luns. 17.03.2025
El tiempo

FSF: O Fisober masculino escapa do descenso vencendo a un rival directo

Fisober Masculino no Conco
Imaxe do choque do Fisober Masculino no Conco
FSF: O Fisober masculino escapa do descenso vencendo a un rival directo

Mentres as xogadoras de Fran Toba sumaban a súa terceira derrota consecutiva (é certo que no se xogan nada), os xogadores do Fisober Masculino sumaba unha nova e importante vitoria na súa loita pola salvación. O cadro costeiro gañou con solvencia ante un rival directo, ao que ademais lle gañou o average, e colle un pouco de aire, 5 puntos, con respecto ó descenso.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA, xornada 20

  • Resultado: CIDADE DAS BURGAS – FISOBER FSF (6-4).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Barca, Saray; tamén: María, Alba, Ana.
  • Goles: 0-1 min 2 Paula, 1-1 min 6 Dunia, 1-2 min 13 Paula, 1-3 min 15 Patri, 2-3 min 27 Antía, 3-3 min 28 Dunia, 3-4 min 29 Barca, 4-4 min 35 Clara, 5-4 min 38 Dunia, 6-4 min 39 p.p.
Ana Mouzo xunto Sonia do Cidade das Burgas volveu as pistas co Fisober
Ana Mouzo xunto Sonia do Cidade das Burgas 

Ata o mítico pavillón dos Remedios de Ourense, contra un histórico como o Cidade das Burgas, desprazouse o Fisober, nunha tarde de sábado na que voltaba a capitana do Fisober, Ana Mouzo as pistas despois duns meses apartada.

Iniciou moi ben o Fisober que marcou o pouco por medio de Paula Fandiño. Igualaba Dunia ós seis minutos. Pero o Fisober estaba a ser un vendaval e novamente Paula Fandiño e Patri puxeron o un a tres. As ocasións chegaban pero entre os paus e a boa actuación impediron que a vantaxe o tempo de lecer fora meirande. O Fisober fixera probablemente a mellor primeira parte en xogo ofensivo do curso.

Pero esto provocou que as costeiras saíran relaxadas do vestiario, e as das termas saíron a por todas. O Burgas dominou de principio a fin esta segunda metade. Aínda que tardaron en lograr o dous a tres, este gol deulles folgos e puxoas no partido. A pesares de que Barca foi quen de lograr o tres a catro xusto despois de que igualaran as locais, foi un espellismo. Porque o Burgas deulle a volta o electrónico e levouse o partido despois da súa boa segunda metade.
O Fisober voltará a competición despois do parón de Entroido recibindo ó Concello de Begonte.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA, xornada 22

Plantel do Fisober masculino 02-2025

  • Resultado: FISOBER FSF – EMDEN FS (8-3).
  • FISOBER: Brais, Javi, Alex, Carlos, Iván; tamén: Mario Ferreiro, Suso, Iago, Pablo Costa, Juan Emilio, Mario Areas, David.
  • Goles: 1-0 min 12 Juan Emilio, 2-0 min 14 Pablo, 3-0 min 18 Álex, 4-0 min 21 Carlos, 5-0 min 23 Carlos, 6-0 min 24 Iago, 7-0 min 27 Suso, 7-1 min 32 Rodri, 8-1 min 34 Carlos, 8-2 min 35 Bieito, 8-3 min 36 Alejandro.

Empezou presionando moi ben o conxunto costeiro, aídan que de incio non chegaron os goles. O primeiro foi unha combinación entre Carlos, Iago e Pablo para o gol de Juan Emilio. O segundo unha xogada de estratexia definida por Pablo. E o terceiro unha presión de Pablo rematou co gol de Álex.

Co tres cero chegouse o tempo de lecer e xusto a volta de vestiarios un gol de Carlos deu solvencia ó resultado. Despois novamente Carlos, Iago e Suso puxeron o sete a cero no electrónico. Con ese resultado os dous equipos abrironse máis e chegaron novos goles ata o definitivo oito a tres final, na que os porteiros locais Brais e David tamén se luciron.
O próximo partido será a visita A Estrada ante outro rival directo, que tamén está, como o Edem, a 5 puntos dos dumbrieses.

Máis crónicas do FSF

Outras novas sobre o FUTFEM

 

Comentarios