luns. 09.03.2026
El tiempo

Preferente: Doble vitoria campal

11 do CF Dumbria masculino venecndo en Dubra
11 do CF Dumbría que venceu en Burela
Preferente: Doble vitoria campal

Salto espectacular na táboa do CF Dumbría ao colleitar, na Marosa, a súa segunda vitoria consecutiva. Un solitario gol de Diego Estévez no treito final valeu para vencer a un rival directo como o Burela, que hai dúas semanas estaba 2 puntos por arriba e hoxe 4 abaixo, nos postos de descenso que xa non ocupa o cadro de Pablo Conde.

Ademais, suma tamén a vitoria do Sofán ante o Dubra, rival do cadro dumbriés na loita por evitar o descenso. Espectacular o cadro de Pablo Torreira que venceu cun cómodo 3-0 e se mete en postos de promoción, aproveitando o empate do Betanzos.

Sofán - Dubra (3-0)

  • Sofán: Brais, Javi, Dani García, Alex Sánchez, Braian, Izan, Pablo Parafita, Iván Parafita, Marcos Montero, Joel, Julián. Tamén: Gardu, Xandre, Iván Pardo, Fabián, Dani Pena e Iraitz.
  • Goles: 1-0, m.25: Braian; 2-0, m.36: Izan tras un saque de banda; 3-0, m.52: Iván Parafita nun córner.

Partido contrario ao domingo pasado, no que os carballeses caeron por 3-0 sen merecelo. Desta volta foi ao contrario, o Dubra marchou de baleiro do Carral facendo un partido, e mesmo aproveitando a errática saída dos locais, obrigando a aparecer a Brais con 2-3 accións de mérito para salvar ao equipo.

Meteuse por diante o cadro de Pablo Torreira tras un roubo no medio campo e unha boa transición que culminou Braian. Pouco despois, un saque de banda longo era cazado cun bo remate de cabeza por Izan, p que permitiu aos carballeses afrontar doutra maneira o segundo tempo.

Non fixo un gran xogo a SD, pero soubo manexar os tempos, sentenciar pronto noutra xogada a balón parado e non sufrir.

Burela - Dumbría (0-3)

  • Dumbría: Anxo, Berto, Aarón, Jano, Sergio, Adrián Periscal, Juan, Lucas Toba, Marcote, Javi Souto e Estévez. Tamén: Isma, Mario, Pablo Costa Ramos, Pablo Costa Carabel, Pablo Taboada.
  • Gol: 0-1, m.86: Diego Estévez aproveitando un rexeite.

Vitoria fundamental do Dumbría na loita por evitar o descenso, nun parido que comezaba cunha primeira metade regular. Non estaban mal co balón no campo grande da Marosa, pero sen profundidade, mentres que en defensa sufrían e tiñan que moverse moito.

Melloraron os de Pablo Conde na segunda, conseguindo evitar as súas transicións e sendo algo máis afiados en ataque. Tivo un par de chegadas Javi Souto e Sergio, pero non acertaron. Si o fixo, a 5 do final, o de sempre, un Estévez que xa suma 12 goles, a só 4 do nicrariense Alberto Freire.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios