Resultados da fin de semana: Xallas e Dumbría á Preferente


Vai ser bonita o ano que vén a Preferente. I é que se defintivamente baixa o Santa Comba van ser 4 os equipos da Costa que participen na categoría. Con todo, seguiremos pendente da última xornada da 3ª División, pois se ben o Santa Comba non depende de si mesmo, pode salvarse se gaña e ascende algún dos equipos da nosa zona. Polo menos serán 3 tralo soñado ascenso de Xallas e Dumbría. Os de Iván Cancela e os de José Canosa non fallaron na derradeira xornada e venceron con relativa comodidade a Lamela e Xallas. Así, 1º e 2º da 1ª Autonómica teñen nome costeiro, algo que hai un par de anos sonaría difícil. Pero o erro do Sada en Perlío deixa aos sadenses fóra e mete ao Unión 3º.
A fin de semana estivo completa de fútbol. Unha das cita da fin de semana foi a Final da Copa Xuvenil que venceu o Corme ao Soneira e da que xa poden ver a crónica completa
Ademais, a xornada en Dezaseisavos de Copa foi tremenda, e xa quedaron equipos fóra como o Ponteceso, Muros, Fisterra... Xa tendes as crónicas desta volta de Desaseisavos e xa podedes ver os emparellamentos de Oitavos no cadro da Copa.
No tocante ao resto de Ligas, o Soneira non frea e venceu ao Mugardos por 2-4.
Rematou, ademais da 1ª, a Liga da Costa. O único en xogo era o 3º posto, que queda para o Sofán trala derrota do Muros ante O Pindo. E o pichichi queda nos pés de Luisete, o dianteiro pontecesán que marcou por partida doble malia derrota do seu equipo en Baio, nunha xornada solidaria.
Éxito en Balonmán
A fin de semana complétase co ascenso do Balonmán Camariñas Conservas Boya á 1ª Nacional. A fase de ascenso no Areal foi talismán para que os de Dioni Quenlle acadaran un ascenso soñado.
Preferente, xornada 40
Galicia Mugardos | 2-4 | Soneira |
1ª Autonómica, xornada 34
Atl. Arteixo | 4-1 | Cee |
Estudiantil | 2-1 | Zas |
Xallas | 2-0 | Lamela |
Dumbría | 2-0 | Cambre |
2ª Autonómica, xornada 34
Porteño | 2-0 | Corme |
Vimianzo | 1-3 | Dumbría B |
Buño | 1-2 | Sofán |
O Pindo | 3-2 | Muros |
Fisterra | 1-2 | Club do Mar |
Esteirana | 4-3 | Carnota |
Malpica | 4-4 | Camariñas |
San Lorenzo | 6-2 | Castriz |
Baio | 5-4 | Ponteceso |
Copa da Costa, volta dos Dezaseisavos

Copa Xuvenil, volta da Final
1-3 | Soneira - Corme | 3-5 |
Copa de Veteranos, Ida Cuartos

Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Novas relacionadas
- Moitas partidos e poucas sancións.
- 2ª Autonómica: O Porteño descende e o Carnota “tifará” co Camariñas.
- 1ª Autonómica: O Xallas dá un paso de xigante.
- Preferente: Cae o Soneira 3 meses despois.
- Resultados da fin de semana no fútbol costeiro.
Entrevistas QPC Deportes
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co meta do Cerceda Christopher Pallas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Artigos relacionados
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga: Plan Perverso.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- O fisterrán Noé é o novo representante dos futbolistas na Federación Galega.
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).