Xoves. 10.10.2024
El tiempo

FSF: O Fisober comeza o ano arrasando

Xogadoras do Fisober celebrando un gol
Xogadoras do Fisober celebrando un gol
FSF: O Fisober comeza o ano arrasando

Volvía á competición o Fisober tralo parón de Nadal e volvía como rematou, no máis alto da táboa e seguindo coa súa boa xeira cun bo triunfo ante o sempre perigoso Begonte.

PREFERENTE GALICIA – LIGA AUTONÓMICA XORNADA 14

  • Resultado: FISOBER FSF – CONCELLO DE BEGONTE (6-0)
  • FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Paula Fandiño, Saray; tamén xogaron: Ana, Nuriña, Myrella, Nai, Andrea.
  • Goles: 1-0 min 4 propia porta, 2-0 min 11 propia porta, 3-0 min 14 Paula Fandiño, 4-0 min 18 Paula Fandiño, (descanso), 5-0 min 24 Nai, 6-0 min 28 Saray.

fisober Plantel 23-24

O Fisober saiu a pista moi concentrado e con gañas de que non se atragoaran os turróns despois do longo parón de Nadal. Non podía contar con Barca cunha lesión de xeonllo pero si ca xoven Nai que por fin podía debutar cas costeiras. Froito dese bo arranque de partido unha presión de Adriana compricaba as visitantes e chegaba o primeiro gol para o Fisober.
As locais non deixaban de percutir e seguían co bo xogo de finais do 23. Así de novo era despois dun disparo de Adriana cando chegaba un novo gol en propia porta das visitantes para o dous a cero. Aclarábase o panorama para un Fisober que sabe que non pode afrouxar se quere seguir na parte alta xa que calquera rival da categoría che pode arrincar puntos.

Dous tantos de Fandiño deixaban o choque encarrilado para unha segunda metade na que baixou o ritmo.

A vindeira semana toca visita ó Composala, un rival que ven de gañar a domicilio ó Cidade de Pontevedra e que foi dos poucos de puntuar fronte o Vilalba o que indica a súa dificultade e calidade.

Outras categorías

Tamén voltaban a competición equipos como o senior masculino de 1ª Galicia, visitando o UD Estrada FS no PM Coto Ferreiro, co resultado de 4-5 a cinco a prol do Fisober. Polo Fisober formaron: Alejandro Grille, Mario, Suso, Javi, Edgar; tamén xogaron: Brais, Iván, Adan, Álex, Carlos, Alberto Catalán. Os goles costeiros foron obra de: Mario, Edgar, Álex, Iván, Javi.

Ademais, na Liga Galega Alevín feminina o Fisober recibía a todo un Viaxes Amarelle, quedando 0-6 das viaxeiras. Polo Fisober formaron: Carlota, Claudia Ares, Lola, Noa, Claudia Otero; tamén xogaron: Alba, Ainhoa, Zoe, Noemi, Icia, Iria, Celia.

Alevins do Fisober FSF
Alevins do Fisober FSF

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios