Venres. 03.05.2024
El tiempo

Análise e resultados dunha xornada con 83 partidos no Fútbol da Costa

Análise e resultados dunha xornada con 83 partidos no Fútbol da Costa
O Montelouro venceu ao Camelle-Foto-Edu Olveira

Completísima a xornada futboleira desta fin de semana. Arrincaban as Ligas F8 do Grupo Norte de Alevíns e Benxamíns, emais o gruo único de Prebenxamíns. Por tanto, tivemos nada menos que 83 partidos en marcha, recollidos xa www.futboldacosta.com cos resultados e clasificacións. Aquí, como cada semana, traemos a análise da xornada con todos os resultados a un só click.

E comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport na que podemos, por fin, disfrutar dunha doble vitoria. Dumbría e XSC vencían a rivais asequibles e se asentan na metade da táboa, nunha xornada importante para deixar claro que os dous equipos non van mirar para abaixo.

Chegaba ben completa a xornada costeira na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, con novo derbi. Neste caso, no Cairo, onde o Corme e o Baio protagonizaron un auténtico partidazo que quedou en táboas. Un puntiño que lle serve ao cadro cormelán para saír dos postos de descenso, pero parece que xogando así non terán problemas. O Baio queda 5 puntos por detrás do Sofán, un cadro carballés que rompía a súa mala racha de 5 partidos sen gañar, cunha vitoria na casa, e queda a 5 do líder. Un líder que pasou pola Salina como un vendabal e levou os 3 puntos ante unha Esteirana que ve cortada a súa reacción, mantendo aínda así os postos de salvación a 3 partidos. Ademais, o Malpica, que tras 3 derrotas seguidas, sumaba os 3 puntos ante o Flavia e se acomoda na metade da táboa; e o Soneira, daba a de cal e caía ante o Piloño.

Cambio de líder na Liga da Costa

17 xornadas levaba o San Lorenzo no liderato da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Pero caía ante o Castriz, no partidazo da xornada, e ve como o Zas se coloca de líder trala súa apurada vitoria ante o Seaia. Baixa o San Lorenzo ata a 4ª praza pois tamén o Outes, que vencía en Mazaricos, e o propio Castriz o superan, quedando o grupo de 4 aínda máis apretado, en só 2 puntos.

Por detrás segue o Baíñas amenazando con meterse na pelexa, despois de gañar en Ponteceso e con 5 partidos sen perder, e o Volantes, que caía a semana pasada, esta semana podía cun Camariñas que viña sendo o equipo máis en forma da categoría.
Pola zona baixa, o Montelouro vencía no duelo dos de abaixo afundindo case que definitivamente a un bravo Camelle. A derrota do Seaia en San Andrés deixa aos dous equipos igualados, a 4 dun Cabana que caía nun partido de tolos en Buño, e a 6 dun Porteño que era goleado por un Cee que, tras verlle as orellas ao lobo, parece que espabilou. Haberá que ver cantos postos de descenso hai, pois ademais dos dous regulamentarios, os equipos tifarán para que Corme e Esteirana salven a categoría e non provoquen arrastres.

Parón dos líderes

Non sumou a súa 11ª vitoria consecutiva o Cerqueda, pero non caeu nesta xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Os de Uzal empataban en Coristanco, pero o seu tropezo non foi aproveitado por un Ameixenda que caía en Muxía. Un Muxía que se mete por fin en postos de promoción, a costa du Nantón que perdía nun partido, que gañaba por 1-3 ao descanso, en Lombáns ante o Lira. Esa pelexa está ben fermosa na categoría.

Xornada importante Xuvenís

Pasos adiante de XSC e Camariñas para acompañar ao Dumbría na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os xalleiros venceron, e convenceron, ante Os Miúdos, quitando aos muradáns desa 2ª praza. Por detrás, a 2 quedan os muradáns empatados co Camariñas, que vencía ao Cabana nunha finalísima, pois só quedan 3 partidos e os cabaneses quedan a 5 da 2ª praza e a 3 de Miúdos e Camariñas.

Mentres, na Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, o Esteirana deixábase os seus primeiros dous puntos en Malpica. O Fisterra vén por detrás, pero a loita está abaixo, onde o único que sumou dos 4 de abaixo que pelexan por evitar as 3 prazas que deixan fóra dos Oitavos, só sumou o Zas e no choque directo ante o Castriz.

Xornada regular nas Ligas Autonómicas

Xa non se contaba con gañar ante o líder, pero un dos premios de estar na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría é o de recibir a todo un Celta no Conco. Os de Juan e Joaquín competiron cunha gran selección que gaña, sobrado, a máxima categoría de cadetes. Ademais, O XSC sumou un punto na casa ante o Bergantiños que o achega máis á permanencia. Unha permanencia que cada día vén máis difícil os infantís do Dumbría que caían ante o Santiago e vén como a salvación se escapa xa a 14 puntos.

O Corme dá un paso nos Cadetes

Quedan só dúas xornadas para o remate das Ligas Comarcais. O Corme deu un paso firme para certificar o título da 1ª Cadete (fáltalle un punto pois o Cabana queda a 6 puntos pero o golaverage individual a favor), tras vencer en Muxía e aproveitar a derrota do Cabana ante o Cee, que se coloca a só 1 punto dos cabaneses, cunha loita moi fermosa nas dúas vindeiras xornadas para meterse nesa 2ª praza que dá acceso á Fase de Ascenso. A semana que vén, de feito, o Cabana enfróntase ao Fisterra, 4º da táboa, e o Cee, ao Corme.

Ademais, en 1ª Infantil, o XSC ten máis preto o título e a única praza que dá acceso á Fase de Ascenso. Ten 5 puntos máis que o Fisterra pero aínda ten que descansar a semana que vén polo que, se o Fisterra vence ao Outes, todo quedará para unha fraticida última xornada.

O F8 ao completo

Xa temos os 5 grupos das 3 categorías das ligas de F8 en marcha, trala posta en escena das Ligas Norte. Moita ilusión, e por parroquias, moita diferencia entre os equipos, como o certicia algunha que outra goleada. Todo é ir collendo o toque!

O Coristanco sobe ao liderato nos Veteranos

Xornada importante na 1ª División dos Veteranos. O líder ata onte, San Román, caía na casa ante o At. Milagrosa que viña moi forte e xa está na 3ª praza. Unha derrota que aproveitou o Coristanco, actual campión, para alcanzar ao San Román no máis alto da táboa. Os dous, colíderes, sacan 2 puntos ao propio Milagrosa e ao Hosgran, que se deixou dous puntos de ouro en casa ante o Laxe.


Preferente - Senra Sport, xornada 26

Dumbría4-0Viveiro
Residencia0-1Xallas StComba

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 25

Sofán1-0Unión
Soneira0-2Piloño
Esteirana0-2Villestro
Malpica3-1Flavia
Corme2-2Baio

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 25

Montelouro3-0Camelle
Carnota2-1Fisterra
Camariñas0-2Volantes
Buño6-5Cabana
Zas1-0Seaia
Cee5-0Porteño
Castriz1-0San Lorenzo
Mazaricos0-1Outes
Ponteceso1-2Baíñas

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 25

Lira4-3Nantón
Corcubión4-2Castrelo
Muxía4-2Ameixenda
Coristanco1-1Cerqueda
  • Descansa Laxe.

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7

Xallas StComba4-0Os Miudos
Porteño0-10Dumbría
Cabana2-3Camariñas

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 8

Malpica1-1Esteirana
Baio1-3Outes
Zas3-2Castriz
Muxía3-0Corcubión
Corme5-2Cee
Coristanco0-1Fisterra
  • Descansa Ponteceso.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 25

Dumbría0-3Celta

Liga Galega Cadete, xornada 25

Xallas StComba1-1Bergantiños

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 3

Santiago4-1Dumbría

1ª Cadete, xornada 24

Esteirana4-1Sofán
Cee3-1Cabana
Baio2-1As Baleas
Muxía1-2Corme
Fisterra6-1Os Miudos
Ponteceso1-1Coristanco
  • Descansa Outes.

1ª Infantil, xornada 24

Vimianzo1-4Zas
Cee1-1Ponteceso
Xallas StComba11-0Os Miudos
Cabana3-5Fisterra
Outes7-0Corme
Sofán1-2Coristanco
  • Descansa Esteirana.

F8 Alevín Costa Norte, xornada 1

Cabana13-3Muxía
Baio1-12Corme
Vimianzo3-2Zas
  • Descansa o Coristanco despois de que o Ponteceso dese de baixa ao equipo por falta de rapaces.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 16

Cee A5-0Dumbría
Fisterra6-0Cee B
Dumbría B5-2Os Miúdos B
Outes A3-0XSC A
Lira2-6Os Miúdos A
Esteirana B4-4Sofán
Esteirana A9-0As Baleas

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 16

Cee0-6Dumbría
Outes5-4XSC A
Fisterra3-1Cee B
XSC B2-6Sofán
Lira2-16Os Miúdos A
Esteirana1-1As Baleas

1ª División, xornada 23

Zas0-1Dumbría
Hosgran2-2Laxe
San Román0-1At. Milagrosa
Baio0-4Soneira
Bértoa1-1San Lorenzo
Castriz1-3Ponteceso
Coristanco10-0Xv. Bergantiños
  • Descansa Cabana.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 23

Vimianzo0-2Cerqueda
Sofán2-2Poniente
Camariñas6-1Malpica
Corcoesto3-1Nantón
Erbecedo2-1Leiloio
San Isidro-Razo1-1Porteño
Buño1-5Agualada
  • Descansa Dep. Carballo.

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios