Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Muxía métese, por fin, en postos de Promoción

3ª Autonómica: O Muxía métese, por fin, en postos de Promoción
O Coristanco-Cerqueda empezaba cun minuto de silencio-Foto-UD A Clínica Fisioterapia Xunqueira de Cee patrocina a 3ª. Coñécenos en Facebook

Pararon a marcha os Cerqueda e Ameixenda nesta 25ª xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Así e todo seguen con ampla vantaxe sobre o resto.

A pelexa parece que será pola Promoción. O Muxía, tras unha gran remontada nos últimos meses, métese por fin entre os 6 primeiros, despois de gañar ao Ameixenda e aproveitar a derrota do Nantón en Lombáns, nun partido moi raro ante o Lira. Quedan os cabaneses fóra dos postos, a 1 dos muxiáns e a 3 dos carnotáns.

Un pouco máis arriba está o Corcubión, que gañaba nun partido algo polémica ao Castrelo, e o Coristanco, que empataba nun partido vibrante ante o Cerqueda.


Lira - Nantón (4-3)

  • LIRA: Peipo, Paky, Josiño, Eloy, Pelos, Pata, Adrián Porto, Demetrio, Cibrán, Manu e Oli. Tamén xogaron: Santi, Trozo e Miki.
  • NANTÓN: Ernestio, Dani Cosata (David, min.70), Carlos (Raúl, min.46), Eloy, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Amado, Luís, Martín e Lareu.
  • Goles: 1-0, min.8: Oli de penalti; 1-1, min.13: Luís de penalti; 1-2, min.31: Luís de vaselina; 1-3, min.40: Fabio aproveita un pase atrás que queda corto; 2-3, min.70: Oli; 3-3, min.73: Adrián Porto; 4-3, min.78: Manu.

Partido de tolos o vivido en Lombáns, nun choque ademais moi importante para as aspiracións dos dous equipos a meterse na Promoción. De feito, a derrota deixa ao Nantón provisionalmente fóra dos 6 primeiros postos, trala vitoria do Muxía.

E iso que o Nantón tivo o partido claro para sentenciar, pero 10 bos minutos do Lira, e malos do cadro cabanés, no treito final, permitiron que os de Nito deran a volta ao marcador.

Comezaba o partido co Lira moi metido con varias chegadas e nunha delas Oli marcaría de penalti. Pronto se metía o Nantón de cheo no partido e Luís, por partida doble e xa chegando aos 20 tantos, daba a volta ao marcador. Antes do descanso Fabio facía o terceiro aproveitando un regalo da defensa liracha.

Saía o Lira buscando a remontada na segunda, co Nantón metido atrás defendendo asúa vantaxe. Pero chegaba o minuto 70. Oli recurtaba, e aos 5 minutos Adrián porto facía a igualada. E sen tempo a lamentarse Manu facía o gol da vitoria local cun fermoso tanto dende o pico da área polo segundo pau. Aínda quedaban 15 minutos e o Nantón intentou reaccionar pero estaba Peipo para impedir o empate.


Corcubión - Castrelo (4-2)

  • CORCUBIÓN: Beto, Javi, Checho, Marcos, Trillo, Sebas, Toja, Balucho, Lema, Gorka e Alan. Tamén xogaron: Mini, Gabi, Senra e Javi Floreal.
  • CASTRELO: Caamaño, Marcos, Pichon, Quintans, Raul, Stiven (Ozon), Roi (Elvis), Félix, Diego, Rafa e Lucho (Edreira).
  • Goles: 1-0, min,12: Balucho; 1-1, min.25: Roi; 2-1, min.60: Lema; 3-1, min.79: Balucho; 3-2, min.89: Raúl : 4-2, min.90: Lema .
  • Expulsión: o visitante Marcos no min.38.

Partido estrano cun resultado que non reflexa o vivido no Novo Cubaleiro, con demasiado premio para un Corcubión estivo a mercé do Castrelo gran parte do partido. Empezaba o encontro cuns minutos de tanteo de ambolos dous equipos, pero de contado o Castrelo fariase dono do partido quitándolle o balón a un Corcubion que non conseguia pasar de 3/4 de campo. Xa con algunha ocasión do Castrelo sería o Corcubión na primeira xogada, e tirando da estratexia, quen se adiantaría no taboleiro. Na contra, o Castrelo seguia fiel a idea de ir a polo partido e pronto Roi faría o empate no minuto 25. Cun Corcubión noqueado, de novo Roi e despois Rafa, poideron desfacer o empate po Castrelo, pero nas dúas encontrariase co meta local Beto.

Clave foi a expulsión, a 5 do descanso, do xogador visitante Marcos, por unha falta clara pero non grave. Tería o Castrelo que xogar mais de 50 minutos en inferioridade. Un Castrelo que “non entende o criterio da Federacion para asignar un colexiado do pobo veciño (Fisterra) a Corcubión, e no que xoga algun que outro veciño do colexiado”. Algo que, en todo caso, soe acontecer nos partidos da comarca.

Tralo descanso o Corcubión, saía ca intención de coller o protagonismo, e era Lema o que metía aos seus por diante. Estiraba liñas o Castrelo pero á contra Balucho case que sentenciaba. Aínda tivo para recurtar o cadro de Rolan, pero xa co tempo cumplido, e no desconto, co Castrelo volcado, era o Corcubión o que facía o cuarto.


Muxía - Ameixenda (4-2)

  • MUXÍA: José Antonio, Peski, Currás, Juan, Martín, Javi, Conguito, Gerardo, Esteban (Julián, min.70), Alberto (Castreje, min.80) e Arxires (Pataca, min.60).
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Iván Pequeño, Samuel (Camacho, min.46), Álex, Javichu, Demetrio, Jesús, Mario, Momaño (Bichiño, min.46) e Cristian (David, min.30).
  • Goles: 1-0, min.10: Alberto de penalti; 2-0, min.15: Arxires; 3-0 min.20: Esteban dende 30 metros; 3-1, min.55: Mario; 4-1, min.87: Pataca de penalti; 4-2, min.90: Mario.

Métese por fin o Muxía en postos de Promoción tras unha gran remontada na táboa.Os de Suso tiveron que gañar a todo un Ameixenda, que saíad durmido en Arliña e en apenas 20 minutos xa levaban 3 no lombo. Quedaba o choque decicido nunha primeira metade na que o vento foi o protagonista e o cadro muxián soubo aproveitalo mellor.

Recurtaba distancias Mario ao comezo da segunda pero non era quen de romper a liña defensiva dos roxiños ata os últimos minutos, cun gol por cada bando.


Coristanco - Cerqueda (1-1)

  • CORISTANCO: Nacho, Jose (Bértoa, min.75), Sergio, Mato, Joni (Chiki, min.65), Marcos, Juan, Gonzalo, Pazos; Iván e Ivi.
  • CERQUEDA: Gesto, Sergio, Atu (Pablo, min.61), Dani, Javi Pazos, Lorenzo, Jhonny (Luchi, min.50), Alberto Verdes (Javi, min.59), Darío (Pailos, min.85), Jacobo (Juanjo, min.78) e Dani Seaia.
  • Goles: 1-0, min.55: Ivi aproveita o rexeite a unha falta botada por Gonzalo; 1-1, min.64: Jacobo tras unha gran xogada de Lorenzo dentro da área.

Partido moi igualado, que rematou nun xusto empate. Non puideron os de Emilio Uzal sumar a súa 11ª vitoria seguida pero seguen sen perder dende a xornada 13. O Choque empezaba cun minuto de silencio gardado en memoria das avoas do dianteiro cerquedán Martín e do ex xogador, directivo e presidente Víctor.

O equipo de Da Silva estivo mellor no primeiro tempo, moi seguros en defensa e facendo dano a balón parado entre Juan e Ivi., ante un Cerqueda que tiña máis a posesión. Así e todo a primeira metade puido máis o respecto que as intencións e non houbo demasiadas ocasións.

Estirouse algo o coche na segunda, cun Coristanco que a base de xogo directo metíase na área rival. A balón parado chegaba pronto o gol de Ivi, e neses minutos o Coristanco puido sentenciar, pero Gonzalo estaba en fóra de xogo na mellor ocasión.

Pero reaccionou o Cerqueda e con boas combinacións e unha boa presión, veuse arriba entrenado polas bandas. Era Jacobo o que facía a igualada, nunha xogada na que os xogadores locais pedían falta en ataque.

Buscou o Coristanco o gol da vitoria e en dúas faltas Ivi e Juan mandaron o balón ao pau, se ben o Cerqueda tamén tivo un par de chegadas de Dani Seaia e Luchi que puideron acabar en gol.

Aquí está o gol do empate para o Cerqueda:


Crónicas da 3ª Autonómica

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios