Venres. 03.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: 3 realidades distintas para os equipos costeiros

Ligas Galegas: 3 realidades distintas para os equipos costeiros
Imaxe do partido do Dumbria na Madroa da Primeira volta Aluminios Dumbría, que cumpre 25 anos, patrocina as Ligas Galegas

Tres partidos distintos os vividos esta fin de semana nas Liga Autonómicas. O Dumbría cadete “disfrutaba” do premio de recibir a todo un Celta, líder, no Conco. Non podía sumar pero só prantar cara é un feito, ademais o equipo de Juan e Joaquín teñen a permanencia case asegurada.

O único que sumou foi o XSC, no derbi ante o Bergantiños. Un puntiño para os de Corredoira que non lles serve para escapar de todo dos postos de descenso, que teñen só a 3 puntos.

O que cada vez ve a permanencia máis complicada é o Dumbría Infantil, que caía de novo, nun inxusto partido, ante o Santiago, e deixa a permanencia a 14 puntos, aínda, iso si, con 11 xornadas por diante.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 25

  • Resultado: Dumbría - Celta (0-3)
  • DUMBRÍA: Gabriel, Josiño, Pablo, Ayoze, Marcos, Luís (Adrián, min.57), Jose (Cfristian, min.61), Eloy (Gabi, min.47), Borja e Xavier (Xabier, min.61).
  • Goles: 0-1, min.47; 0-2, min.58; 0-3, min.75.

Chegaba o líder a Dumbría disposto a conseguir os tres puntos e coa desconfianza do partido da primera volta onde os xogadores de Juan e Joaquín conseguían empatar un encontro e sendo o primeiro equipo que conseguía arrancar puntos da Madroa nesta tempada. A primera metade foi dominada polo equipo celeste que se facían donos do balón de principio a fin, pero atopábanse cun Dumbría ben situado no campo e non concedendo espacios ós habilidosos xogadotes celestes. A ocasión máis clara dos visitantes sería no 27', obra de Javi Ben, que responde Gabriel cunha gran parada. Tamén dispoñía o Dumbría dunha boa oportunidades por medio de Eloy pero un rapidísimo Manuel, central celeste, arrebatáballe a pelota cando estaba a piques de rematar. Con 0-0 chegábase ó final da primera metade.

Xa na segunda, e no primero minuto logo do saque de centro, chegaba o primero tanto para o equipo celtiña logo dun erro na zaga local a pelota recóllea Marcos que bate dun forte tiro raso a Gabriel. Os xogadores locais comenzaban a acusar o cansancio e empezaban a verse os dexaxustes nas súas liñas, o Celta comenzaba a ter ocasións claras de gol e conseguiría o segundo tanto no 58' logo dunha xogada pola banda dereita celeste e tras un bó centro a pelota chega ó seu máximo goleador, Javi Ben, que controla e dáse a media volta para bater a Gabriel dentro do área. O terceiro gol celeste chegaría no 75', esta vez pola banda esquerda do Celta sería Andrés que despois de forcexear con Ayoze consegue chutar e bater novamente a Gabriel. E co 0-3 remataba o encontro e demostrando o Celta por que é o líder da categoría.

Liga Galega Cadete, xornada 25

  • Resultado: Xallas StComba - Bergantiños (1-1)
  • XSC: Rubén, Óscar (Brais), Alberto, Pablo, Raúl; Carlos, Juanjo; Juan Lois (Héitor), Carlos Rieiro (Rubén Suàrez), Thiago e Grille (Manuel).
  • Goles: 1-0, min,65: Juan Lois; 1-1, min.71.
Bo derbi o disputado por Xallas de Santa Comba e Bergantiños que finalizou cun reparto de puntos xusto a tenor do sucedido sobre o terreo de xogo, aínda que o XSC,que se adiantou no marcador, tivo mellores ocasións para conseguir o triunfo, en especial nun lanzamento ao poste, tras disparo de Juan Lois, e o rexeite terminou con remate de Carlos Rieiro que saíu por encima do larguero. O partido foi moi intenso e de loita por ambos equipos, con bo labor defensivo dos dous conxuntos e sen un dominador claro, en especial nos primeiros corenta minutos. Tralo descanso, o XSC pareceu tomar a dianteira e gozou dunha clara ocasión en pés de Pablo Grille, resolta polo meta visitante, e logo adiantouse no marcador con gol de falta directa materializado por Juan Lois. Cando mellor estaba o conxunto local, chegaría, nunha acción de contragolpe, o tanto de Roi, que poñería as táboas no marcador.

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 3

  • Resultado: Santiago - Dumbría (4-1)
  • DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.65); Xan (Berto, min.56), Luís, Toni, Samuel; Brais Fdez; Moisés (Ángel Sestayo, min.67), Adrián, Sergio (Alex, min.48); Tajes e Mateo (Brais Mtnez, min.71).
  • Goles: 1-0, min.10: 2-0, min.25; 3-0, min.39; 3-1, min.55: Brais Tajes, de gran tiro cruzado coa dereita; 4-1, min.65.

O Dumbría volvía a medirse cun rival que se paseou e goleou os locais no Conco fai apenas un mes. Pero o partido xogado na Barrosa de Villestro foi moi distinto. Só se pareceu na vitoria do Santiago de Compostela, equipo que estivo a piques de meterse na loita polo títuto, e na endeblez a balón parado dos costeiro.

Ata 3 goles encaixaron os dumbrieses en saques de esquina. E en momentos vitais do encontro. Logo do primeiro gol local, o Dumbría estirouse e deu varios sustos ós locais. Adrián, Tajes e Mateo eran un constante incordio, pero finalizaron sin acerto varias oportunidades nese primeiro acto. Dous goles nas postrimerias do primeiro tempo, tiraron ó traste coas aspiración dos visitantes. Aínda asi, nun arranque de raza, esforzo e fútbol, volveron a facer un gran segundo tempo. Aos 3 munutos da reanudación, Mateo errou un man a man co meta rival; os 6 era Adrián o que inquietaba. Ós 15, chegaba o gol da esperanza, tras unha boa xogada finalizada cun gran remate polo camariñán Tajes. Puido recurtar o Dumbría aínda máis o marcador, se un xogadón e posterior tiro de Samuel non fora repelido polo pau. Nos primeiros vinte minutos dese periodo o Dumbría foi amo e señor do encontro e do balón apretando en todo o campo a un superado equipo santiagués. Pero un novo gol nun córner, tirou pola borda moi bos minutos visitantes.

Aínda así, os costeiros volveron a ter algunha ocasión, como unha de Ángel Sestayo tras un pase de Adrián, que abortou en última instancia o cancerbeiro local.


Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios