A Liga de FS de Carballo remata entregando os premios e pensando na Copa

A semana pasada o Bar Rosalía xa se alzaba co título de campión. Esta semana celebrábase a última xornada, pensando xa os equipos en disputar a Copa Hotel Restaurante Pensua Punta del Este.
Na última xornada non se relaxou o Rosallía e venceu a un mermado Dolce&Café por 3 goles a 0. Así mesmo un Brasería Carballo con novas incorporacións foi quen de vencer ó Cervecería Bombonera por 6 goles a 1, e sobrepasar no último intre ó Asesoría Afico que cai contra un Xanelas XP, mói sólido atrás, por 2 goles a 4.
Os premios repártense así:
Clasificación Liga Concello de Carballo:
Trofeo Pichichi Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro:
- 1. Pedro Mourón do Dolce&Café con 16 goles.
- 2. Diego Pérez do Dolce&Café con 13 goles.
- 3. Ivan Mato do Bar Rosalía con 11 goles.
Trofeo Zamora Dequip:
- 1. Sergio Collazo "Puyol" do Xanelas XP con 24 goles en 12 partidos.
- 2. Adrián Varela do Dolce&Café con 23 goles en 10 partidos.
- 3. Damián Cerdeiro do Asesoría Afico con 47 goles en 10 partidos.
Trofeo FairPlay Carballo Deporte:
- 1. Dolce&Café con 38 faltas en 14 partidos.
- 2. Asesoría Afico con 72 faltas en 14 partidos.
- 3. Xanekas XP con 83 faltas en 14 partidos.
Trofeo Paco de Riego ó Xogador máis Valioso do equipo:
- 1. Sergio Collazo "Puyol" do Xanelas XP con 34 puntos.
- 2. Manuel Díaz do Asesoría Afico con 30 puntos.
- 3. Diego Pérez do Dolce&Café con 24 puntos.
A Copa
Cada luns e durante os próximos 2 meses e medio, disputarase o torneo de Copa, que será en modo liga e posterior playoff eliminatorio a KO directo. Os 4 primeiros clasificados entrarán no sorteo das semifinais e os vencedores disputaran a final do Torneo de Copa.
NOVAS RELACIONADAS
- 30-03-2023: O Bar Rosalía non fallou e proclamouse campión da Liga FS Carballo.
- 21-03-2023: Liga FS Carballo: O Bar Rosalía sentenza a Liga a pesar de caer ante unha renovada Bombonera.
- 15-03-2023: Liga FS Carballo: O Dolce&Café apreta ao Rosalía.
- 09-03-23: O Bar Rosalía voa.
- 08-02-23: O Bar Rosalía escapa
- 01-02-23: Bar Rosalía e Dolce&Café comandan a táboa da Liga FS de Carballo.
- 11-01-23: Só dous equipos invictos trala disputa da 3ª xornada da Liga de FS Carballo.
- 04-01-23: Asesoría Afico e Dolce&Cafe comezan a Liga de FS de Carballo con vitoria: