primeira volta gañaran as costeiras pola mínima nun competido partido ata o último segundo
Os Cadetes
Na División de Honra cadete masculina e dentro da 14ª xornada o Fisober xogaba na tarde do sábado coma local nas ID de O Conco en Dumbría onde recibía ó SDCR Narón O Freixo co resultado de 1-3 a prol dos visitantes.
Polo Fisober formaron: Miguel, Mario, Adrián, Iago, Pablo Taboada; tamén xogaron: David, Rubén, Fran, Pablo Costa, Juan Emilio. O gol costeiro foi obra de Iago.
MÁIS CRÓNICAS DO FSF.
- X.14: O Fisober comeza o ano arrasando.
- X.13: O Fisober despide o 2023 líder.
- X.11: O Fisober mantense firme no ldierato.
- X.9: FSF: O Fisober acada un importante triunfo ante o filial do Amarelle e alcanzan o liderato.
- X.8: O Fisober volve á senda da vitoria.
- X.6: Primeira derrota do curso para o Fisober.
- X.5: O vendaval Fisober.
- X.4: FSF: 4 de 4 para o Fisober.
- X.3: O Fisober fai historia coa creación dun equipo Sénior Masculino.
- X.2: O Fisober tamén sabe sufrir.
- X.1: FSF: O Fisober arrrinca o curso vencendo a todo un 5Coruña.
- Setembro: O Fisober empeza con ilusión a súa 19ª campaña con novidades.
- Xullo 23: O Fisober pechou a temporada nunha moi meritoria segunda praza.