Domingo. 19.05.2024
El tiempo

As incomparecencias protagonizan o parte de sancións

As incomparecencias protagonizan o parte de sancións

A tempada esta a facer moi longa para todos. E a proba é que as incomparecencias toman protagonismo. Por exemplo, o Comité sanciona con 60€ ao Xaviña por non presentarse no encontro do sábado ante o San Lorenzo, e dá o pase, claro, ao equipo de Verdillo. Cómpre sinalar que o Xaviña xa avisara ao clube carballés de que non ía presentarse.

Ademais, na 2ª Cadete, o Comité sanciona ao Malpica por non presentarse ao encontro contra o Soneira, polo que lle dá un 0-3 aos vimianceses e desconta con 2 puntos aos malpicáns.

No tocante ás sancións, tan só o ceense Rubén Fiuza e o muxián Romaní perderanse a ida dos Oitavos.

Horarios da Copa

  • CORCUBIÓN - CASTRIZ: sábado 14/05 ás 17:00h no Novo Cubaleiro
  • SAN LORENZO - CEE: sábado 14/05 ás 17:00h en Verdillo
  • CABANA - DUMBRÍA: sábado 14/05 ás 17:00h nas Redondas
  • INDEPENDIENTE - CAMARIÑAS: sábado 14/05 ás 19:00h no ANEXO AS EIROAS
  • XALLAS - SOFÁN : domingo 15/5 ás 12:00h en FONTENLA
  • OUTES - MUXÍA: domingo 15/5 ás 17:00h no CONCHIDO
  • MALPICA - NANTÓN: domingo 15/5 ás 18.30h na PEDRA QUEIMADA
  • SONEIRA - CORISTANCO: martes 17/5 ás 18:00h no MUN. DE VIMIANZO.
  • CORISTANCO - SONEIRA: venres 20/5 ás 20:30h.

Sancionados da Copa

  • ANTONIO J GARCIA CASTRO (S.D. LAXE).
  • JAVIER SOUTO INSUA (U.D. CERQUEDA).
  • ALBERTO M ROMANI VILELA (MUXIA).
  • RUBEN FIUZA CANOSA (U.C. CEE).

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios