Futfem: Por fin chegou a primeira vitoria das Miúdas
Perdeu o Bergan unha oportunidade para sentenciar o título da liga regular, pero as de Gueli teñen aínda dous partidos para certificalo, unha vez que xa teñen o pase á fase de ascenso á 1ª Nacional.
Na 2ª, a xornada foi positiva para 3 dos 4 equipos. O Cee mantense a tiro de pedra do Noia e aproveitou o duelo directo entre Calo e Cacheiras para colarse á segunda praza. O Cerqueda vencía ao Unión e afianza unha 5ª praza que quedaría sen premio, pero seguirá loitando ata o final por meterse entre as 4 primeiras.
Non puido o Xallas co líder, pero si que disfrutou o equipo das Miúdas da súa primeira vitoria ante o pechacancelas.
Mala xornada tamén para o Mazaricos, que ve como o Terra de Montes se distancia no alto da Liga F7 de SAntiago atras endosarlle a primeira derrota na Picota ás amarelas.
1ª División Feminina, Gr.1, xornada 16
Lugo - Bergantiños (2-0)
- Bergantiños: Andrea, Inés, Yaiza, Tati, Laura Caamaño, Paula Sieira, Lara López, Elena, Alba, Zaida e Cruz. Tamén: Noelia, Lorena, Bárbara, Carla e Marián.
- Goles: 1-0, m.1; 2-0, m.28.
O choque formulábase como unha final para o Lugo, equipo feito para cumprir o obxectivo de meterse na fase de ascenso, e que necesitaba a vitoria. As de Gueli tiñan a ocasión de pechar o título da Liga, pero o choque se vía condicionado polo gol inicial, antes de que sumplise o primeiro minuto das lucenses tras un erro da defensa carballesa.
A circulación rápida e ritmo forte das locais permitíronse levar o peso do partido na primeira metade. Se ben as carballesas tiveron algunha ocasión á contra, o Lugo certificou a súa superioridade co segundo tanto.
Os cambios de Gueli na segunda fixo que arriscasen máis, chegando con ocasións de Cruz, Alba, Zaira, Lara López… pero sen acerto.
Queda unha semana de descanso, para afrontar a penúltima xornada contra o Friol na casa para asegurar o primeiro posto da liga regular.
2ª División Feminina, Gr.3, xornada 16
Cee - Praíña (6-0)
- Cee: Noemí, Lucía Rod., Andrea, Alba, Nerea, Lucía Canosa, Saray Duarte, María Lijó, Sharay Caamaño, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Laura, Ruth, Nayara, Antía e Lucía Facal.
- Goles: 1-0, m.1: Sharay Caamaño; 2-0, m.16: Lucía Canosa; 3-0, m.31: Sharay Caamaño; 4-0, m.458: Saray Duarte; 5-0, m.66: Lucía Canosa; 6-0, m.83: Lucía Canosa.
Sen piedade o cadro de Rafa que se adiantou aos 35 segundos, tras un bo centro de Uxía e remate de Sharay Caamaño. Pouco despois Uxía e Saray marcaban de novo, e o choque xa quedaba sentenciado. Na segunda as ceenses seguiron enchufadas, presionando moi arriba, e xerando ocasións de gol para que Lucía Canosa fixese un triplete e puidese ter sumado aínda máis tantos. Xa leva 11, entrando entre o quintento de pichichis da categoría.
Cerqueda - Unión (4-1)
- Cerqueda: Lidia, Gabi, Paula, Zeltia, Eva, Lorena, Natalia, Ana Suárez, Naroa, Saskia, Raquel. Tamén: Nuria Varela, Nuria Veiga, Lucía e Isa.
- 0-1, m.56; 1-1, m.60: Ana Suárez; 2-1, m.65: Gabi; 3-1, m.87: Naroa; 4-1, m.93: Naroa.
Partido dominado e cheo de ocasións para as locais, as cales non foron capaces de materializar ata que se viron por baixo no marcador.
Na primeira ocasión do Unión en todo o partido serviría, xa tralo descanso, para que se puxeran por diante ao rematar un córner. Pero duro a alegría nas visitantes xa que Ana marcou á saída doutro corner para subir o empate ao marcador. Aí gañou efectividade o equipo local e pouco despois Gabi sumaría o 2º do equipo ao aproveitar un pase filtrado. Preto do final Naroa redondearía o resultado primeiro nunha acción por banda e despois ao aproveitar un rexeite no área.
Xallas - Noia (0-4)
- Xallas: Xiana; Laura, Alicia, Rita e Maite; Michelle, Luchy, María e Xastia; Yoli e Yasmina. Tamén xogaron, Andrea, Rosio, Olalla, Inés e Tania.
Xa desde o minuto 1 o líder xa demostrou as dúas credenciais, e a súa intención clara de gañar o encontro en Santa Comba. Cun dominio absoluto do tempo do partido, controlando e dominando o medio campo con velocidade nas transicións ofensivas, creaban perigo continuamente. Foi no minuto 10 cando bicaron por primeira vez nas redes do Municipal de Fontenla e parece ser que lles gustou que nos minutos 15 e 30 da primeira metade repetiron.
Na segunda parte o equipo visitante baixou o ritmo e o partido foi máis igualado pero aínda así conseguiron un novo gol.O Xallas na segunda metade mereceu o gol da honra en varias ocasións pero non se puido converter.
As Miúdas - Amio (5-0)
- As Miúdas: Adriana; Pau, Clara, Mariña, Sofía; Ana, Noa; Marta, Leti, Saray e Pati. Tamén: Nerea, Sabela, Alba e Uxía
- Goles: 1-0, m.30: Sofía; 2-0, m.37: Pati de penalti; 3-0, m.65: Saray; 4-0, m.65: Marta; 5-0, m.88: Pati.
Por fin celebraron a primeira vitoria as xogadoras de Juan Carlos, no primeiro partido que conseguían xuntar 15 xogadoras na convocatoria.
Comezou o partido entre as colistas cun ritmo trepidante, con chegadas ás dúas áreas. Pouco a pouco o campo foise inclinando cara a meta visitante, tendo cada vez ocasións máis claras. E tanto chegar que á media hora Sofía abría a lata cun tanto de tacón. Deu tranquilidade ese tanto ás muradás que cada vez xogaban e combinaban mellor. Pati facía o segundo dende os 11 metros e as visitantes se viñeron abaixo, como tantas veces lle acontece esta tempada as de negro, e na segunda parte foi máis fácil chegar e facer os tres goles restantes.
Liga F7 Santiago
Mazaricos - Terra de Montes (1-2)
- Mazaricos: Pedrosa, Ánxela, Claudia, Tamara, Graciela, Lúa e María Jirra. Tamén xogaron: Lucha, Katia, Fátima, Natasha e Daniela.
- Goles: 0-1, m.8; 0-2, m.27; 1-2, m.40: Lúa.
Enfrontábanse as da Costa ás líderes na mañá do sábado para recuperar o terreo perdido nas últimas semanas. Entraron mellor no partido as visitantes, que aos 8’ se adiantaba con un gol desde o medio campo, que sorprendía por arriba a Pedrosa. O Mazaricos tiña a posesión, pero non era quen de marcar. Xa na segunda metade, ós 27’ subía o 0-2 ó marcador tras un saque de esquina que se cola entre o poste, a defensa e a porteira.
Xa a remolque e tomando moitos riscos, e cunha Lúa espectacular no tramo final conseguía reducir distancias cun golazo que lle daba emoción ós ultimos minutos. Non foi suficiente o empuxe final das marelas que caían derrotasas por primeira vez na Picota (2ª na temporada) e permiten ó Terra de Montes distanciarse en 6 puntos.
Crónicas do FUTFEM
- 15-02-22: #FutFem: O Bergan ratifica a súa presencia na fase de ascenso á categoría Nacional.
- 08-02-2022: Futfem: Xornada de empates de diferentes sabores.
- 01-01-2022: Futfem: O Bergan segue imparable; o Cee cae no desconto e Cerqueda e Xallas asinan táboas.
- 25-01-2022: Futfem: O Cerqueda achégase arriba tras vencer a unhas entregadas Miúdas.
- 18-01-22: O derbi quedou en Cee.
- 11-01-22: #Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita.
- #Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita