Preferente: Doble vitoria campal
Salto espectacular na táboa do CF Dumbría ao colleitar, na Marosa, a súa segunda vitoria consecutiva. Un solitario gol de Diego Estévez no treito final valeu para vencer a un rival directo como o Burela, que hai dúas semanas estaba 2 puntos por arriba e hoxe 4 abaixo, nos postos de descenso que xa non ocupa o cadro de Pablo Conde.
Ademais, suma tamén a vitoria do Sofán ante o Dubra, rival do cadro dumbriés na loita por evitar o descenso. Espectacular o cadro de Pablo Torreira que venceu cun cómodo 3-0 e se mete en postos de promoción, aproveitando o empate do Betanzos.
Sofán - Dubra (3-0)
- Sofán: Brais, Javi, Dani García, Alex Sánchez, Braian, Izan, Pablo Parafita, Iván Parafita, Marcos Montero, Joel, Julián. Tamén: Gardu, Xandre, Iván Pardo, Fabián, Dani Pena e Iraitz.
- Goles: 1-0, m.25: Braian; 2-0, m.36: Izan tras un saque de banda; 3-0, m.52: Iván Parafita nun córner.
Partido contrario ao domingo pasado, no que os carballeses caeron por 3-0 sen merecelo. Desta volta foi ao contrario, o Dubra marchou de baleiro do Carral facendo un partido, e mesmo aproveitando a errática saída dos locais, obrigando a aparecer a Brais con 2-3 accións de mérito para salvar ao equipo.
Meteuse por diante o cadro de Pablo Torreira tras un roubo no medio campo e unha boa transición que culminou Braian. Pouco despois, un saque de banda longo era cazado cun bo remate de cabeza por Izan, p que permitiu aos carballeses afrontar doutra maneira o segundo tempo.
Non fixo un gran xogo a SD, pero soubo manexar os tempos, sentenciar pronto noutra xogada a balón parado e non sufrir.
Burela - Dumbría (0-3)
- Dumbría: Anxo, Berto, Aarón, Jano, Sergio, Adrián Periscal, Juan, Lucas Toba, Marcote, Javi Souto e Estévez. Tamén: Isma, Mario, Pablo Costa Ramos, Pablo Costa Carabel, Pablo Taboada.
- Gol: 0-1, m.86: Diego Estévez aproveitando un rexeite.
Vitoria fundamental do Dumbría na loita por evitar o descenso, nun parido que comezaba cunha primeira metade regular. Non estaban mal co balón no campo grande da Marosa, pero sen profundidade, mentres que en defensa sufrían e tiñan que moverse moito.
Melloraron os de Pablo Conde na segunda, conseguindo evitar as súas transicións e sendo algo máis afiados en ataque. Tivo un par de chegadas Javi Souto e Sergio, pero non acertaron. Si o fixo, a 5 do final, o de sempre, un Estévez que xa suma 12 goles, a só 4 do nicrariense Alberto Freire.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Todas as crónicas de Preferente.
- X.1: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria.
- X.2: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia.
- X.3: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble.
- X.4: Suma e segue.
- X.5 Doble toque de atención.
- X.6: En posición noble.
- X.7: O Sofán vence e convence e o Dumbría sofre.
- X.8: Situándose.
- X.9: Envorcáronse as tornas.
- X.10: Afianzándose na zona medio-alta.
- X.11: Pouca pesca.
- X.12: Doble e dolorosa derrota.
- X13: .O Sofán reacciona pero o Dumbría volve pecar de falta de acerto.
- X.14: O Sofán asalta, con sufrimento, o Conco.
- X.15: Dous valiosos empates.
- X.16: Un parón tranquilos.
- X.17: Unha goleada das que non se lembran e un gol do porteiro.
- X.18: Escápase a promoción e achérgase perigosamente o descenso.
- X.19: O Sofán conquista o Jesús García Calvo.
- X.20: O Dumbría métese en postos de descenso.
- X.21: Mal momento.
- X.22: Reacciona o Dumbría.
- X.23: O Sofán suma polos dous.
- X.24: O Dumbría resiste na dura batalla.