Ponse líder o Xallas, único equipo sénior que xogou, e gañou, nesta finde de temporais

Suspendeuse toda a xornada dominical no Fútbol da Costa, de xeito que só o Xallas FEM, único equipo que adiantaba o seu partido ao sábado, puido competir.
Sentoulle ben ademais a xornada ás de Eloy García Fateira, que volvían, despois dun mes, a xogar en Fontenla. A vitoria por 1-0 ante o Cultural Maniños permítelle ás xalleiras colocarse líderes provisionalmente, cun partido máis que o gran rival, o Pastoriza, que terá que superar ao Dumbría para superar (queda a 2 puntos) ao cadro verde.
As xalleiras saían moi metidas no partido, e malia ter que cambiar a Laura por non ter superado un proceso vírico, dominaban o tempo do partido, ante un rival en postos de descenso. Así e todo estaban algo espesas no xogo as locais, con pouca claridade pero aínda así Sonia, titular hoxe na dianteira por primeira vez, avisou á porteira rival. Olalla, Noe ou Espasandin tamén tiveron algun tiro lonxanl. O gol chegaria nunha gran xogada de Barcia que volve repetir o pase da morte para que Sonia empuxara a pracer.
Na segunda parte as de Eloy intentaron subir algo mñais o ritmo, pero o equipo seguía sen estar fino no último pase. Barcia probou a calidade da meta visitante, pero o gol da tranquilidade non deu chegado.
Máis novas
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 14-01-25: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada.
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.