mércores. 30.04.2025
El tiempo

FUTFEM: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas

Sporting Zas con Anxo Garrido celebrando a primeira vitoria da historia
O Sporting Zas de Anxo Garrido celebrando a primeira vitoria da historia
FUTFEM: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas

A 4ª xornada da Liga da Costa FEM deixa a primeira vitoria da historia das seccións femininas do Sporting Zas e do Soneira S.D. Nun grupo no que houbo dous partidos moi interesantes, coa vitoria do Camariñas no derbi da ría, e a do Ponteceso en Corcubión.

Cómpre destacar o inicio da Esteirana nesta primeira temporada da súa historia, colocándose líderes a base de goleadas, e situando ademais a Rut e Bárbara como máximas goleadoras da categoría con 10 e 9 goles respectivamente. No grupo norte, as pichichis son Julia do Bergan B e Graci do Mazaricos, con 6 tantos.
En clave de goleadoras, a cerquedá do Cee Paula Veiga segue a ser a pichichi da 2ª División con 9 goles.

Ademais, na 2ª, o Xallas disputábase o liderato en Fontenla, cun empate final que deixa as xalleiras compartindo liderato co propio Pastoriza e o Orzán B.

2ª División Feminina, Gr.2, xornada 7

Xallas - Pastoriza (1-1)

Plantel do Xallas Fem na 24-25

  • Xallas: Rosío, Carla Landeira, Cali, Yaiza, Andrea Otero, Espasandín, Valeria, Noe Vimi, Sara, Paula Barcia e María Rial. Tamén: Sonia, Olalla, Patricia, Carmen e Laura.
  • Goles: 1-0, m.3: Cali; 1-1, m.25: Revuelta.

Disputábase o liderato en Fontenla e as de Eloy saían moi metidas, e moi pronto se colocabn por diante tras un gran pase de Mery entre central e carrilera, que Barcia mete un moi bo centro raso ao segundo pao que Cali en empuxa a pracer.

O partido estaba igualado, e o Pastoriza empataba no ecuador do primeiro tempo nun corner no que Rosio mide mal e roza o balón co puño e acaba entrando.

Na segunda parte, cos cambios, o equipo local chega mais á meta rival coas ocasións de Espasandin, Cali e Oli, pero a porteira visitante foi do mellor do partido, salvando mesmo un man a man no desconto a Espasandín.

Cee - Lugo B (2-1)

  • Cee: Valeria, Lucía Rod., Ramos, Nerea, Laura, Martínez, Paula Veiga, Saray Duarte, Nayara Casais, Naiara Vázquez e Sharay Caamaño. Tamén: Noemi, Uxía, Sabela, Gala e Antía.
  • Goles: 1-0, m.8: Nerea nun córner; 1-1, m.10: Ánxela; 2-1, m.25: Paula Veiga de penalti.

Partido cómodo para o Cee, pese ao axustado resultado. As ceenses empezarían marcando rápido o primeiro gol de Nerea nun corner. Pero de contado as visitantes superon superpoñerse a esta situación empatando o partido a escasos minutos.

Pouco despois, unha gran xogada individual de Duarte suporía un penalti no que Paula engañou a porteira rival e volveu adiantar o marcador.
Na segunda parte o Cee seguiu atacando pero non foi capaz de aumentar a ventaxa, e sen sufrir apenas atrás, sumou 3 novos puntos, manténdose nunha cómoda 7ª praza a só 4 das líderes.

Cultural Maniños - Dumbría (3-3)

  • Dumbría: Lucía, Noa, Paula Carril, Mariña, Yaiza, María, Eva, María, Claudia, Sabela e Kelly. Tamén: Carla, Juliette, Laura, Yoli e Alba.
  • Goles: 1-0, m.4: Lucía Calvo; 1-1, m.9: Claudia tras un bo pase filtrado de Noa; 1-2, m.12: Eva tras un centro de Kelly; 2-2, m.37: Lucía Calvo; 3-2, m.66: Lucía Calvo; 3-3, m.96: Alba.

Sufriu o Dumbría para sumar un punto no Pote, en Fene. O partido iniciaría sen un claro dominador, sen asumir riscos, pero en apenas 12 minutos houbo tres goles. Pero a partir do segundo gol dumbriés, volveron as pantasmas da mala racha que están a pasar as de Santi Lira, e non serían capaces de ter a calma necesaria para baixar o balón e controlar o partido, permitindo que ese se voltase tolo, fallando varias ocasións e permitindo o empate.

Sairían máis centradas as dumbriesas, pero sen poder xerar ocasións co balón, e nunha xogada illada tras un tiro do equipo local, Lucía bloca pero unha rival arrebátallo das mans, e marca, pedindo falta as xogadoras visitantes. A partir de aí o Dumbría envorcouse con todo sobre a área rival, forzando unha e outra parada da meta local, ata que Alba, xa no descontísimo, conseguía un puntiño.

3ª División Feminina, Gr.2, xornada 4

Mazaricos - Cabana (3-0)

  • Mazaricos: Valeria, Antía, Graci, Silvia, María Senra, Buján, Raquel, Fátima, Claudia, María Senra, Ánxela e Tamara. Tamén: Paula, Saray, Lidia e Iza.
  • Cabana: Miriam, María, Sheila (Saray), Laura, Valeria (Begoña), Inma, Alejandra (Natalie), Iria (Nuria), Adriana (Aitana), Antia Pazos, Irene.
  • Goles: 1-0, m.19: Raquel marca un golazo de volea; 2-0, m.31: Graci de chutazo pegando nos dous postes; 3-0, m.45: María Senra tras unha combinación con Tamara.

Comezou igualado o partido con algunhas alternativas, buscando a combinación, pero sen grandes ocasións. Si acertou, con 3 golazos que puideron superar á gran Miriam, o cadro mazaricán.

Xa no segundo tempo as visitantes tentaron achegarse e recurtar distancias pero non tuveron o acerto necesario, aparecendo Valeria, pero tamén Miriam, para deixar o marcador como estaba ao descanso.

Zas - A Baña (5-3)

Sporting Zas feminino 24-25

  • Zas: Noelia, Alvite, Carlota, Tania Trigo, Lucia Ares, Lara , Inés, Alba, Tania, Nerea e Nuria. Tamen xogaron: Andrea, Lucia R, Lorena, Sara e Elsiña.
  • Goles: 0-1,m .20: Aleia; 1-1, m.36: Nerea; 2-1, m.63: Nerea; 2-2, m.67: Xastia; 3-2, m.70: Nerea; 4-2, m.71: Nerea; 5-2, m.80: Inés; 5-3, m.83: Xastia.

Sporting Zas-A Bana

Partido moi igualado, que foi marcado pola efectividad das dianteiras sobre todo na segunda metade. Porque a primeira foi máis tranquila, acabando en empate. Rompíase o choque co segundo das de Anxo, e tralo empate das da Baña, en 10 minutos tolos, o Zas marcaría 3 tantos, sendo Nerea a gran protagonista con 4 goles.

Sporting Zas- A bana fem

Cerqueda - Pastoriza B (0-5)

  • Cerqueda: Inés Vega, JImena, Antía, Tati, Paula Casal, Alma, Sonia, Vanesa, Raquel, Inés Amado e Irene. Tamén: Nagore, Cris Viña, Andrea, Carla Varela e Carla Busto.

Segue mellorando pouco a pouco o cadro de Miguel Ángel Rodríguez. O Pastoriza soubo ler mellor o partido, facendo demasiado dano en cada ataque, e as locais apenas inquedaron a meta rival. 10 minutos de páxara á media hora de encontro sentenciaron a contenda, índose xa as rivais con 0-4 ao descanso.

Camariñas - Muxía (2-1)

  • Camariñas: Maira (Desiré); Laura Garrote, María Quirós, Rosana, Uxía, Laura Pose, Aitana, Yara, Laura Paredes (Fátima), Alba (Saray e Paula Mouzo.
  • Muxía: Vero, Paula Vilela, Andrea Insua, Marcela, María Díez, Nerea Barrientos, Andrea Dom., Irene, Paula Rey, Marta Caamaño e Patri Romaní. Tamén: Nerea Pazos, Raquel, Claudia, Denise e Nuria.
  • Goles: 1-0, m.15: Paula Mouzo; 1-1, m.70: Andrea Dom.; 2-1, m.90: Yara de penalti.
Camarinas-Muxia Fem Grada Vicente Carril copia
Ambientazo no Vicente Carril-Foto-Campaña

Ambientazo no Vicente Carril para o derbi da ría, que non decepcionou con emoción ata o final. Os dous equipos chegaban con baixas importantes como as Rocío, Nuria ou María García no cadro de Cabrejo e Pepucho, ou as propias Barca e compañia no cadro que dixire a mesma Barca e Isma Pose.

A primeira metade estivo igualada, cun Muxía un pouco máis enriba chegando á meta rival. Pero foi Paula Mouzo a que aproveitou un pase ás costas da defensa para abrir o marcador para as locais. Puido caer o segundo, pero Maira fixo un paradón a unha falta de Aitana.

Paula Mouzo no uxia Cmaarinas
Paula Mouzo

Comezaba a segunda metade co Muxía intentando presionar máis arriba, pero aínda espesas co balón. O Camariñas estaba máis afiado a Paula avisaba cun balón lambendo o pau e unha nova falta de Aitana que daba no longueiro.

O Muxía conseguiría empatar á saída dun córner por medio de Andrea, con 20 para o final. O partido estaba roto e puido caer dos dous lados, un penalti no último suspiro decantou o derbi para o norte da ría.

Corcubión - Ponteceso (2-3)

Plantel do UD Corcubion 24-25 no Cubaleiro

  • Corcubión: Elena Atán, Elisa, Alexandra Lojo, Carla, Cris, Noa, Andrea Romero, Sandra, Helena López, María Castro e Paula Trini. Tamén: Marta, Isa, Ana Sierra, Tati e Antía.

Plantel do Ponteceso SD Fem no Cubaleir

  • Ponteceso: María, Berdeal, Eva, Ainhoa, Noe (Lara), Silvia (Laura R), Lago, Oanes, Muíño, Claudia, Andrea (Myre).
  • Goles: 0-1, m.16: Eva; 0-2, m.25: Claudia; 1-2, m.31: Helena López; 2-2, m.62: Noa tras un pase de Andrea Romero; 2-3, m.81: Eva.
Alexandra Lojo e Eva Lago co arbitro Manu Trillo no Cubaleiro
Alexandra Lojo e Eva Lago co arbitro Manu Trillo no Cubaleiro

Partido igualado que demostra o potencial do Ponteceso para aspirar a todo. O cadro de Curro xa comezaba aproveitando os saques de banda longos de Ahinoa, e Eva, a capi, marcaba tras un rexeite inicial. O segundo chegaría minutos despois, tiro de Claudia. Pero reaccionaba o Corucbión facendo empregarse a fondo a María. Helena conseguía recurtar cun golazo antes do descanso.

Saía mellor o equipo de Rubén Castillo na segunda, metendo atrás ao Ponteceso chegando o 2-2 de Noa cun gran pase de Andrea Romero. A última media hora, moi igualada, combinaba ocasións a balón parado das visitantes, e intentos de contras das locais, puidendo gañar calquera, pero foron as pondalianas as que se colocaron por diante co tanto de novo da capi Eva Lago.

Corme - Bergantiños (4-1)

  • Corme: Lucía; Saskia, Irene, Lucía (Nerea); Candela (Laura), Olalla, Ana (Salomé), Zeltia; Cris, Naroa e Carla.

Plantel do Bergantinos B no Cairo

  • Bergan B: Leyre, Antía Serrano, Arancha, Lorena, María García, Antía, Julia, aula, Amelia, Ahinoa, Clara e Antía Rojo. Tamén: Aroa, You, Sabela, Zaira e Sara.
  • Goles: 1-0, m.7: Carla; 2-0, m.10: Cris; 3-0, m.54: Naroa; 3-1, m.63: Julia; 4-1, m.80: Naroa.

Partido moi intenso no Cairo entre dous grandes equipos, e máis igualado do que sinala o marcador. Moi ordenado éste Bergan B, e propoñendo sempre xogar o fútbol, ante un Corme que se buscando a súa identidade, pero que demostra cada domingo que volve aspirar a estar moi arriba. Adiantáronse pronto as de Rubén Souto, gracias á velocidade das xogadoras de arriba.
Na segunda recurtou o cadro de Noe Iglesias pero as cormelás, xa co partido roto, sentenciaron.

Soneira - Fisterra (4-3)

  • Soneira: Paula Casti, Rosa, Cristal, Ana Mouzo, Leila, Sara Peña, Kenny, Sara Agra, Cri, Uxía e Marcela. Tamén: Daniela, Antía, Helea, María Lema e Zoe.
  • Fisterra: Lucía, Lidia, Tamara, Irene, Lucía Marcote, Aroa, Jimena, Leny, Xaira, María Díaz e Paula. Tamén: Ana, Jenifer, Antía, Rosalía e Sara.
  • Goles: 1-0, m.13: Uxía; 2-0, m.39: Uxía de falta; 2-1, m.43: María Díaz; 2-2, m.60: Leni de falta; 3-2, m.61: Kenny; 4-2, m.65: Sara Agra; 4-3, m.68: Paula de falta.

Gran ambiente vivido nas bancadas do Municipal de Vimianzo para vivir a primeira vitoria da historia da sección feminina do Soneira SD. Foi un partido moi competido e igualado, cun Soneira que con moitas gañas trataba cara a cara a un cadro fisterrán que chegaba cunha temporada máis de experiencia pero aínda en formación. Pronto Uxía lograría abrir o marcador. Aparecía tamén Lucía para desbaratar un par de accións das de Roland e Oli. Tamén chegaba o cadro fisterrán á área local, pero aí estaba Paula Casti, xogadora de campo que tivo que enfundarse as luvas para facer varias paradas de mérito. Antes do descanso aínda chegarían un gol por bando, para deixar o 2-1 antes de ir aos vestiarios.

Saíu forte o Fisterra de Fran, e Leni empataba cun golazo de falta. Pero casi sin tempo para celebracions Ana centra e Kenny no segundo pau fai o 3-2. De seguido chega o cuarto tras un roubo no medio de Uxia xoga con Kenny esta vaise de duas rivais dispara o balón vai o longueiro e o rechace colleo Sara que sin angulo fai unha vacelina a Lucia conseguindo o 4-2. Pouco durou a alegría e a tranquilidade no Soneira porque Paula de falta volvía meter ao Fisterra no partido. E tiveron o empate as fisterrás, pero o longueiro e a improvisada meta soneirá salvaron a primeira vitoria para as irmandiñas.

O Soneira FEM celebrando a sua primeira vitoria
O Soneira FEM celebrando a sua primeira vitoria

3ª División Feminina, Gr.4, xornada 4

Boiro B - Esteirana (0-6)

  • Esteirana: Naira, Nerea, Marta, Terre, Sara, Leti, Lara, Sandra, Dara, Bárbara e Rut. Tamén xogaron: Gina, Alba, Noa e Lola.
  • Goles: 0-1, m.10: Bárbara; 0-2, m.14: Rut; 0-3, m.28: Rut; 0-4 m.56: Rut; 0-5, m.77: Rut; 0-6, m.84: Rut.

Encontro algo máis difícil do que se ve no marcador, pero que ten moito peso o estado de ánimo e de confianza que veñen demostrando as de Esteiro. Moi bo traballo defensivo, e intensidade en tódalas liñas evitando a fluidez do rival e presionándoas para roubar no seu campo foi a clave para ter o mando do partido, no que destacou Rut facendo 5 tantos e traballando a reo en toda a fronte do ataque. Ruta xa é a pichichi da Liga con 10 goles, sendo Bárbara a segunda con 9.

Cómpre destacar o debut da máis noviña das roxazuis, Lola que ven chea de ga´as a disfrutar do equipo da súa vila.

Esteirana Feminino celebrando o liderato
A Esteirana celebrando o liderato

Outes - Taragoña (1-5)

  • Outes: Lía, Alicia, Laura, Erika, Molnos, Miriam, Carmen, Graci, Uxía, Natalia Alonso e Gema. Tamén: Natalia Lago, Paula, Sofía, Valeria e Irene.
  • Goles: 0-1, m.34: Luna; 0-2, m.36: Marina; 0-3, m.38: Luna; 0-4, m.43: Luna; 0-5, m.55: Laura; 1-5, m.57: Laura Lires; 1-6, m.71: Ainara.

Non reflicte o resultado a igualdade vista no campo, pero a efectividade das visitantes, e algúns erros da defensa local permitiron esta goleada. As de Dani Salgueiro disputaron o encontro cara a cara, sen sentirse inferiores en ningún momento, e tiveron numerosas ocasións, pero volveron padecer a falla de acerto.

Rois - As Miúdas (0-2)

  • As Miúdas: Siaba, Laura, Ana Romero, Adriana Piñeiro, Marta Verán, Ximena, Sofía, Cris, María, Clara, Sabela. Tamén: Leire, Carlota e Iria.
  • Goles: 0-1, m.34: Ximena; 0-2, m.88: Carlota.

Mereceu esta vitoria o cadro de Mané, sendo mellore, creando ocasións no primeiro tempo pero sen acerto. Tocou sufrir na sgeunda metade e só conseguiron sentenciar contra o final.

Todas as crónicas do FUTFEM

 

Máis info

Comentarios