2ª Autonómica: O Zas asalta o liderato trala vitoria do Castriz ao San Lorenzo



17 xornadas levaba o San Loreno no alto da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Pero queda 4º tras esta xornada 25, despois de caer no choque directo ante o Castriz. Un Castriz que o supera na táboa, coma o Outes, que sufría para gañar nun duro choque en Mazaricos, e o Zas, que vencía en casa pola mínima ao Seaia e que se coloca líder por primeira vez na temporada. Os 4 quedan en apenas 2 puntos, polo que a pelexa parece que será preciosa nas últimas 9 xornadas que restan.
Ademais, deberán botar un ollo atrás, que chegan o Baíñas e o Volantes como motos, tras frear as boas xeiras de Ponteceso e Camariñas.
Por abaixo, e cun ollo ao que fan Esteirana e Corme na 1ª por mor dos arrastres, o Montelouro ve a luz. Gañaba no choque fronte ao Camelle, e empata co Seaia a 20 puntos. Ambos teñen ao Cabana que caía nun partido de tolos en Buño, a 4 puntos, e ao Porteño, que sufría a reacción do Cee, a 6.
Montelouro - Camelle (3-0)

- MONTELOURO: Fernando, bael, Pedro, César, Teo, Geico (Edu, min.70), Riki, David, Pewsco (Benja, min.80), Dani Deza e Gelo.
- CAMELLE: Jimmy, Sikario del Amor (Tonsón, min.70), Valiña, Dido, Peseta, Macho, Mario, Tedín, Dimitri (Lado, min.70), Sergio e Felisiano.
- Goles: 1-0, min.20: Pesco; 2-0, min.60: David; 3-0, min.80: David nunha boa contra trenzada con Pesco e Gelo.
En cadro segue o Camelle, que mesmo acabou con 10 pola lesión de Jimmy, que xa chegaba tocado e non podía rematar o partido. Era un choque decisivo que deixa completamente afundido ao equipo de Varu, e dá ás ao Montelouro, que alcanza ao Seaia e mira con ilusión a permanencia.
Era unha tarde de chuvia e frío en Muros, que arrincaba co Camelle forte cun par de chegadas e mesmo un tiro ao longueiro de Macho. Pero o gol de Pesco aos 20 minutos xa desanimou aos camelláns que se viñeron abaixo e puideron ser goleados.
O cadro de Marcelo sacaba rápidas e perigosas contras, como unha xogada trenzada por toda a dianteira que mandaba fóra David. Un David que non fallou na segunda e fixo dous bos tantos. Pesco, Geico e Gelo puideron ampliar o marcador.

Carnota - Fisterra (2-1)
- CARNOTA: Luís De la Peña, Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Tono da Caixa, Nico, Cano, Nakata, Robi (Bernardo), Míchel e Manuel Luís.
- FISTERRA: Norberto, Dani, Santi (Cristian, min.65), Robertín, Julito (Roco, min.80), Eddy, (Noé, min.65) Yeray (Mané, min.26) (Adrián, min.61), Rodrigo, Piti, Guardiola e Aitor.
- Goles: 1-0, min.30: Ferreiro de penalti; 2-0, min.50: Ferreiro de penalti; 2-1, min.88: Guardiola aproveita un balñon morto no borde da área e o coloca na escuadra.
- Expulsión: o adestrador fisterrán Nacho.
Dous goles de Ferreiro de penalti, o segundo moi discutido polos visitantes, deron a vitoria aos carnotáns nun choque tremendamente igualado disputado en Lombáns. O cadro fisterrán levou o mando do partido durante os 90 minutos, pero os de Cambeiro souberon manter as liñas moi xuntas e aguantar o marcador.
O Fisterra combinaba pero non conseguía crear demasiado perigo. O Carnota tampouco pero nunha chegada á área o colexiado sinalaba penalti. Máis discutido foi o do segundo tempo, que acabou co míster Nacho expulsado por protestar. Pediron tamén os fisterráns un penalti pero o colexiado este non o viu. Recurtou no treito final Guardiola pero o empate, que tería sido, dende logo máis xusto, non chegaría.
Camariñas - Volantes (0-2)
- CAMARIÑAS: Pablo, Pereira, Martín Kanga, Darío, Nico, Moriño, Isma, Javi (Denis, min.65), David (Saviola, min.60), Sule (Sergi, min.85) e Yuyo.
- VOLANTES: Rubén, Brea, Mayu, Picho, Javi, Mingos (Fran), Óscar, Miguel, Ivi Ssuso), Brais (Jesús) e Piti.
- Goles: 0-1, min.65: Picho tras un córner botador por Ivi; 0-2, min.85: Piti.
- Expulsión: o míster do Camariñas Gerpe e o Martín Kanga por doble cartón.
- Lesión: Sule.
Partido estrano o vivido no Hermanas Patiño, entre un Camariñas que viña como o equipo máis en forma da categoría, despois dunha derrota pero tras 5 vitorias seguidas, e un Volantes que a semana caía ante o Mazaricos. O choque foi intenso e duro, pero bonito, con ocasións para os dous equipos, e bos momentos de fútbol.
A primeira parte foi igualada pero o equipo local tivo algunhas boas ocasións para meterse por diante pero nin Yuyo nin Sule estiveron acertados. Na primeira metade, Mayuyo fixo dano a balón parado e mandou dúas faltas unha ao longueiro e outra ao pau.
Baixou algo o ritmo o cadro local na segunda, que ademais quedaba con 10, pero así e todo Yuyo e Darío puideron ter marcado. Foi Ivi, de córner o que adiantaría aos laranxas, e Piti, co seu 22º tanto, o que pula a puntiña ao partido xa contra o final, ante un Camariñas que o deu todo en canto a actitude e esforzo.
Un Camariñas que critica a actitude do colexiado, que se ben non interferiu no resultado. Sen embargo, por Muros entenden que o colexiado estivo ben.
Buño - Cabana (6-5)
- BUÑO: Víctor, Casais, Eloy, Rubén, Uru (Miguel, min.75); Neucha, Emilio (Fran, min. 46), Jorge Calvete, Jorge Pombo; Dani (Juan, min. 70) e Santi.
- CABANA: Añón, Raúl, Iván de Treos, Dani Mato, Charly (Eloy Pereira), Moreno (Diego), Miky Pose (Adán), Josiño, Fernando, Manolo do Cruceiro (Berti) e Iván Mato.
- Goles: 1-0, min.9: Jorge Pombo; 1-1, min.13: Josiño tras un córner; 1-2, min.20: Charly tras un córner; 2-2, min.48; Santi; 3-2, min.52: Santi; 4-2, min.76: Neucha; 5-2, min.82: Santi; 5-3, min.84: Iván Mato de penalti; 5-4, min.85: Fernando; 5-5, min.87: Eloy Pereira; 6-5, min.89: Neucha dende o medio campo.
- Expulsión: o cabanés Josiño (min.57).
Partido máis ben waterpolo, o xogado en Xaviña de Buño que rematou con resultado de tenis. Pouco fútbol e moitos goles neste estrano choque que remataba cun final de partido no que se marcaron 5 goles nos últimos 8 minutos.
Aínda que comezaba marcando o Buño, era o Cabana o que saía máis enchufado e non tardou en remontar con dous goles de córner. Paralizouse o choque, como á espera do que estaba por vir.
Despois do descanso, con dous tantos tempraneiros de Santi e a expulsión dun xogador cabanés parecía que o partido se decantaba para o Buño, que se puxo 5-2 e puido marcar algún máis. Pero o Cabana reaccionou e incomprensiblemente, con todo controlado, o Buño deixouse empatar nos últimos dez minutos e incluso o Cabana tivo o gol da vitoria. Co 5-5 no marcado e o tempo cumplido, aínda non estaba todo dito e o clímax chegou xa no desconto co golazo de Neucha desde o centro do campo que confirmaba que o choque era de tolos.
Cómpre destacar a boísima arbitraxe.Zas - Seaia (1-0)
- ZAS: Rizos, Isma, Pereiro, Josito, Vecino; Canedo, Peke, Rubio, Dani (Diego, min.66); David Blanco (Manu, min.88) e Álex.
- SEAIA: Illote, Dimaga, Vistas, Miguel, Javi Rañal, Manuel (Moisés, min.60), Nando, Adra (Felipe, min.20), Damián, Juni (Tato, min.75) e Richard (Magovi, min.60).
- Gol: 1-0, min.53: Canedo a pase de David.
- Lesión: o visitante Adra.
Prantou cara o Seaia ao novo líder da Liga da Costa, que comezaba esperando atrás, aguantando as embestidas que ían chegando dos de Iván Cancela. Os locais, que fallaron moitas ocasións durante todo o partido, non puido romper a tela de araña dos zaenses, pedian un penalti a Dani na primeira. Rubio cruzaba demasiado e Álex tiraba preto do pau.
Na segunda mellorou o partido, e pronto o Zas se adiantaba nunha falta protestada polos malpicáns, que consideran unha falta de respecto algún comentario do colexiado cara os seus xogadores. Tivo o Zas a sentenza pero tamén tivo o Seaia o empate en varios balóns colgados que non atoparon rematador.
Cee - Porteño (5-0)
- CEE: Maikel, Fiuza, Jorge, Jacobo, Aitor (Carlos Leis, min.77), Paco, Piquero (Hidalgo, min.65), Josiño (Chiru, min.57), Isma (Leo, min.77), Juan (Lamela, min.85) e Bruno.
- PORTEÑO: Suso (Brais, min.80), Óscar (Oli, min.70), Gabi, Maikol, Doyle, Rodri, Iago, Cristian, Anxo (Curra, min.55), Meu Lar (Mario, min.77) e Jose (Marcos, min.65).
- Goles: 1-0, min.7: Bruno a centro de Josiño; 2-0, min.57: Piquero; 3-0, min.70: Isma Leis; 4-0, min.75: Leo a pase de Chiru; 5-0, min.88: en propia.
Parece que espabilou o Cee tras verlle as orellas ao lobo e nestas dúas finais parece que se permitirá deixar de mirar para abaixo. En fronte, o Porteño acusou as baixas dos 4 sancionados, e Roski tivo que tirar de 6 xuvenís para a convocatoria, facéndoselle o partido demasiado longo, se ben na primeira metade tiveron ocasións e prantaron cara.
O equipo de Rafa segue mellorando en xogo e sobre todo en confianza. Xa saíron a polo partido desde o primeiro minuto e xogaron cunha intensidade que recordaba á de principio de tempada. Marcou Bruno ós 7' a centro de Josiño despois dun pase xenial de Juan, na segunda ocasión que dispuñan. Puideron sentenciar ante un bo Porteño na primeira parte con ocasións de Piquero, Bruno e Isma por partida doble, se ben o Porteño tamén tivo o empate pero non superou ao meta Maikel.
Saíu o Cee na segunda parte igual de enchufados e mandando no partido e superando pouco a pouco no xogo e contando con ocasións nos pés de Bruno e Juan pero o gol da tranquilidade chegou ós 12' da reanudación por medio de Piquero. A partir de aí o Porteño intentouno pero con menos forzas e o Cee estaba ben plantados e Maikel sacou unha man espléndida a un tiro cruzado e evitou o que poido ser o 2-1.
Marcou Isma o 3-0 min 70, Leo o cuarto despois dun bo pase de Chiru, controlou dentro da área, regateu ó defensa e definiu con tranquilidade ante o porteiro. Tivo outra máis Leo que sacou un defensa baixo os paos e co partido case rematado unha xogada desafortunada suposo o 5-0, cesión dun balón perigoso dun defensa ó porteiro que erra no control.
Castriz - San Lorenzo (1-0)
- CASTRIZ: Diego, Dani Martínez, Álex, Alberto, Martín Uruguaio; Cilindro (Martín), Adrián Prol (Chinda), Agra, Bruno; Luís e Bolón (Adrián Beiroa).
- SAN LORENZO: Puyol, Anxo (David, min.70), Javi Puñal, Álex Figueiras, Pablo Novo, Álex Taibo, Adrián Fraga (Fuentefría, min.80), Schuster (Joaquín, min.65), Carlitos, Parafita e Juni.
- Gol: 1-0, min.15: David Agra de penalti.
Partido vibrante, dos que dá gusto xogar e ver, pola intensidade dos dous equipos, disputado e limpo, case que o mellor que se viu en Castriz esta campaña.
Bo partido dos de Esteban e tamén cadro de Pedro Gómez, que recupera a boa dinámica e as boas sensacións pero no que segue faltando o gol, pois tras unha primeira volta con 50 tantos, leva só 8 na segunda.
A primeira metade arrincaba co gol de penalti, claro, de Agra. O San Lorenzo controlaba pero non había demasiadas ocasións.
Abriuse algo o choque na segunda. O partido seguía tremendamente disputado, e chegaron ocasións para os dous bandos. Unha falta de Luís, unha chegada de Chinda, e dous remates de cabeza a balón parado de Álex, foron as mellores dos locais. Foi Álex protagonista tamén en defensa, salvando unha ocasión baixo paus clarísima, tras unha vaselina de Carlitos, Parafita ía meter a cabeza na liña de gol pero aparece Álex e salva o tanto cos carballeses xa cantando o empate. Tivo tamén o empate Juni e Carlitos pero o Castriz quedou cos puntos apretando, aínda máis, o alto da táboa.
Mazaricos - Outes (0-1)
- MAZARICOS: Marcos, Miguel, Esteban, Matías, Ramón, Chico, Ferreiro (Tuco, min.55), Pereiro, David, Estéfano e Chenel.
- OUTES: Gato, Róber Amoedo, Chúa, Martín, Chía (Saúl), Jura, Borja, Simón (Babu), Elías (Mario), Yago (Martin lago) e Manu (Rafa).
- Gol: 0-1, min.75: Elías tras un córner.
- Lesión: o xuvenil visitante Simón deixouse un cacho de moa no campo. Ademais os tamén visitantes Yago e Chía tiveron saír mancados.
Partido tremendamente igualado e duro entre dous equipazos, no que se cadra un empate tería sido máis xusto. O Outes saíu máis forte na primeira e foron mellores. Manu tivo 3 ocasións, incluído un balón ao madeira.
Cambiou o conto na segunda, con 20 fantásticos minutos dos de Néstor que puideron meter aos locals por diante. Ramón remataba ao longueiro, Chenel ao pau, e Matías bota fóra un rexeite nas mellores dos amarelos. Recompúñase o equipo de Manu Roque, e tras un man a man de Yago, chegaron varios córner consecutivos, e nun despiste da defensa amarela, o único do partido, Elías facía o solitario gol que dá 3 puntos de ouro para que o Outes siga metido de cheo na pelexa polo título, e que deixa ao Mazaricos, que podía terse metido aí, a 10 puntos do grupo cabeceiro.
Ponteceso - Baíñas (1-2)

- PONTECESO: Brais, Kevin (Youssef, min.80), Moscoso, Diego Collazo, Javi Peón, Mendieta, Alberto Recarey, Dieguito, Eloy (Pablo Márquez, min.88), Christian Martínez (Ismail, min.40) e Brais.

- BAÍÑAS: David, Luís (Héctor, min.75), Braulio, Mario, Marcos, Eloy, Eloy Vilas, Tasky, Jaime (Iván, min.60), Pablo Muíño (Cristian, min.65) e Javi Suárez (Rodri, min.80).
- Goles: 1-0, min.21: Brais aproveita un regalo da defensa; 1-1, min.53: Jaime de vaselina; 1-2, min.58: Javi Suárez.

Como vén este Baíñas de Pablo Mallón que tras 4 vitorias e un empate nos últimos 5 partidos peta ás portas do grupo de arriba. Foi un partidazo o vivido no Pinguel ante un centenar de espectadores a pesar da chuvia. Saíu, como soe facer, o Ponteceso a tocar ben, e nun despiste da defensa vimiancesa Brais abría o marcador. A partir de aí mediante unha sólida defensa aguantarían os ataques visitantes como un tiro de au pau de Pablo Muíño que ademais Javi Suárez falla o rexeite sen porteiro.
Xa na segunda metade o Baíñas saía moi enchufado e en apenas 15 minutos lle daba a volta ao marcador coa fermosa vaselina de Jaime e o gol, de oportunismo, de Javi Suárez, que xa leva 18.
O Ponteceso non se amilanou e seguiu dominando o encontro e buscando balóns aéreos para facer dano pero sen ocasións. O Baíñas terminou o encontro pedindo a hora e os locais pediron un penalti no desconto por posibles mans dun xogador vimiancés.

Crónicas da Liga da Costa
- X.24: Aprétase o alto da táboa con 4 equipos en 2 puntos.
- X.23: O Montelouro aínda está vivo e o Camariñas vai a por todas.
- X.22: Os 4 de arriba non fallan mentres o Cabana salva unha final ante o Montelouro.
- X.21: Aprétase a zona alta da Liga da Costa.
- X.20: O Zas apreta a táboa mentres Camariñas e Ponteceso respiran.
- X.19: O Outes pode co líder.
- X.18: O Outes apreta e o Montelouro respira.
- X.17: A 2ª Autonomica entra no Novo Ano con Tristeza.
- X.16: Peche de ano apretado.
- X.15: Un grupo de 7 equipos persegue ao implacable San Lorenzo.
- X.14: O San Lorenzo amosa o seu poderío e o Ponteceso saca a cabeza a costa do Montelouro.
- X.13: Unha xogada de Fair play para o recordo.
- X.12: O San Lorenzo non frea.
- X.11: O San Lorenzo marca o ritmo.
- x.10: O Castriz non pode co ritmo de San Lorenzo e Zas.
- X.9 :O trío de arriba non perdoa.
- X.8: O San Lorenzo asalto o liderato.
- X.7: O Castriz aproveita os líos dos rivais.
- X.6: Ratificando o bo comezo de Liga.
- X.5: Só Castriz e Zas dan un paso.
- X.4: 7 en cabeza.
- X.3: Cee e Volantes quedan sós.
- X.2: Xornada de estreas.
- X.1: Roda o Balón na 2ª Autonómica da Costa.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Un derbi de porta a porta.
- Preferente: Por fin unha doble alegría.
- Análise e resultados dunha xornada con 83 partidos no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- O Manuela Rial, o Muxía e o Fisterra, campións das LCFS.
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).