#LigadaCostaFEM: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario
Volvía á competición, despois de outro eterno parón (imos aínda na xornada 14…) a Liga da Costa feminina. E volvía marcada polo empate do Juan Cabrejo en Corcubión. O Soneira non fallaba e fica líder en solitario con dous puntos.
No segundo vagón, o Cabana vencía ao Cerqueda e saca 4 puntos na loita por esa por terceira praza ao porpio Corcubión, á espera do Outes-Xallas se xoga este sábado, aproveitando outra nova xornada de descanso…
3ª Div. FEM., grupo 3, xornada 14
Ponteceso - As Miúdas (2-3)
- Ponteceso: María lema, Lara, Sabela, Eva Carril, Lucía, Clara, Laura Rod., Lucivili, Virgi e Oanes. Tamén: Candela, Nerea, Julia, Elena e Grecia.
- As Miúdas: Zaira, Atenea, Leire, Adriana Piñeiro, Lucía, Alba, María García, María González, Clara e Sofía. Tamén: Carlota.
- Goles: 0-1, m.30: María González; 1-1, m.31: Oanes; 2-1, m.45+1: Oanes; 2-2, m.82: Sofía; 2-3, m.87: María González.
Partido igualadísimo no Pinguel, que comezaba co cdro local algo máis metido, avisando cun remate de Sabela de cabeza, un balón ao segundo pau que LuciVili soa non acerta a rematar. Porén era María González a que abría o marcador para as de Mané. Non tardaron en reaccionar as de Alex Chouciño, e Oanes empataba xusto despois e lle daba a volta ao marcador antes do descanso.
Na segunda o Ponteceso dominaba o balón, pero sen demasiado perigo, sufrindo ademais un par de contras ás que respondía ben María Lema. E cando o partido parecía que quedaría para as pondalias, tendo en conta ademais a falta de relevo no banco muradán, todo cambiou. A 10 do final Sofía conseguía o empate. Respondía o Ponteceso cunha ocasión de Sabela, pero era María González a que volvía marcar para enviar os puntos camiño do sur.
Dubra - Zas (2-3)
- Zas: Noelia, Tania, Andrea, Valeria, Sara, Jimena, Carlota, Antia, Nuria, Ruth e Nerea. Tamén: Laura e Atenea.
- Goles: 1-0, m.19: Daniela; 1-1, m.27: Nerea; 1-2, m.60: Nerea; 2-2, m.66: Daniela; 2-3, m.88: Nuria.
Non se sentiron cómodas en ningún momento as zaseiras no choque disputado no pequeno campo da Tilleira. Moitas imprecisións e moitos erros que permitían ás locais poñerse por diante. Aínda conseguían xerar algunha ocasión, e Nerea acadaba o empate cunha vaselina.
Mesma dinámica na segunda metade, cun xogo bastante pobre só roto por un centro de Nerea que se envelenaba e se colaba por riba da porteira local. No tramo final volvería a empatar o Dubra nunha falta lateral, e cando o empate parecía o máis xusto, as zaseiras conseguiron un espazo para lanzar a Nuria que bateu a Paula no man a man e consegue romper unha serie de 4 partidos sen gañar.
Corcubión - Camariñas (1-1)
- Corcubión: Juliette, Alexandra Lojo, Carla Lema, Antía, Cris, Sandra García, Sandra López, Andrea Rod, Helena, Andrea Romero, María Castro. Tamén: Marta, Ana Sierra, Jimena, Tati e Lucía Garea.
- Camarilñas: Desiré, Uxía (Lola), Rosana, Rocío, Saray (Brenda), María (Daniela), Laura Pose, Aitana, Yara, Laura Paredes, Paula Mouzo (Maira).
- Goles: 0-1, m.2: Yara de fermosa vaselina; 1-1, m.16: Alexandra Lojo.
Partido intenso no Cubaleiro, cun Corcubión que demostra competir coas mellores da categoría como son as ata o domingo colíderes. Saíron moi fortes as camariñás, marcando moi pronto aproveitando as imprecisións das locais. Reaccionaba pronto o Corcubión, que quixo o balón e nunha das primeiras chegadas empataba cun tiro tiro cruzado de Alexandra tras unha boa xogada combinativa que saía dende a meta Juliette. Eran bos minutos das de Rubén Castillo, chegando á área de Desirée cun tiro de Andrea Romero ao longueiro ou unha de María Castro que saca a defensa na liña de gol. Tamén tivo o quipo de Cabrejo e Pepucho unha antes do descanso nos pés de Laura Paredes.
Seguía levando. peso do partido o cadro local , que tivo ata un penalti que salvaba Desirée, unha das grandes protagonistas da xornada.
Soneira - A Baña (7-0)
- Soneira: Paula Peña, Dolores, Cristal, Cris, María Lema, Uxía, Marcela, Kelly, Kenny, Dani, e Tamara. Tamén: Karen, Rosa, Leila, Candela e Luana.
- Goles: 1-0, m.14: Kenny; 2-0, m.21: Kelly; 3-0 m.31: Kelly; 4-0, m.37: Daniela; 5-0, m.41: Kenny; 6-0, m.50: Daniela; 8-0, m.80: María Lema.
Comezaba o choque no Irmandiño homenaxeando á pequena Gema Mouzo, xogadora cadete que gañaba o Campionato Galego sub12 coa Selección da Costa.
Xa no choque, tardaron en entrar no partido as de Roland, pero a partir do cuarto de hora, foron chegando os goles con total superioridade. As gueirreiras KPop Kenny e Kelly estiveron escoltadas por Daniela para golear.
Cabana - Cerqueda (4-1)
- Cabana: Miriam, Idania (Nuria), Iria (Valeria), Mireia, Aroa, Inma, Alejandra, María Souto (Silvia), Laura, Nerea (Natalie), Adriana (Sabela).
- Cerqueda: Sara, Aroa, Mariña, Uxía, Tati, Kayla, Saray, Antía, Lorena, Tania e Inés. Tamén: Alba, Érika, Valeria e Alexia.
- Goles: 1-0, m.19: Laura Torrado; 2-0, m.31: Inma; 2-1, m.57: Saray; 3-1, m.63: Nerea; 4-1, m.75: Aroa.
Pronto se adiantou o Cabana cun tiro cruzado de Laura. O Cabana rondaba mais a portería do Cerqueda pero este contratacaba e acercaba se con perigo. Inma facia o 2-0 e aumentaba a distancia, aínda que o Cerqueda puido ter recurtado nun balón ao longueiro.
Si o conseguía ao pouco de comezar a segunda metade, nunha xogada a balón parado levando algo de inquedanza ás filas locais pero Nerea de falta volvía a aumentar a distancia. Aroa á saída dun córner poñia o 4-1 aínda que o Cerqueda seguiu porfiando e fixo intervir a Miriam cuio rexeite enviaron as visitntes ao poste. Xa cerca do final o Cabana quedaba con dez por unha expulsión por doble cartón pero as locais defendéronse ben das acometidas do Cerqueda.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.