1ª Autonómica: Xornada histórica co ascenso do Xallas e o Dumbría


Tras ollar as crónicas da Copa, podemos disfrutar do acadado esta fin de semana histórica para o fútbol costeiro. I é que un doble ascenso á Preferente e ver a dous conxuntos da Costa da Morte no máis alto da 1ª Autonómica xa non se lembraba.
Xallas e Dumbría compartirán o ano que vén categoría co Soneira, e pode que co Santa Comba, malia que os veciños xalleiros aínda teñen opcións de quedar na 3ª División. En todo caso, o ano que vén a Preferente terá un claro sabor a mar.
Tanto Xallas como Dumbría precisaban non fallar na derradeira xornada. E non o fixeron. Venceron con solvencia a Lamela e Cambre e puideron celebrar o ascenso nos seus campos e nos bares das súas vilas. Os xalleiros levaban 23 anos sen pisar a Preferente, mentres que o Dumbría culmina un proxecto de ascenso que xa levaba 5 anos en marcha, e que cando menos parecía, fíxose realidade.
Noraboa aos dous conxuntos e sorte para a vindera campaña.
Xallas - Lamela (2-1)

- Xallas: Cheli, Ismael (Pereiro, min.90), Iván Forján, Pika, Álvaro, Brais (Ricardo, min.75), Rubén Forján, Jesús, Adrián Beiroa, Toni (Leo, min.91), Roberto (Adrián Prol, min.75).
- Goles: 1-0 min.30: Ismael de chutazo dende fóra; 2-0 min.65: Adrián Beiroa de penalti; 2-1 min.75.
Tiña que gañar o equipo de Iván Cancela para ascender e ser campión. E non fallou, pero si que sufríu, o que dá conta da garra deste equipo. Non foi sinxelo, e máis cando os locais saíron algo nerviosos ao céspede. Os visitantes, sen nada en xogo, trataron cara a cara ao líder, pero sempre deixando que os verdes controlasen o esférico.
Foi Ismael o que abríu o camiño da gloria á media hora, cun chutazo dende lonxe que levantou a toda a grada e Fontenla, onte coas mellores galas. O Lamela subíu filas e á contra o Xallas puido sentenciar en varias ocasións. Adrián Beiroa aumentou a renda dende os 11 metros non sen fallar outra pena máxima que puido dar a tranquilidade definitiva. Iso si, bastoulle a Beiroa para alzarse co pichichi da 1ª Autonómica.
Pero non podía ser tan sinxelo, e o Lamela marcou e meteu o medo. Pero aí surxíu a figura de Cheli, que 'mantivo a porta segura para deleite da parroquia xalleira e costeira.
Dumbría - Cambre (2-0)

- Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño, Pablo Conde, Suso, Pablo Serrano (Jesús, min.88), Iago (Isma, min.86), Schuster, Aarón, Piri (Marco, min.85), Brais (Eloy, min.65), Adrián Mackaay.
- Goles: 1-0, min.25: Iago dende fóra; 2-0, min.75: Piri a pase de Adrián Mackaay.
Impresionante este Dumbría. E todo nun ano no que as baixas deixaron un equipo cheo de xuventude que ademais comezaba a trancas e barrancas en posicións da metade da táboa. Pero a segunda metade dos de Canosa, sobre todo tralo Nadal, foi espectacular.
O broche final foi esta cómoda vitoria ante o Cambre, que certifica o ascenso, e co que o Dumbría se alza co segundo posto tralo desastre do Sada en Perlío, que o deixa fóra do ascenso en favor do Unión.
Os de Canosa entraron no choque a por todas. Brais e Adrián Mackaay comezaron avisando. Pero foi Iago, fundamental todo o ano, pero se cadra máis neste treito final co seu acerto goleador, o que marcou dende lonxe. Un gran premio para este futbolista que o deu todo por este clube do que xa forma parte da súa historia.
O Cambre non podía máis que aguantar as embestidas locais. Piri puido marcar, pero os dous equipos marcharon aos vestiarios coas cousas claras. A intensidade foi menor na segunda, co público desexando que finalizase o partido. Pero Piri puido sentenciar a falta de 15 minutos tras un bo pase de Adrián Mackaay ao oco. E saltou a festa.
E ollo ca Copa, que agora o Dumbría vai volcalo todo por repetir o título do ano pasado.
Arteixo - Cee (4-1)

- Cee: Parroto, Moncho (Jose Ramón, min.75), Julito, Jorge, Rafa (Fiuza, min.80), Mario de José (Tasky, min.70), Alex, Diego Cespón, Chapu (Dani Freire, min.35), Luilli (Rubén, min.45), Chiru.
- Goles: 1-0, min.30; 1-1, min.40: Mario de José; 2-1, min.75; 3-1, min.80; 4-1, min.83.
Moitas caras novas no Cee para enfrontarse ao Arteixo sen nada en xogo e tralo intenso encontro de Copa ante o Ponteceso. E compre destacar un par de cousas: a boa, que marcou Mario de José, habitual das pistas de fútbol sala que onte deixou clara a súa calidade; e a mala, a lesión de Chapu que tivo que ser hospitalizado tras un choque cun rival.
Estudiantil - Zas (2-1)
- Zas: Luis de la Peña, José, Ramón, Diego, Adrián, Churián, Jorge, Mancebo, Pastor, Ángel (Catalán, min.85), Juan.
- Goles: 0-1, min.14: Pastor; 1-1, min.55; 2-1, min.85.
A piques estivo o Zas de rematar unha temporada para olvidar con unha pequena alegría. Pero non puido ser, e un erro de coordinación entre o meta Luís e o defensa José permitiu que o Estudiantil lle dese a volta ao marcador.
Finaliza así unha temporada terrible na familia zaense. Con todo, os que quedan celebraron unha churrascada o sábado trala Copa para facer piña e pensar no ano que vén.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Novas relacionadas
- Resultados da fin de semana: Xallas e Dumbría á Preferente.
- Varios dos grandes quedan fóra en Desaseisavos.
- O Corme, campión da Copa da Costa Xuvenil.
Entrevistas QPC Deportes
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co meta do Cerceda Christopher Pallas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Artigos relacionados
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga: Plan Perverso.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- O fisterrán Noé é o novo representante dos futbolistas na Federación Galega.
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).