sábado. 15.02.2025
El tiempo

FUTFEM: Esteirana perdeu unha final adiantada

  • O Xallas suma a súa 10ª vitoria consecutiva e mantense líder da 2ª Div.
  • Corme superou ao Muxía e afianza o seu liderato, quedando como único equipo invicto de todo o fútbol costeiro.
A Esteirana non puido co Cletiga
A Esteirana non puido co Cletiga
FUTFEM: Esteirana perdeu unha final adiantada

Desprazábase a Esteirana á Illa de Arousa para xogar unha final adiantada na última xornada da primeira volta. As blaugranas e o Céltiga chegaban contando partidos por vitorias (moitos por goleadas) polo que o choque significaba quen afrontaba a segunda volta co bastón de mando, esperando á finalísima do último partido de Liga. E o 5-1 final é unha dura estocada para as aspiracións do cadro de Fran Figueroa de cara ao ascenso directo.

Polo demais, na Liga da Costa tamén houbo un enfrontamento entre 1ª e 2ª, no que o Corme volveu demostrar a súa superioridade ante o Muxía e xa escapa no alto da táboa. De feito, o Camariñas colócase segundo tras superar a un aguerrido Soneira, quedando a 9 das cormelás.
Fermosa loita ai pola 2ª e 3ª praza, con 6 equipos en apenas 5 puntos.

Cómpre destacar tamén o papel deste Xallas que conseguía en Lugo a súa 10ª vitoria consecutiva, manténdose como líder, con 2 puntos máis que o Pastoriza pero tamén un punto máis.

2ª Div. Fem, Gr.1, xornada 18

Dumbría - Sp. Burgo (1-1)

  • Dumbría: Liss, Noa, Paula Carril, Mai, Sabela, Yoli, Carla, María, Paula fandiño, Kelly e Eva Lema. Tamén: Sheila, Yaiza, Laura, Paula Rod. e Lara.
  • Goles: 0-1, m.12: Nuria Patiño; 1-1, m.90: María.

Partido tosco, pero intenso e entretenido o vivido no Conco e no que o Dumbría salvou un punto case que no desconto. Na primeira parte, as visitantes saían coas ideas moi claras de meter presión arriba e unha intensidade moi alta, provocando que as locais non atopasen espazos e non estiveran cómodas na saída de balón. Nunha perda tras unha presión, as visitantes metíanse pronto por diante. Non puido superar esa presión na primeira metade o cadro de Santi Lira.

Na segunda, as xogadoras costeiras puxeron o mono de traballo, adaptáronse ao partido e competiron con máis garra, asegurando ben en defensa e chegando como podían. Contra o final xa tirando máis de corazón e coraxe conseguían empatar o partido por medio de María.

E malia que o gol foi no m.90, aínda quedaría tempo para o infarto, xa que primeiro as locais tiveron unha ocasión moi boa, pero na seguinte xogada ás visitantes collían ás costas da defensa dumbriesa e gracias á boa saída de Lis e ao repliegue de Mai fixeron que o tiro da dianteira non fose cómodo e saíse fóra.
Empate xusto pero as dumbriesas parece que sempre se esixen un pouco máis a si mesmas.

Lugo B - Xallas (0-1)

  • Xallas: Rosío, Cali, Barcia, Andrea Otero, Laura, Espasandín, Valeria, Sara, Claudia Facal, María Rial, paula Barcia e Olalla. Tamén: Patricia e Marta.
  • Goles: 0-1, m.4: en propia.

Cun gol en propia no m.4 e moita brega, as de Eloy conseguían manter unha semana máis o liderato. Saimos moi concentradas e aos poucos minutos nunha internada de Barcia por banda, nun bo centro unha defensa contraria non acerta a despexar e mete o balon en propia meta. Controlamos xogo e xogamos ao noso toda a primeira marte , cunha gran Mery escoltada por Otero e Oli e Espasandin, tivemos algunha ocasion masi por medio de Oli antes de irnos ao descanso. Na segunda parte as rivais suben liñas, cambian sistema e perdemos algo o control do xogo, ainda asi poñemonos o traxe de Faena e defendemos unha nova portería a cero, tendo moi boas ocasions de espasandin nun roubo na última liña delas ou nu saque de recuncho por medio de Mery.

Gran partido das costeiras que afrontan a segunda volta con todas as garantías, loitando man a man co Pastoriza, despois dun primeiro tramo de temporada no que empataban con elas, e se deixaron só unha derrota, curiosamente ante o pechacancelas.

O Xallas FEM suma a sua 10 vitoria consecutiva

Orillamar - Cee (0-3)

  • Cee: Sharay Caamaño, Lucía Rod., Uxía, Ramos, Nerea, Martínez, Laura, Naiara Vázquez, Nayara Casais, Paula Veiga e Saray Duarte. Tamén: Lucía Caamaño, Valeria, Sabela e Minerva.
  • Goles: 0-1, m.4: Nerea; 0-2, m.74: Paula Veiga de penalti; 0-3, m.78: Paula Veiga.

Bo partido do Cee que xa comezaba moi forte adiantándose por medio de Nerea. Pero a primeira metade foi tensa, sen ocasións en ningunha das dúas áreas.

Na segunda parte, o Cee chegaría máis a portería pero non sería ata o minuto 74 no que Paula iríase soa ante a porteira e mediante un agarrón dunha xogadora rival provocaría un penalti, que acabaría convertindo en gol. Minutos despois Paula chegaría outra vez a área rival e poñería o 0-3 no marcador, o seu 19º tanto da temporada, quedando empatada coa dumbriesa Eva Lema no alto da táboa de máximas goleadoras.

3ª Div. Fem, Gr.2, xornada 13

Zas - Pastoriza B (2-2)

11 do Sporting Zas fem

  • Zas: Noelia, Lucia,Sara, Lara Tania Nerea Nuria, Carlota, María, Isa, Andrea. Tamen xogaron, Lorena Alvite e Lucía R.
  • Goles: 0-1, m.13: Luna; 0-2, m.32: Triana; 1-2, m.38: Nerea; 2-2, m.65: Nuria.

Zas-A Bana en San Andres

Gran remontada do Zas de Anxo, que na primeira metade, cando se decataron xa levaban dous goles enriba tras dous golpeos lonxanos das visitantes. A partir de aí, espertaron as zaseiras, subiron unha marcha de intesidade, tomaron o mando do medio campo, e antes do descanso Nerea recortaba distancias tras roubar un balón cerca da frontal e finalizar ela mesma a xogada.

Na segunda parte, con algún retoque para frear as conducións e golpeos das visitantes, o Zas estaba máis seguro atrás e ía chegando á área rival con certa asiduidade. Xa na hora de xogo Nuria nunha boa contra en xogada personal facía o empate. Os últimos 15 minutos foron de tolemia con ocasións en ambas porterías pero finalmente xa non se movería o marcador.

Sporting Zas-A Bana en San Andres

Mazaricos - Ponteceso (2-2)

11 do Mazaricos CF Fem

  • Maazaricos: Valeria, Antía, Silvia, Fátima, Buján, Raquel Antelo, Valentina, Claudia, Ánxela e Tamara. Tamén: Graci, Paula Maneiro, Paula Rod., Saray e Leire.

SD POnteceso fem en Mazaricos

  • Ponteceso: María (Karen), Berdeal (Virgi), Eva , Myre, Noe (Laura R.), Silvia, Lago, Muiño, Ainhoa, Oanes, Claudia (Lara).
  • Goles: 0-1, m.10: Claudia; 0-2, m.30: Claudia; 1-2, m.34: Tamara; 2-2, m.84: Silvia de penalti.
Eva e Tamara co colexiado Vitor Recarei no Mazaricos-Ponteceso FEM
As capis Eva Lema e Tamara co colexiado Vitor Recarei

Partido frouxo, con poucas ocasións entre dous dos equipos da parte alta da táboa. O Ponteceso saía cunha marcha máis, apretando moito cos longos saques de banda de Ainhoa, e metendo balóns na área. Pronto Claudia metía de cabeza e adiantaba ás de Curro.
A partires de aí o encontro foi tornando máis igualado e as de Mazaricos conseguiron facer algo máis de dano aínda que sen supoñer ningún cambio no marcador. Pero de novo, á media hora, Claudia volvería a aumentar a distancia cun moi bo gol de tiro cruzado dende a área.

Non tardaron en reaccionar as amarelas, que volvían meterse de cheo no partido tras unha falta que pega no pau, e no rexeite Tamara fai o 1-2.

Na segunda, Silvia, Oanes, Muíño e Eva Lago tiveron algunha chegada para as locais, sen perigo claro para Valeria, pero as amarelas non daban o partido por perdido, e no treito final, nunha xogada na área Tamara acabaría no chan tras unha xogada con Karen. O colexiado pitou a pena máxima e Silvia empatou de penalti.

Soneira - Camariñas (0-1)

  • Soneira: Martina, Laura Calvo, Rosa, Uxía Lema, Zoe, Cris, María Lema, Uxía Albors, Villaverde, Daniela e Leila. Tamén: Paula, Cristal, Sara Peña, Marcela e Sara Agra.
  • Camariñas: Desiré, Laura Garrote (Natty), Rocío, Rosana (Uxía), Laura Pose, María, Aitana (Maira), Laura Paredes (Lara), Yara e Paula Mouzo (Lola).
  • Gol: 0-1, m.50: Paula Mouzo.

Custoulle ao Camariñas superar a este novo pero aguerrido Soneira de Roland e Oli. As de Cabrejo dominaron, co vento a favor, a primeira metade, embotellando ás locais na súa área pero sen acerto. Yara, Laura Paredes e María intentábano pero a falta de acerto e o bo facer de Martina mantiñan a igualada no marcador, se ben Zoe e Daniela tamén tiveron unha contra que a piques esstivo de abrir o marcador para as locais.

Sañia ben o Soneira na segunda, mesmo xerando sensación de perigo, pero tras unha falta lonxana que colga o cadro camariñán, o balón cáelle a Paula Mouzo que fai o 0-1, que ao final sería definitivo.

O Soneira estirouse en busca do empate, apurando a unha gran Desire metendo atrás a un Camariñas que tamén lanzaba algunha contra por medio de Maira e Laura Pose.

Corcubión - Cerqueda (4-0)

  • Corcubión: Elena, Marta, Carla, Cris, Andrea Rod., Alexandra Lojo, Noa, Tati, María Castro, Ana Sierra e Trini. Tamén: Elisa, Heelna, Andrea Romero, Isa, e Serena.
  • Cerqueda: Inés, Saray, Rati, Carla Busto, Kayla, Carla Varela, Sonia, Andrea, Irene, Tati, Inés e Raquel.
  • Goles: 1-0, m.15: Noa; 2-0, m.25: Noa; 3-0, m.61: Serena; 4-0, m.65: Noa.

Con 11 xustas se presentaba o cadro cerquedán no Cubaleiro. O Corcubión de Rubén Castillo dominaba a través da posesión ante un cadro de Miguel Ángel Rod. que intentaba aguantar, pero foron aparecendo erros que permitiron que Noa anotase dous tantos no primeiro terzo de partido.

Na segunda, Serena estreábase como goleadora con cadro corcubionés e Noa completaba o seu triplete, ante unhas xogadoras malpicás que o deron todo no campo.

Bergantiños B - Cabana (3-0)

11 do Bergantinos B de futfem

  • Bergan B: Nereida, Antía, María García, Aroa, Carmen, Lorena, Yoursa, Amelia, Ahinoa, Antía, Clara. Tamén: Aisha, Arancha, Julia, Paula e Sara.

11 do Cabana nas Eiroas futfem

  • Cabana: Miriam, Alison (Nuria), Sheila (Antía Torres), Laura, María, Inma, Alejandra (Begoña), Iria, Saray (Aitana), Adriana.
  • Goles: 1-0, m.50: Arancha; 2-0, m.74: Paula Rivera; 3-0, m.77: Julia.

Dominaba o filial carballés dirixido por Noa Iglesias ante un Cabana moi concentrado arroupando á “internacional” Miriam, que volvía do seu adestramento con toda unha Selección Galega sub16.
As carballesas non eran quen de superar a liña defensiva das de José Manuel, que na outra área conseguían provocar algún córner sen consecuencias.

Adiantábase pronto o cadro local na segunda, e o partido abríase lixeiramente. O Cabana intentou estirarse, e á contra mataron as locais.

A Baña - Fisterra (1-0)

  • Fisterra: Lucía, Lidia, amara, Irene, Lucía, Aroa, Sandra, Jimena, Leny, María e Paula Valladares. Tamén: Cata, Isa, Jenifer, Antia e Xaira.
  • Gol: 1-0, m.84: Yolanda.

Un gol a 5 minutos do final permite ao cadro da Baña saír do posto de pechacancelas e superar a Cerqueda e ao propio Fisterra na táboa.

Corme - Muxía (4-2)

  • Corme: Lucía; Laura, Saskia, Aroa, Lucía (Candela); Zeltia, Carla (Irene), Cris e Naroa.
  • Muxía: Vero, Ana Toba, Paula Vilela, Andrea Insua, Nerea Barrientos, Nuria, Piroja, Patri Romaní, Barca, Elsa e Raquel. Tamén: Nerea Pazos, Claudia, Denise, Karen.
  • Goles: 1-0, m.12: Carla; 1-1, m.50: Paula Vilela nun córner; 2-1, m.56: Naroa; 3-1, m.58: en propia; 4-1, m.66: Naroa; 4-2, m.90: Barca de penalti.

Poderoso partido vivido no Cairo entre dous equipazos. Chegaban as de Isma Pose coa intención de recurta distancias co líder, e as muxiás demostraron poder competir man a man co equipo de Rubén Souto.
De feito, as vermellas foron superiores na primeira metade, tendo Patri a primeira gran ocasión botando unha falta ao longueiro. Pero practicamente na seguinte xogada, Carla si que transformaba unha falta dende o borde da área para poñer por diante ás locais.

Saían con todo as visitantes na segunda, e moi pronto nun córner Vilela marca un remate boísimo. Reaccionaría o Corme xerando un par de ocasión e aparecendo, como non, a figura de Naroa ao rescate (xa leva 24 a pichichi costeira, lonxe aínda da esteirá Rut, que leva 40). Gol importante o de Naroa, que deu moita calma ás locais. O partido estaba vivo, ata que pouco despois un gol en propia meta deixaba moi tocadas ás visitantes. Aí si que o partido parecía decidido, chegando o cuarto, de novo de Naroa. Aínda tivo arrestos o cadro muxián de virse arriba ns últimos minutos, con Patri e Barca ao mando, e metendo o seu segundo tanto dende os 11 metros.

3ª Div. Fem, Gr.4, xornada 13

Sonnoia - As Miúdas (0-0)

  • As Miúdas: Siaba, Atenea, Leire Gallardo, María González, Adriana, Ximena, Cris, Clara, Marta Verán, Sabela e Paty. Tamén: Leire Lamela, María García, Carlota.

Partido dominado polas muradás de Mané Senande, pero no que non estiveron acertadas cara gol. Paty tivo as dúas mellores ocasións, pero o balón non quixo entrar. A segunda metade foi algo máis igualada.

Céltiga - Esteirana (5-1)

  • Esteirana: Naira, Terre, Marta, Martina, Sara, Leti, Lara, Sandra, Nuria, Bárbara e Rut. Tamén: Maruxa, Nerea, Lidia, Uxía e Alba.
  • Goles: 0-1, m.11: Leti; 1-1, m.16: Paula Aguin; 2-1, m.55: Alba de penalti; 3-1, m.60: Patricia Cores; 4-1, m.66: Paula Aguin; 5-1, m.79: Paula Aguin.

Afrontaba esta finalísima adiantada na última xornada da primeira volta o cadro de Fran Figueroa, chegando invictas e despois de vencer o sábado 18-0 no partido que foi adiado polo temporal ante o pechacancelas.

As blaugranas entraron ben no partido, poñéndose por diante por medio de Leti e mesmo tendo un par de ocasións para ampliar a vantaxe. Pero non era o día, as xogadoras estiveron máis apáticas do normal, sen a intensidade necesaria para gañar os duelos.

As visitantes foron impoñendo o seu ritmo e na segunda metade foron superiores e acabaron marcando unha diferencia de goles, que visto o visto na primeira volta, pode ser chave para decidir o ascenso directo.

Outes - C. Boiro B (1-4)

    Outes: Candela, Nati, Cris, Claudia, Natalia Lago, Natalia Alonso, Uxía, Graci, Gema, Laura Lires, Erika. Tamén: Paula, Molinos, Miriam, Valeria e Xeila.
  • Goles: 0-1, m.7: María Rebollido; 1-1, m.32: Erika; 1-2, m.46: María Rebollido; 1-3, m.59: Mariela; 1-4, m.89: Julia Bastida.

Chegaban os dous equipos igualados na táboa, peor comezaron atenazadas polos nervios as de Dani, que fixeron que os primeiros 25 minutos o Boiro as superase en marcador e en xogo. Lograron igualar o marcador antes do descanso e desfacerse un pouco deses nervios para recuperar sensacións.

Pero nada máis comezar a segunda metade, un despiste custaba outro tanto, provocando un baixón nas da Serra. A partir de aí intentaron tomar a iniciativa, salvando envorcándose en ataque sen fortuna cara gol, e deixando espazos que foron aproveitando as visitantes.

Máis info

Todas as crónicas do FUTFEM

Comentarios