Sábado. 04.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: A loita centrouse no pichichi para pechar a Liga da Costa

2ª Autonómica: A loita centrouse no pichichi para pechar a Liga da Costa

Pouca atención recibía esta fin de semana a Liga da Costa, i é que todo o fútbol costeiro mirou cara o ascenso do Xallas e o Dumbría ou a Final Copa da Costa Xuvenil, sen olvidar a intensa xornada de Copa. Ademais, a temporada estase facendo máis que longa e boa parte dos conxuntos están desexando rematar.

Así a Liga da Costa só mantiña o pulso polo pichichi, co pontecesán Luisete, o sofanista Bertín e o xogador do Pindo, Aitor, como candidatos. Os seus equipos non deixaron de buscalos ao longo dos 90 minutos e foi Luisete o que finalmente leva o premio tralos seus dous tantos.

Ademais, na loita polo 3º posto, o Muros caía ante o Pindo, no que un acertado Aitor tamén loitou polo pichichi, e deixou ao Sofán só na 3ª praza.

Baio - Ponteceso (5-4)

  • Baio: Poyo, Fermín, Diego (Fachal, min.85), José Antonio, Andrés (Pablo, min.60), Mario, Alberto, Martín, Rubio, MC (Pirucho, min.65), Canai.
  • Ponteceso: Norberto (Guille, min.46), Nando, David, Velo (Vedntura, min.46), Fabi (Recarey, min.60), Bolón, Josito, Alfredo (Puente, min.46), Toniño (Borja, min.46), Charro, Luisete.
  • Goles: 1-0, min.20: Canai; 1-1, min.30: Charro pero Diego en propia meta; 1-2, min.50: Charro; 1-3, min.60: Luisete; 2-3, min.65: Luisete; 2-4, min.75: Luisete; 3-4, min.80: Canai; 4-4, min.85: Rubio; 5-4, min.87: Pirucho.

Partido amistoso no que a recadación obtida foi para Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, entidade que é membro directo de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacide).

Controlaron o Ponteceso boa parte do encontro, sempre pensando en Luisete e de feito moitas ocasións foron falladas por iso. Fou un encontro moi relaxado, con ocasións numerosas para ambos bandos. Se ben o Ponteceso dominou boa parte do partido, o Baio remontou da man dos seus xuvenís.

Destacamble as homenaxes celebradas o sábado no partido de Copa a Tucho, Torrado e Carlos Mato.

Buño - Sofán (1-2)

  • Buño: Brais (Añón, min.75), Oscar (Jorge, min.60), Pancho, Angel (Jorge, min.70), Daviciño, Juan (Fernando, min.46), Diego, David, Dourado (Rubén, min.55), Emilio, Víctor.
  • Sofán: Alex, Adrián, Gende (Diego, min.46), Pensado (Roberto, min.46), Meniño (Gustavo, min.46), Alemán, Mario (David, min.60), Luís, Bertín, Suso, Edu.
  • Goles: 0-1, min.10: Bertín de penalti; 0-2, min.20: Edu, dentro da área pola escuadra; 1-2, min.30: David nun rebumbio na área.
  • O Sofán tamén buscaba o pichichi para Bertín, pero non puido ser malia que tivo ocasións para marcar 4 ou 5 tantos. O Buño, á contra, tamén facía dano, sobre todo nun segundo tempo tolo.

    Como nota destacable, a directiva do Buño, que deixa a discipina do clube a gás o seu presidente, quixo facerlle unha homenaxe a 3 xogadores que levan máís de 15 no Buño pola a súa fidelidade ao clube. Estes son os Víctor, Emilio e Diego, que aínda non colgan as botas. Ademais, outro homenaxeado foi o directivo Lito, que con case 80 anos leva máis de 60 entre Bergantiños e Buño.

    O Pindo - Muros (3-2)

    • O Pindo: Diego Garrido, Mateo, César, Piquero, Rivas, Jose Exprés, Diego León, Borja, Víctor, Javi Conexo e Aitor.
    • Muros: Lupi (Rubén, min.46), Vístete (Iván Cerilla, min.70), Iago, Mayuyo, Gael, Dani Corniños (Berni, min.70), Manu Dosil, David (Varito, min.55), Gabo (Yanky, min.55), Toni, Sexo.
    • Goles: 1-0, min.15: Víctor; 2-0, min.50: Aitor, de penalti; 2-1, min.65: Toni; 3-1, min.80: Aitor; 3-2, min.85: Toni.
    • Expulsión: a Rubén (min.60) do Muros.

    Aitor loitou polo pichichi ata o último minuto e a piques estivo de roubarllo a Luisete. Pero os seus 2 goles non chegaron e quedouse só a 2 do pontecesán. Si serviron para levar os 3 puntos e pechar unha boa temporada, xa pensando na temporada que ben. A directiva será nova pero o 90% do plantel manterase.

    Pola súa banda, o Muros perdía o 3º posto, pero xa se lles estaba facendo longa a campaña aos de Felipe. Toni a piques estivo de empatar o choque nos últimos 10 minutos pero atopouse cun bo Garrido.

    Fisterra - Club do Mar (1-2)

    • Fisterra: Joselu, Juan (Roberto, min.68), Gonzalo, Senra, Tati,  Juan, Piti, Rodrigo, Roco (Noé, min.79), Bruno, Dudo, Manoliño (Cristian Hidalgo, min.75)
    • Club do Mar: Iván, Chori, Chechu, Luís Lareo, Isaac, Pablo Corral, Mariano, Brais, Fran Borrazás, Jacobo (Juan Lareo, min.65), Pablo Piñeiro (Repi, min.46).
    • Goles: 0-1, min.20: Mariano de falta pola escuadra; 1-1, min.30: Dudo; 1-2, min.40: Brais.

    Moito vento en Ara Solis nun encontro onde os locais contaba con moitas baixas, dada a complicada situación na que se atopa a entidade fisterrá. Veremos que acontece de aquí ao verán, e se finalmente a antiga directiva do Fútbol Sala Fisterra toma as rendas do clube.

    Na primeira Mariando, antes de marcar xa fallara unha por riba do longueiro dende dentro da área pequena. E por parte fisterrán José María Senra e Roco puideron adiantar aos fisterráns. Foi Mariano cun golado de falta quen abriu o marcador. Dudo igualou pero Brais, antes do descanso, nunha xogada protestada polos locais por posible man, fixo o 1-2.

    Esteirana - Carnota (4-3)

    • Esteirana: Esteirana: Venancio (Adán min.55), Suizo (Bruno min.60), Dani Rama, Pichu, Simón (Abel min.45), Vidal (Álex min.55), Godo, Ade (Adri min.45), Uru, Cajulo, Roberto Pladur.
    • Carnota: Tono Toumo, Nico Capi, Manolo Chouza, David Castreje, David Brea, Manuel Luís, Urko, Joselu, Oli, Nico Alvarado.
    • Goles: 0-1, min.25: Manuel Luís; 1-1, min.30: Suizo; 2-1, min.55: Roberto Pladur; 3-1, min.65: Roberto Pladur; 3-2, min.70: Manuel Luís; 4-2, min.75: Abel; 4-3, min.80: Joselu.

    Partido amistoso e vistoso. A relaxación en ambos conxuntos fixo que se viran moitas ocasións e goles, demostrando o bo rollo entre ambos equipos. Os carnotáns terán que buscar novos afiliados para meter unha man na directiva, unha vez que non hai un novo equipo que se presente para relevar aos xogadores Demetrio, Nico e compañía.

    Malpica - Camariñas (4-4)

    • Malpica: Suso; (Víctor Martínez, min.46); Casais, Marcos Amado, (Diego, min.46), (Iago, min.81), Gonzalo, Víctor, Ismael, Neucha, Nando, (Eme, min.46), David Blanco, Manu Pardo, Eloy, (Miguel Dourado, min. 46).
    • Camariñas: Pablo; Gabi, (Nico, min.46), Breo (Maikel, min.46), Antelo, Alberto, Moriño, Brais, Carlos, Josiño, (De la Sierra, min.88), Javi, (Jesús, min.75), Juan Carlos.
    • Goles: 1-0 min.5: Neucha. 2-0 min.25: Neucha. 2-1 min.50: Josiño. 2-2 min.60: Juan. 3-2 min.70: David. 3-3 min.75: Brais. 4-3 min.80: David. 4-4 min.85: Nico.

    Moitos goles e moita xuventude no encontro entre Malpica e Camariñas. Os de Manolín seguen a preparar a fase de ascenso e deu minutos a moitos pouco habituais. Hoxe será o sorteo das fases de ascenso.

    San Lorenzo - Castriz (6-2)

    • San Lorenzo: Sergio, Puñal (Casillero, min.46), Dubra, Iván Rey, Adrián, Anxo (Jorge Pichel, min.70), Cachizo, Alex, Javi Pensado (Omar, min.55), Fuentefría, Eloy (Carlitos, min.60).
    • Castriz: Juan, Sergio Pose, Alex, Toniño, Martín (Chinda, min.46), Alberto (Fili, min.55), Rubén, Dani, Suso, Sebas, Ovidio.
    • Goles: 1-0, min.15: Javi Pensado; 2-0, min.25: Fuentefría; 3-0, min.40: Fuentefría; 4-0, min.60: Alex de falta pola escuadra tras petar na cruceta; 5-0, min.70: Jorge Pichel; 6-0, min.75: Fuentefría de vaselina; 6-1, min.87: Sebas; 6-2, min.90: Ovidio.

    Estaba descansado o San Lorenzo xa que o Xaviña non se presentou á xoranda de Copa, e aproveitou a relaxación inicial do Castriz para sentenciar no primeiro tempo. Foi ademais o mellor partido da temporada dos de Verdillo, cun xogo espectacular en particular na figura de Fuentefría na media punta.

    Porteño - Corme (2-0)

    • Porteño: Asiel, Óscar, Brais, Pejo, Iago, Iván Chans (Manuel, min.46), Iago Martínez, Cousillas, Adrián, Quilmes (Jose, min.85), Isma.
    • Corme: Javi, Iván Reixía, Abel, Chino, Pipo (Alejiño, min.80), David, Felipe (Fran, min.60), Dani, Brais, Rodrigo (Sergio, min.20) (Mauro, min.62), Juanma.
    • Goles: 1-0, min.10: Isma; 2-0, min.35: Isma.

    Despedida da Liga da Costa con vitoria. O Porteño aproveitouse do mermado Corme que tvo que xogar 3 encontros na fin de semana, e con xogadores das categorías inferiores. Isma foi o mellor dos camariñáns. O encontro desenvolveuse nun ambiente amistosos, e se ben o Corme estaba cheo de rapazada, o Porteño xogou cos postos cambiados.

    Vimianzo - Dumbría B (1-3)

    • Vimianzo: Sergio, Jose Quintans, Camilo, Maikol, Suso, Iván de Treos, Amarelle, Arán, Lagoa (Iván de Baiñas, min.15), Pose e Vilaseco (Damian, min.80)
    • Dumbría B: Anxo, José Carreira, Sergio Cives, José Manuel, Samuel, Toja (Jesús, min.46), Carlos (Cote, min.65), Ivanete (Fernando, min.65), Ramiro (David Carreira, min.46), Rodrigo (Tantán, min.46), Pablo Muíño.
    • Goles: 1-0, min.30: Pose; 1-1, min.50: Pablo Muíño; 1-2, min.60: Pablo Muíño; 1-3, min.80: Tantán.

    Boa primeira parte do Vimianzo que mereceu algo máis. Pero un acertado Pablo Muíño marcou para remontar.

    Máis información

    Novas relacionadas

    Entrevistas QPC Deportes

    Artigos relacionados

    Máis novas

    Fonte

Comentarios