mércores. 04.12.2024
El tiempo

O Interrogatorio de Leis con… Gini Vidal

  • “Todo isto é culpa de Suso da Torriña. Suso é unha institución no Corme, e no fútbol da Costa. Suso sempre está”.
  • “O Cairo é máis ca un campo de fútbol. Son recordos, son historias de amistad, esforzo dun pueblo por conseguir algo de seu. É orgullo.
  • “O futuro do club pasa sempre pola xente que ven atrás, fortalecer as raíces e seguir promovendo os valores que nos definen como club. Inculcando o sentido de pertenenza”.
  • “Creo que os clubs do Fútbol da Costa tíñamos que ser un pouquiño máis unidos, porque non o somos”.
A presi do Corme Gini Vidal
A presi do Corme, Gini Vidal
O Interrogatorio de Leis con… Gini Vidal

Unha das cousas máis espectaculares que ten o noso fútbol son os seus míticos campos nos que se respira fútbol polos catro costados, din que cando estás namorado sentes cóxegas no estómago, os que estamos namorados do fútbol costeiro sentimos esa sensación todas as fins de semana, pero hai campos no noso fútbol onde ese cóxego se intensifica a medida que te achegas, un deles é, sen dúbida, O Cairo. Cando chegas a Corme e comezas a subida cara o seu campo vívese en primeira persoa ese “cosquilleo”.

Hoxe subimos ao Cairo para que nos digan dende dentro como é vivilo cada fin de semana e non hai ninguén mellor que a sua presidenta para transmitirnos todo o que é e significa o Corme. Imos aló, coa presidenta do club, Higinia Vidal, “Gini”.

banner alvaro fdc 580x90

  • Primeira presidenta do club. Cal foi a túa sensación cando saíches elixida para o cargo?

A sensación, que é a que ainda teño hoxe en día, é a da responsabilidade e orgullo.
Éramos a única candidatura presentada, de xente que levaba anos vinculada ao club, e entendemos este paso como unha oportunidade única para traballar por e para o club que tanto significa para o pueblo e os socios e socias.

  • Perteneces a unha familia moi vinculada ao Corme, cal é o teu primeiro recordo no Cairo?banner-deluxe-macrober-cee

O primeiro recordo, como primeiro recordo non o teño moi claro. Subín desde moi pequeniña ao Cairo da man de miña abuela Rosalía e das súas inseparables, Herminia, Carmen da Marinera e Teresa de Alejandrina. Pasábanse os partidos cantando cancións de animación ao Corme, e sempre acompañábamos ao Corme ao viaxes.

  • A túa implicación co club vén de lonxe, pero que te levou a dar o paso para presidilo?

Máis ben, quen me levou a dar o paso… todo isto é culpa de Suso da Torriña. Jajaja
Eu xa estaba na Directiva, varias personas tiñan ganas de ir deixando, eran moitos anos na directiva, con todo o que eso leva, e decidimos formar “equipo” pois parte da Directiva e máis voluntarios do club.

  • É que claro, se un pensa no Corme a nivel organizativo instintivamente á cabeza vai a Suso da Torriña, fálanos del.

Creo que pouco podo falar de Suso, non vou dicir nada del que non se sepa. Suso da Torriña é unha institución no Corme, e no fútbol da Costa.
Suso foi meu profe de inglés no cole de Corme, Suso entrenábanos para o baloncesto, Suso entrenábanos para o Campo a través, chegabas ao Cairo e alí estaba Suso… Suso sempre está. Eu quérolle moito, con isto penso que digo todo.

  • Dentro do club tendes un sentimento de pertenza moi forte. Poucas persoas poden explicalo mellor ca ti, cóntanos que é o Corme e que significa para os que formades parte del.

O Corme é moito máis ca un club de fútbol, parece un tópico, pero é así. É orgullo e tradición. Para os que formamos parte del, representa o esforzo colectivo, os valores de traballo en equipo e o amor polo noso. O Corme é o lugar onde as xeneracións se atopan, onde os máis pequenos soñan e onde os maiores se involucran para que esto siga en pé, temos o caso de Lucas, Eloy, Isra, Noel, Aitor e Xoel que son xogadores do senior e adestran e son delegados das categorías inferiores.
É unha familia que vai máis aló do campo de fútbol.

  • A creación da categoría feminina é un paso máis no crecemento do club e en tan só dua tempadas lideran xa a súa liga con paso firme. Como ves o futuro do voso equipo e do fútbol feminino en xeral?

A creación da categoría feminina foi un paso moi importante e ilusionante para o club. Ver o equipo crecer en tres temporadas é unha mostra do traballo incansable e do talento e das nosas xogadoras e corpo técnico. O futuro deste equipo é prometedor, non só polos resultados, senón pola conexión que hai no vestuario.
Creo que o fútbol feminino está nun momento clave, e nós queremos ser parte dese cambio, dando visibilidade, apoio e oportunidades para que siga crecendo. Estou convencida de que o mellor está por vir, tanto para o noso equipo como para o fútbol feminino en xeral.

  • Ademais do Sénior feminino e masculino, que máis categorías tedes?

Este ano, en total temos 7 categorías, a parte dos dous sénior, temos Benxamín, Alevín, Cadete, Xuvenil e Veteranos.

  • Nas últimas tempadas o primeiro equipo masculino foi perdendo xogadores que deron un rendemento excepcional e agora está inmerso nun importante cambio xeracional, visto desde a distancia parece difícil substituir tanto talento, como o vedes dende dentro?

A vida son momentos, e é cuestión de tempo que estes cambios se vaian dando. Cada certo tempo hai cambios generacionales, nós parece que non os sufrimos tanto porque sempre quedan xogadores “máis maiores” que van tirando do carro e axudan nese proceso de cambio.
O cambio está aí, pero o grupo que hai agora no sénior masculino, é un grupo bonito, xoven, moi “Baby Corme”, que promete, e é cuestión de tempo que o traballo vaia dando os seus froitos. Vou con outro tópico, pero o importante, nestas ligas, é disfrutar do que fas, e eso é o único que lle pedimos.

foto de familia do Corme celebrando a Copa da Codta Xuvenil do 2019 en Zas
Foto de familia do Corme celebrando a Copa da Costa Xuvenil do 2019 en Zas, con Gini, Suso da Torriña e Alejandro Torrado
  • Por onde pasa o futuro do Club?

O futuro do club pasa sempre pola xente que ven atrás, fortalecer as raíces e seguir promovendo os valores que nos definen como club. Inculcando o sentido de pertenenza. Consolidar as categorías e seguir dando a oportunidade para que quen desexe formar parte do club teña o seu espacio. Que o Corme siga sendo un referente, non só a nivel deportivo, senón como motor social e símbolo de identidade para a nosa xente.

  • E o do fútbol costeiro?banner_omoncho

Creo que se presenta un futuro prometedor. O fomento do fútbol base por parte dos clubs, e a aposta pola canteira é esencial, iniciativas como o álbum de cromos do futbol base costeiro, que no 23/24 incluía a máis de 1.500 rapaces e rapazas, demostraron o compromiso coa formación dos máis cativos. O impulso que sufríu o fútbol femenino na Costa, nestes últimos anos, tamén reflicte o avance e consolidación desta categoría. Os clubs de toda a vida seguen remando para mater viva a tradición e seguir.
O que vexo, que igual tíñamos que ser un pouquiño máis unidos, porque non o somos.

  • Cada día paréceme máis complicado manter vivo un club de fútbol onde, para min, o traballo das directivas é fundamental pero penso que está infravalorado e pouco recoñecido. Como é a vosa directiva e como organizades o voso día a día?

A nosa Directiva é un grupazo, somos 12 personas e o que tíñamos claro dende un inicio era que non todos temos que facer TODO, e nas primeiras xuntas pois fixemos repartos de tarefas, e cada persona ten asignadas unhas. Enumerábache as tarefas, pero son infinitas… Esta é a segunda temporada como grupo, e o reparto funciona, se nalgún momento hai desaxustes ou alguén non pode facer esa tarea, intentamos buscar solucións.

  • Xunto Alba Tajes no Lira e Dolores Viña no San Lorenzo, sodes as únicas presidentas da Costa a día de hoxe (xa estiveron tamén non hai moito Rebeca Facal no Baio ou Bea Velo no Xallas), nunha comarca na que afortunadamente o fútbol feminino medrou espectacularmente nos últimos tempos. Dentro das directivas si que hai máis compañeiras que traballan arreo para sacar adiante os clubs, dende a túa experiencia como presidenta que lle recomendarías a quen teña dúbidas de dar ou non o paso para presidir un club?

Se hai dúbidas é que hai gañas, que o fagan. Sempre que estean ben acompañadas, coma min, o camiño é bonito. É unha experiencia que che aporta moitas cousas positivas, o mellor, o de coñecer xente e compartir experiencias con esas personas. Eu considérome unha persona moi afortunada, estou nunha directiva involucrada e na que xuntos buscamos o mellor para o club.

  • Adóitase dicir que as familias dos porteiros de fútbol sofren moito, no teu caso con que sufristes mais, con Suso na porteria [o porteirazo é o irmán de Gini] ou coa presidencia?

Con Suso na portería. Suso, no campo, é unha persona moi tranquila, e eu son moi nerviosa e impaciente, e había veces que me poñía dos nervios. E despois sempre co medo de que non levase un trastazo, que eso é o peor do fútbol.

  • Traballo, familia, presidencia, delegada do Femenino, comisión de festas en algún momento, sacando ideas para campañas de socios, vídeos promocionais fabulosos, e seguro me deixo algo. Como se concilia todo iso?

Puffff! Como boamente se pode. Teño unha parexa que ten máis paciencia que un santo, e iso tamén suma.
A Comisión de festas quitaba mooooito tempo, o Corme non quita tanto. Pero sempre se ten que quedar un ca parte positiva de todo, e ao fin ao cabo tanto unha cousa como a outra puxeron personas na miña vida que non chegaría a coñecer de todo se non fose por estar aí.
E nos pueblos, se queremos ter cousas, e que sigan tendo vida, hai que mollarse. Eu fillos/fillas non vou aportar, pois poño o meu traballo.

  • Todo o anterior é máis doado que aguantar a Rubén Souto? Bromas aparte, que gran traballo fai o mister no feminino e que rendemento das xogadoras semana tras semana?

Rubén é bo de levar, oxalá máis personas neste mundo coma el. Ía ir todo moito mellor. Ten un nivel de implicación con todo o que fai, que é de admirar. É boa persona e bo compañeiro. E no plano “técnico”, para min é o mellor. Ten fallos? Si, coma calquera. Pero o que este home dá polo equipo non o sabe ninguén, como prepara os entrenos, como busca patrocinios, como plantexa os partidos… Moito traballiño! É de valorar, porque é da Ponte jajajaja

Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro-Gini Ruben Fran Figueroa
Gini Vidal con Rubén Souto e Fran Figueroa como equipo técnico da Selección Feminina do ano pasado
  • Estes días saíron os proxectos para as próximas Copas da Costa masculina e feminina. Estás ilusionada coas copa?

Moito! A Copa sempre é a Copa. Oxalá a tratemos co cariño que merece durante moitos anos, e non perda a súa esencia.

  • Que teñen as nosas Copas da Costa que tanta paixón levantan?

A Copa da Costa ten máis de outras cousas que de fútbol, ten tradición, historia, identidade comunitaria, esencia… Eu penso que é a Copa de todas as outras Copas. Todos e todas soñan con ganala, por algo será.
E repítome, pero hai que coidala.

  • QPCTV estreouse emitindo un Corme - Soneira no Cairo. A verdade é un campo mítico na Costa, que ten de especial o Cairo?

O especial do Cairo é a xente, a afección do Corme, os xogadores e xogadoras, adestradores… O Cairo fíxoo a xente de Corme (aínda que agora sexa municipal, por eso de cambiar o césped), con Rafael do Casino de cabecilla, xuntando peseta a peseta polas casas do pueblo para conseguir facer o campo.
O Cairo é máis ca un campo de fútbol. Son recordos, son historias de amistad, esforzo dun pueblo por conseguir algo de seu. É orgullo.

  • Por este campo pasaron grandes xogadores de enorme talento, pero quizais os máis "mediáticos" foron o dúo Alejo&Lucas sen desmerecer a moitos outros, agora Zipi quedou sen Zape, non houbo forma de convencer ao pichichi para que seguira marcando goles?

Alejo levaba moito tempo pospoñendo esta decisión. O pobre non facía máis que cambiar turnos de traballo, compaxinar… Os anos pasan, a vida vai cambiando, traballo, familia… O fútbol é moi bonito, pero as cousas importantes da vida tamén hai que coidalas.
Oxalá teñamos sorte, e non tardemos moitos anos en ver unha dupla parecida a deles dous, que tantas alegrías nos deron.

  • Teño que marchar xa do Cairo e non quero facelo sen renderlle unha pequena homenaxe e despedir esta entrevista lembrando a xente moi importante para a vosa familia do Corme e para o fútbol costeiro en xeral, xente como Paco da Ruca, Tecelan, Miluco, Santi De Dios Bendaña, Rafael do Casino, Lucas Vidal e Alex do Cabazo (Alejandro Torrado) deixáronnos nas últimas tempadas, xente importante na historia do club, falanos un poquito de eles.
    Persoalmente tiven máis contacto con Lucas Vicente e sobre todo con Alejandro, subir o Cairo e non toparme con el e algo dificil de asimilar, a todos eles quero lembralos dende aquí con todo o cariño do mundo e para a familia de QPC estarán sempre na nosa memoria. Co teu permiso Gini para todos eles vai adicado este interrogatorio dende QPC.

Pouco ou nada se pode decir de personas que se sacrifican polo disfrute doutras, sen esperar nada a cambio. É lei de vida, as cousas que van pasando, pero con nós me parece que non foi nada xusto o destino. Perdemos en moi pouco tempo a persona moi importantes para o Corme, e para Corme.

Hoxe (22/11/2024) gustaríame facer mención especial a meu primo, pois é o día do seu cumple. Álex, desde pequena sempre foi o meu xogador favorito. Cando no cole che preguntan “Quen é o teu xogador favorito?” a miña contestación sempre era a misma, “Álex do Cabazo, e despois Raúl do Real Madrid!”. Segue sendo o meu xogador favorito.

Por último, quero agradecervos a todo QPC, o traballo que facedes e levades feito polo noso FÚTBOL, o da Costa. GRACIAS!

banner faro larino

O Interrogatorio de Leis

Outras entrevistas en QPC: Os traballadores na sombra

Comentarios