Preferente: A SD recupera a senda da vitoria
Rompeu unha serie de 3 partidos sen gañar o Sofán. Fíxoo no seu fortín do Carral, que volveu ser clave para aguantar as embestidas do Ribadeo no treito final do partido.
Sofán - Ribadeo (2-1)
- Sofán: Gardu, Iván Martínez, Noe, Becerra, Currás, Luca, Montero, Martín, Braian, Javi Souto e Bandera. Tamén: Mario, Raúl, Miguel Taibo e Brais Cancela.
- Goles: 1-0, m.52: Bandera a centro de Martín; 2-0, m.58: Luca tras un saque de banda; 2-1, m.76.
Primeira metade moi igualada, sen apenas ocasións, se ben a máis clara foi preto do descanso cun centro chut de Iván Martínez que salvou o porteiro preto da escuadra, e no rexeite caeulle a Luca pero mandou de cabeza alto co meta vencido
A segunda foi máis aberta, cunha SD que saí moi ben, e pronto se adiantaba cun gran Martín, que está nun gran momento, marcando as diferencias nestas xornadas, dando pases de gol, marcando… Deu o primeiro a Bandera. Pronto facía o segundo o cadro de Pablo Torreira nunha xogada de saque de banda que Luca atinaba no segundo pau.
O Ribadeo comezou a apretar, e Noé marcouse en propia nunha xogada por banda, e despois o cadro da Mariña abusou de balón directo, pero o equipo carballés estivo moi serio e foi quen de sumar unha vitoria importantísima a pesar de contar con moitas baixas, como as de Dani Pena, Gody, Brais Gomez, Alexandre, Aarón, Fabián e Iván Parafita.
CRÓNICAS DA PREFERENTE
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Empate que sabe a pouco na casa.
- X.7: Freo á marcha positiva do Sofán.
- X.6: Segunda vitoria seguida para o Sofán.
- X.5: Importante primeira vitoria da SD Sofán.
- X.4: Accidentada derrota da SD en Noia.
- X.3: Segundo 3-3 na casa
- X.2: O Sofán mereceu máis no Municipal de Gallamonde.
- X.1: O Sofán arrincou a temporada no Carral.
MÁIS INFO