mércores. 04.12.2024
El tiempo

Preferente: Marcos Montero revoluciona á SD

Marcos Montero coa SD no Castro de Rei
Marcos Montero celebrando un dos tantos da SD en Castro dew REei
Preferente: Marcos Montero revoluciona á SD

Cuarto partido sen coñecer a derrota do cadro de Pablo Torreira que se alonxa da zona baixa tras superar ao Castro no Municipal Arturo Pereiro. Gran vitoria, a pesar de chegar só con 15 xogadores, baseada na seriedade, e no acerto nos últimos minutos.

Castro - Sofán (0-2)

  • Sofán: Gardu, Iván, Noe, Raúl, Currás, Fita, Martín Pereira, Fabián, Braian, Javi Souto, Bandera. Tamén: Marcos Montero, Brais, Luca e Alex Gallego.
  • Goles: 0-1, m.84: Marcos Montero; 0-2, m.87: Martín Pereira.

Arrincaba o choque con moito respecto, medindo forzas e con alternancia do dominio de balón. Chegarían un par de boas ocasións nun remate en boca de gol de Javi Souto e un remate de cabeza de Bandera que salva o porteiro local con sendos paradóns.

Máis dominio do cadro carballés na segunda, ante un Castro que esperaba atrás, e intentaba saír á contra, pero a seriedade dos onte verdes non lles permitiría grandes ocasións.

Cando quedaban 15 minutos saltou ao campo Marcos Montero que sería o revulsivo do partido, como xa fixo en varios partidos da primeira fase do campionato, primeiro abrindo o marcador e despois dándolle unha asistencia a Martin para acadar o 0-2 definitivo.

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS INFO

Comentarios