FUTFEM: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada

Volveu rodar o balón tralo parón de Nadal e traemos estas pequenas crónicas cribadas pola malla dunha gripallada.
2ª División: O Xallas aspira a todo e o Dumbría alcanza ao Cee
Comezamos o repaso pola 2ª División, que rematou a primeira volta, co Xallas como gran protagonista. As de Eloy vencían en Brexo Lema e rematan na 2ª praza, en postos de ascenso directo, a apenas 1 punto das líderes, o Pastoriza, pero sobre todo, con 6 puntos xa sobre o Tordoia. As xalleiras son o equipo máis en forma da competición con 7 vitorias consecui vas vencían con dous tantos de Barcia e Olalla de fermosa falta.
Se o Cee caía na Coruña ante un potente Orzán B, o Dumbría si que conseguía vencer ao Lugo B. As de Santi Lira se colocaban pronto por diante gracias os goles de Eva (2) e Paula Fandiño, relaxábanse un pouco e permitían que o filial se metese no patido, pero na segunda metade, Paula sentenciaba. Aimaxe do partido protagonizouna a pichichi Eva Lema que tivo que poñerse baixo paus trala expulsión de Liss.

3ª División: Corme e Esteirana, impecables
10 de 10 suman Corme e Esteirana. No Gr.2, As de Rubén Souto superaban a proba do Cubaleiro con boa nota, cun rotundo 3-7 e os goles de Naroa (3), Carla (2), Ana e Saskia, que facían inútiles os tantos de Andrea Romero (2) e María Castro.
Xa a 6 e 8 puntos de diferencia quedan Mazaricos e Muxía. As amarelas vencían a Camariñas cos tantos de Valentina e María Senra nun duelo moi igualado ao que chegaban os dous equipos cos mesmos puntos. As muxiás golearon á Baña sen piedade. A 9 do liderato quedan Camariñas e Ponteceso, que tamén goleaba ao Fisterra.
Polo demais, o Zas celebraba a súa segunda vitoria da historia ante o Cerqueda. Isa abría o marcador cun remate de cabeza a centro de Nerea, e está última faría o definitivo 0-2 cun golazo de falta nos últimos minutos.
O Cabana demostrou máis veteranía ante o Soneira e o superaba por 0-4, cos tantos de Adriana e Irene, que completaba outro triplete.

Xa no Gr.4, nova goleada da Esteirana (ollo aos seus números: 71 goles a favor e 12 en contra) que agarda á última xornada da primeira volta para enfrontarse á gran rival: un Céltiga que suma tamén 10 de 10.
As que veñen de menos a máis son as Miúdas, que se colocan 6ª na táboa tras golear a un Mosteiro que chegaba por diante na táboa. 3 tantos de Paty, 2 de María, e 2 de Ximena deron conta da melloría das muradás.
E quen tamén vén de menos a máis é o Outes que vencía ao Sonnoia por 1-0 cun tanto de Carla, demmostrando as de Dani unha gran capacidade.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.