luns. 17.03.2025
El tiempo

FSF: O Fisober masculino suma un importante punto

Fisober Masculino futbol sala febreiro 25
FSF: O Fisober masculino suma un importante punto

Nova semana con malos resultados para os dous equipos sénior do Fisober. O equipo feminino voltou a caer, desta volta fronte ó Composala, ó igual que na primeira volta e xunta dúas derrotas seguidas. As de Fran Toba seguen na 4ª praza, sen moito en xogo.

Máis en xogo teñen os chicos, en plena loita por evitar o descenso. Por iso, o puntiño sumando na casa ante o Vilalba sabe a ouro, posto que lles permite seguir fóra dos postos de descenso unha xornada máis, con dous puntos de marxe.

REFERENTE FUTGAL FEMININA, xornada 19

  • FISOBER FSF – C D COMPOSALA: 2-3
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Barca, Sabela; tamén: Andrea, María, Alba, Saray.a.
  • Goles: 1-0 min 14 Barca, 1-1 min 16 Raquel, 1-2 min 23 Aurora, 1-3 min 39 Navia, 2-3 min 39 Paula Fandiño.

Xogadoras do Fisober celebrando un gol

As visitantes estiveron mellor cas locais durante todo o partido. A primeira metade estivo igualada aínda que as costeiras nunca estiveron metidas no partido e a falla de acerto de ambos conxuntos fixo que non houbera máis goles. A pesar de todo o Fisober adiantouse no marcador cun gol de Barca que sigue co seu idilio goleador dende a volta da lesión, cinco en cinco partidos. Pouco lle durou a ledicia as locais xa que igualaba Raquel. Co un a un chegouse o tempo de lecer.

Barca co Fisober gol
Barca celebrando un tanto

A volta de vestiarios Aurora poñía en vantaxe as visitantes que xa non deixaron o mando do partido. Nun último minuto tolo primeiro Navia facía o terceiro visitante e Paula Fandiño daba esperanzas as súas de puntuar pero xa non foi posible.
A vindeira xornada visita ó mítico Cidade das Burgas.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA, xornada 21

Fisober Masculino futbol sala febreiro 25

  • FISOBER FSF – GRUPO FORMA T VILALBA B: 2-2
  • FISOBER: Brais, Iván, Javi, Juan Emilio, Pablo Costa; tamén: David, Edgar, Alex, Iago, Champi, Suso, Carlos.
  • Goles: 0-1 min2 Diego, 1-1 min 17 Pablo Costa, 1-2 min 18 Javi, 2-2 min 19 Iago

Partido moi igualado o que se viviu en Dumbría, no que comenzaron mellor os visitantes con perigo en ataque e dominando. Xa que logo Diego adiantou os chairegos case de saída. Os costeiros non eran quen de defender ben presionando o catro cero rival. O que fixo que o Fisober se pasase boa parte da primeira metade pechado defendendo. Despois entre as boas paradas de Brais e que foron facéndose algo máis co balón foron creando algunha que outra ocasión. Nos últimos minutos da primeira metade chegou o mellor momento dos costeiros. Con ocasións de perigo sobre todo con xogadas de estratexia. Unha boa xogada de Javi, Iago e Pablo Costa que foi o que fixo o gol, chegaba o empate. Pouco durou porque no saque de centro marcaban os visitantes despois dunha mala presión. Pero unha xogada de Pablo Costa e Iago voltaba a igualar o partido. 

Co empate a dous chegouse ó tempo de lecer. A volta de vestiarios os visitantes tiveron algunha ocasión pero foron freados por Brais e David na portería. A presión local foi moito mellor nesta segunda metade o que fixo que tiveran ocasión para poñerse por diante. Nos últimos minutos tentouno o equipo visitante co xogo de cinco pero o marcador xa non se moveu. Cun empate que semella xusto polo visto sobre a pista.

A vindeira semana de novo coma local o Fisober xoga un importante partido fronte ó Emden.

Máis crónicas do FSF

Outras novas sobre o FUTFEM

 

Comentarios