FSF: Doble goleada da familia Fisober

Doble e importante vitoria para a familia Fisober. As chicas recuperaban a senda da vitoria tras tres derrotas seguidas, mentres que os chicos vencían acadaban o seu primeiro triunfo a domicilio ante un rival directo ó que ademais lle sacou o average, o que lle permite ter un certo marxe co descenso.
PREFERENTE FUTGAL FEMININA, xornada 21
- Resultado: FISOBER FSF – CONCELLO DE BEGONTE (5-1).
- FISOBER: Sharay, María, Barca, Saray, Paula Fandiño; tamén: Patri, Ana, Sabela.
- Goles: 1-0 min 4 Barca, 2-0 min 7 Paula Fandiño, 3-0 min 21 Barca, 4-0 min 24 Barca, 4-1 min 28 Shei, 5-1 min 32 Barca.
O Fisober rachaba a xeira negativa e voltaba a senda do triunfo na tarde do domingo, cun poker de goles de Barca. O Fisober moi concentrado quería saír da mala xeira de resultados e dispúxose a controlar o partido dende o principio. Xa ós catro minutos Barca facía o primeiro gol para darlle tranquilidade as súas. No sete era Paula Fandiño a que aumentaba distanzas. O equipo combinaba ben e chegaba con perigo a porta visitante, con moitas ocasións pero que non fructificaron máis nesta primeira metade, na que Sharay tivo pouco traballo.
A volta de vestiarios case sen colocarse Barca fixo o terceiro e o cuarto para as locais, pechando case o partido. A visitante Shei reducía o marxe no electrónico, pero Barca facía o quinto do seu equipo e o cuarto na súa conta, amosando que xa volve a coller ritmo despois de pasar por quirófano e unha longa recuperación. Co cinco a un chegouse ó asubío final.
A vindeira xornada toca visitar Verín.
PREFERENTE FUTGAL MASCULINA, xornada 23
- Resultado: A ESTRADA FUTSAL INVERSIA SEGUROS – FISOBER FSF (1-5)
- FISOBER: David, Juan Emilio, Iago, Pablo Costa, Mario Ferreiro; tamén: Brais, Iván, Suso, Edgar, Mario Areas.
- Goles: 0-1 min 5 Iván, 0-2 min 8 Juan Emilio, 1-2 min 25 Devesa, 1-3 min 26 Juan Emilio, 1-4 min 36 Iago, 1-5 min 38 Brais.
O Fisober saiu consciente da importancia do partido, e a pesares das baixas impuxeron o seu ritmo dende o saque de centro. A primeira metade foi de presión e ritmo alto. Recuperando o balón arriba e cando tocaba ter posesións longas porque o rival esperaba a media pista, tamén o fixo.
Despois dunhas primeiras ocasións claras, dúas boas xogadas en equipo remataron cos goles de Iván e Juan Emilio para poñer o dous a cero no electrónico. Nos últimos minutos desta primeira metade abriuse o partido con ocasións para ambos equipos, aparecendo David na portería costeira para evitar que os locais abriran a súa lata e chegar co cero a dous ó tempo de lecer.
A volta de vestiarios os locais apretaron conscientes tamén da importancia do partido. Pecharon o Fisober que atrasou a súa defensa e saía a contra. Agora na portería un Brais que freaba os locais. Que marcaban por mediación de Devesa. Por sorte para os costeiros Juan Emilio pronto poñía de novo dous goles de vantaxe. O gol deulle pouso a un Fisober que voltou a controlar o partido con ocasións e tiros ó ferro, saíndo a contra. Cando os locais arriscaron co xogo de cinco, un gol de Iago e outro do porteiro Brais pecharon o partido e o average co definitivo un a cinco.
A vindeira xornada chega a visita do lucense. Ribeira FS B.
Máis crónicas do FSF
- X.20: O Fisober masculino escapa do descenso vencendo a un rival directo.
- X.19: O Fisober masculino suma un importante punto.
- X.18: As baixas condenan aos dous equipos sénior do Fisober
- X.16: Doble derrota da familia Fisober
- X.15: FSF: O Fisober masculino saca a cabeza do pozo e o FEM segue gañando.
- X.12: O Fisober non puido pechar o ano con vitoria.
- X.11: O Fisober prepara, con goles, o asalto á Cidade de Pontevedra.
- X.10: O Fisober volve coller velocidade.
- X.9: Xornada con doble vitoria para a familia Fisober.
- X.8: O Fisober sucumbe ante o intratable líder.
- X.7: O Fisober coller velocidade de cruceiro para enfrontarse ao líder
- X.6: Fundamental triunfo do Fisober en Guitiriz
- X.5: O Fisober retoma o pulso da temporada.
- X.4: O Fisober non arrinca.
- X.3: Novo susto para o Fisober.
- X.2: O Fisober déixase 2 puntos en Vigo.
- X.1: O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional