Por un plan de futuro para a 3ª Galicia
A 3ª Galega, a liga que máis está sufrindo nos últimos anos despois da creación dun grupo máis da 1ª Galicia, necesita un plan de futuro. Só un plan de verdade, á 4-5 anos vista, que podería estar enmarcado nunha reestruturación de todo o fútbol afeccionado galego, como xa ten avanzando a RFGF e recoñecía Corredoira no faladoiro do pasado mércores, permitirá salvar a 3ª
Porque a situación que leva arrastrando o grupo costeiro da 3ª (con 8-10-12 equipos desde a temporada 2012/2013) é algo que se repite en case todos os grupos galegos.
Unha reestruturación necesaria para non depender das posibles sorpresas de cada curso. No caso da 2020/2021 poden ser dous filiais os que salven a temporada. Pero estes filiais non ofrecen unha estabilidade, polo que o curso que vén volveríamos cos mesmos problemas.
Unha situación da que son conscientes os clásicos da 3ª costeira, que levan anos trasladándolle a súa preocupación á Real Federación Galega de Fútbol. Varios equipos van deixando claro que con menos de 10 equipos non sairían a competir, “porque non dan as contas”, polo que piden que haia un mínimo de 12 equipos, e se non os hai, que se unificaran coa 2ª Galicia en dous grupos (como de feito xa vai acontecer o curso que vén).
Os equipos non queren andar con ”parches ano tras ano” e pensan, por exemplo que nos vindeiros anos haia máis descensos que ascenso, e que, se cara, houbese promocións entre o últimos de 2ª e os primeiros de 3ª, para ir equilibrando a categoría.
En calquera caso, esta situación extraordinaria á que nos enfrontamos, pode servir de punto de inflexión, para parar e artellar un Plan completo, cun programa de descensos polo menos dende a Preferente, pero sobre todo incidindo nun cambio estrutural da 1ª Galicia, que permita que en 4 ou 5 anos as ligas estean moito máis equilibradas.
Novas de Fútbol Confinado
- 27-05-2020: Faladoiro arredor do Futbol da Costa cos equipos implicados nos ascensos.
- 27-05-2020: Fisterra, Corme, Ponteceso, Montelouro e Nantón ascenden de categoría.
- 25-05-2020: Xallas e Outes formulan a posibilidade de incluir equipos B.
- 23-05-2020: Os asambleístas dan luz verde ás decisiónda RFGF, que determinará os ascensos este mércores.
- 01-05-2020: Manolo Corredoira analiza o futuro do Fútbol da Costa.
- 18-04-2020: Conversa de cordura no Fútbol da Costa en tempos de coronavirus.
- 16-04-2020: O Fútbol da Costa bota o peche á temporada con total probabilidade.
- 15-04-2020: Rafael Louzan fala con QPC sobre o estado da situación competicional.
- 23-03-2020: O Atlético Pereiriña volverá a vindeira temporada.