Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán perde, nun saque de banda, dous puntos ante o potente Boiro

SD Sofan ante o Boiro
11 do SD Sofán ante o Boiro
Preferente: O Sofán perde, nun saque de banda, dous puntos ante o potente Boiro

Novo empate do Sofán, desta volta no Carral pero ante rtodo un Boiro, 3º da táboa. Os carballeses fixeron un moi bo partido, aguantando moi ben a presión dos da Barbanza, e mesmo se puxeron por diante cun tanto de Bandera a 5 do final. Pero a medicina dos carballeses veulle de volta e un saque de banda dos visitantes no desconto acababa no tanto do empate.

O cadro de Pablo Torreira está máis preto da zona de descenso que da zona tranquila, trala disputa desta 12ª xornada.

Sofán - Boiro (1-1)

  • Sofán: Gardu, Iván martínez, Noe, Becerra, Alexandre, Luca, Currás, Martín, Braian, Fabián e Javi Souto. Tamén: Raúl, Fita, Miguel Taibo, Montero, Brais Cancela e Bandera.
  • Goles: 1-0, m.85: Bandera; 1-1, m.90: Hugo Suárez.

Esperou atrás o Sofán na primeira metade ante un Boiro máis controlador do balón, pero non puido traspasar liñas. Martín tivo a mellor dos locais na primeira metade, e Gardu tamén tivo que empregarse nunha ocasión dos visitantes.

Subiu liñas na segunda a SD, presionando máis arriba, conseguindo roubar en campo contrario e tendo chegadas que non era quen de materializar. Si que marcou Bandera a 5 do final tras unha fermosa xogada e centro de Martín. E cando xa todos contaban cos 3 puntos, un saque de banda, unha das armas dos carballeses no Carral, acababa no doloroso tanto do empate.

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS INFO

Comentarios