Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preferente: Por fin unha doble alegría

Preferente: Por fin unha doble alegría
Adrian Nieto con Makaay clave na vitoria do Dumbria

Pasaron moitas semanas dende que os dous equipos costeiros da Preferente - Senra Sport nos deron a última doble alegría. Pero esta semana XSC e Dumbría cumpliron. Venceron a rivais moi parellos e afianzan as súas posicións na metade da táboa, confirmando que non van ter que mirar para abaixo de aquí ao que resta de campionato.

Dumbría - Viveiro (4-0)

  • DUMBRÍA: David, David Carreira (Tantán, min.46), Brian, Jose, Iago, Aarón, Adrián Alcaina, Darío (Cote, min.71), Diego Cespón (Jesús, min.65), Adrián Nieto e Adrián Makaay (Javi, min.79).
  • Goles: 1-0, min.35: Adrián Makaay; 2-0, min.39: Adrián Makaay; 3-0, min.88: Adrián Nieto; 4-0, min.90: Javi.
Vitoria do Dumbria ao Viveiro

A boa racha dos Adriáns (Makaay e Nieto) está guiando polo bo camiño aos de Canosa, que suman a súa segunda vitoria consecutiva. Os dumbrieses fixeron un bo partido, serios en defensa e aproveitando ao máximo ás ocasións.

Non foi un despliegue de superioridade, e de feito, o Viveiro puido adiantarse no marcador aos 5 minutos pois un despexe de cabeza de Iago foi ao largueiro do propio David. Pero a partir de aí puxeron o peche á área local e aproveitaron a máxima eficacia dos Adriáns para finiquitar o choque. En 5 minutos antes do descanso, Makaay marcaba dous fermosos tantos, demostrando a súa calidade e velocidade. Despois dunha segunda metade de máis control, Era o Nieto o que facía a sentenza, para que Javi puxera a puntiña xa co tempo cumplido.

Suman entre os Adriáns 17 goles (11 para Makaay e 6 para Nieto), máis da metade dos goles do cadro dumbriés.


Residencia - Xallas StComba (0-1)

  • XSC: Vicente, Alberto, Steven (Marcos, min.55), Rubio, Aarón, César, Doro, Jesús, Kevin, Choco (Joshi, min.80) e Rubén Forján.
  • Gol: 0-1, min.4: Rubio de cabeza nun córner.
  • Expulsión: un xogador local no min.86.

Vitoria importante do XSC que rompe ademais unha xeira de 3 derrotas seguidas. E iso que foi un partido durísimo, con unha parte para cada equipo e un gol, aos 4 minutos, que vale 3 puntos.

Comezou o cadro de Coméndez levando a iniciativa e adiantándose no marcador. Pouco despois Jesús tivo outro remate parecido que se foi a rentes do pau e no minuto 40 un centro raso de Rubén Forján superaba ao porteiro e Choco, no segundo pau e a un metro da liña de gol, remataba incomprensiblemente fóra.

Quedaba o partido aberto e o cadro local cambiou as tornas na segunda metade. Apretaba o Residencia, subindo liñas e metendo atrás aos xalleiros e con moita máis intensidade foise facendo co mando do partido. Pero claves foron os centrais xalleiros, que tiveron un gran día e apenas concederon ocasións, excepto un man a man a 10 para o remate pero que salvou Vicente.

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios