FUTSAL: Unha vitoria para papá

Que ben cae, hoxe, Día do Pai, recoller a crónica da familia do Fisober, unha vez que as costeiras dedicaron a súa vitoria en Verín a todo un pai, para elas, e para a súa nova crianza, Fran Toba.
3 veteranas e 3 novas xogadoras fixero un esforzo acorde ó seu compromiso para sacar adiante 3 novos puntos que as devolven á 4ª posición aínda que con 1 partido máis respecto ó Burela “B”.

Pola súa parte, o cadro masculino non puido cun dos de arriba a pesar de facer un gran partido.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA, x.22

  • Resultado: EDC VERÍN - FISOBER FSF (1-6).
  • FISOBER: Sharay, María, Barca, Saray, Patri; tamén: Ana.
  • Goles: 0-1 min.1 Saray, 0-2 min.6 Barca, 0-3 min.7 Patri, 0-4 min.16 Saray, 0-5 min.25 Barca, 0-6 min.28 Barca, 1-6 min.30 Lucía.

O Fisober viaxaba baixo mínimos a un dos desprazamentos máis longos da temporada, que por diferentes motivos facía ir con 6 efectivas, algunha delas que en condicións normais non xogaría por lesión.

Comezaba o partido coas costeiras apretando para evitar calquera tipo de relaxación ou contratempo inicial, e nos primeiros 10 minutos de partido subiron os primeiros goles ó marcador, ademáis de outras tantas ocasións que ben puideron ampliar a renta, mentres as locais intentaban inquietar a portería de Sharay con tiros lonxanos que eran ben rexeitados por esta. Finalmente o Fisober sumaba un tanto máis para chegar con 0-4 ó tampo de lecer.

A volta de vestiarios o Verín tratou de saír cun punto máis de intensidade para recurtar diferencias, lograron ter algunha chegada perigosa sen éxito, mentres que as costeiras algo máis replegadas saían ben á contra e lograban ampliar vantaxe para ter máis comodidade se cabe para o tramo final do encontro, no que chegaría outro novo tanto visitante e un último local logo dunha xogada de estratexia que pillaba as xogadoras do Fisober descolocadas e facía o definitivo 1-6.
A vindeira xornada visita Dumbría o líder, Estrela Futsal.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA - X.24

  • Resultado: FISOBER FSF - RIBEIRA FS “B” (2-4).
  • FISOBER: David, Pablo, Iago, Juan, Mario Ferreiro; tamén: Brais, Edgar, Mario, Suso, Carlos, Javi.
  • Goles: 0-1 min.15; 0-2 min.21, 1-2 min.25 Iago, 1-3 min.33, 2-3 min.34 Juan, 2-4 min.39.

Bo partido do Fisober, ao que tan só a falta de acerto a portería rival, sobre todo na primeira metade, os separou de sumar algún punto ante un rival que chegaba como 5º clasificado e con serias opcións de xogar o playoff de ascenso a 3ª División.

Comezaba presionando ben o conxunto costeiro e tendo balón, nuns primeiros minutos de tanteo sen ocasións para ningún dos equipos, ata que chegou un primeiro arreón local con varias chegadas tanto de xogada como en estratexia, pero tódolos intentos atopaban un muro que acabaría sendo decisivo, o porteiro lucense.

Mediada esta primeira metade, logo de 2 man a man e algunha outra ocasión perigosa, ademáis de boas paradas de David para manter a igualada, chegaba o tanto visitante nun tiro lonxano que provocaba un rexeite na área do Fisober que se convertía no 0-1, co que se chegaría ó descanso.

Logo do paso por vestiarios, o Ribeira “B” sacaba de centro e en 15 segundos facía o 0-2, un duro golpe para os locais que logo de ter numerosas ocasións, víanse con 2 goles por debaixo sen demasiada explicación.

O paso dos minutos e a boa actuación de Brais fixo que o Fisober volvese a coller folgos e recurtaba distancias ademáis de sumar ocasións sen premio, mentres que a falta de 7 minutos chegaba un momento tolo de partido onde o marcador se poñía 2-3 e parecía que de novo viña o momento dos costeiros, que ata fallaron un remate cando xa todo o pavillón cantaba gol a falta de 20 segundos. Nese mesmo saque de porta chegaba o definitivo 2-4, deixando un gran partido, boas sensacións, pero 0 puntos.
A vindeira xornada desprázanse ata Pontedeume.

Máis crónicas do FUTSAL

Outras novas sobre o FUTFEM