Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Copa da Costa: O Camariñas sorprende ao Soneira e o Dumbría sofre co Sofán

Copa da Costa: O Camariñas sorprende ao Soneira e o Dumbría sofre co Sofán
O Camarinas celebra a sorpresa ante o Soneira-Foto-Jorge Parri Senra Sport patrocina a Copa da Costa 2013 Cuartos a medias os que se disputaron esta fin de semana nesta 50ª Edición da Copa da Costa patrocinada por Senra Sport. I é que dous dos 8 equipos estaban máis pendentes das Fases de Ascenso que dos choques copeiros, polo que a tensión en Baio e en Malpica foi menor. Así e todo, o Cerqueda, tras caer o sábado na Fase de Ascenso á 2ª, esforzouse para seguir soñando na Copa e puxo en moitos apuros ao seu veciño, o Malpica. O Baio presentou un equipo cheo de xuvenís, un premio tamén para eles, mentres preparaba o gran partido do domingo. As outras dúas eliminatorias si que foron tensas e interesantes, dignas da competición. O Dumbría sufriu ata o último instante para superar a un gran Sofán, mentres que o Camariñas deu a sorpresa e eliminou a todo un Soneira no seu campo. Quédannos así unhas semis moi bonitas: Dumbría-XSC e Camariñas-Malpica.

Soneira - Camariñas (1-2)

Paco e Baba no Soneira-Camarinas-Foto- Jorge Parri
  • SONEIRA: Cheli, Pichi, Iván Cerilla, Maikel, Mayuyo, Fran de Urroa, Baba, Javi, Cristian Figueroa (Toni Fisterra, min.75), Adrián Makaay e Basti (Richi, min.55).
  • CAMARIÑAS: Pombo, Sergio, Rodri, Manuel, Brais Mouzo, De la Sierra, Moriño, Brais Triñanes, Juan oBello (Nico, min.90), Martín (Paco, min.65) e Alex (Borja, min.46).
  • Goles: 1-0, min.55: Baba; 1-1, min.74: De la Sierra de penalti sobre Martín; 1-2, min.88: Brais Triñanes dende fóra da área.
  • Expulsión: Maikel polo segundo cartón no penalti sobre Martín (min.74).
Imaxe do Soneira-Camariñas-Foto- Jorge Parri Deu a sorpresa dos Cuartos o Camariñas, que foi mellor no cómputo global do partido. I é que vendo as aliñacións, non hai tanta diferencia entre ambos conxuntos a pesar das categorías, e desta volta, o Camariñas foi máis incisivo e contou con máis sorte nos momentos cruciais. Foi un choque moi bonito, con alternativas no xogo e no marcador, con intensidade ata o final e no que podía marcar calquera en calquera momento e decantar a balanza. A primeira foi moi igualada e trascorreu sen demasiadas ocasións. O Camariñas estaba un pouco máis enriba, cun bo De la Sierra que puxo varios centros con intención. O Soneira foise entonando e foi collendo o balón e chegando con máis profundidade. Adrián Makaay estivo preto do gol, e de feito fallou un penalti cunha gran intervención de Pombo, e Basti estivo a piques de marcar pero a defensa sacou baixo paos. Marcou o Soneira ao comezo da segunda metade, pero o Camariñas, coa entrada de Borja, un portento físico non escaso de calidade provinte do balonmán, nunca lle perdeu a cara ao partido, pois un gol o metían en semis tralo 0-0 da ida. E cando faltaban algo menos de 20 minutos chegou a xogada clave, nunha contra Martín forzou un penalti coa consecuente expulsión de Maikel. Un penalti que non fallaba De la Sierra, quedando 15 minutos por diante e o Soneira con 10. Intentouno con máis corazón que cabeza o cadro de Felipe, pero non puido traspasar a defensa dos de Berto. E foi o propio Camariñas o que puña a puntilla xa case que co tempo cumplido por medio de Brais Triñanes.

Malpica - Cerqueda (2-1)

Malpica en Pedra Queimada-Foto-Luis e Porto
  • MALPICA: Suso, Víctor (Tato, min.46), Martín Uruguaio, Mario Casal, David Castro, Alemán (Andrés, min.46), Neucha, Ismael (Fernando Varela, min.36) (Iago, min.79), David Blanco, Mino e Manuel Casal.
Cerqueda en Pedra Queimada-Foto-Luis E Porto
  • CERQUEDA: Costa (Rubén, min.75), Atu, Bastón (Juanjo, min.30), Javi, Pablo, Javi Pazos, Dani Seaia (Iván Ponte, min.79), Lorenzo, Dani, You (Manu, min.54) e Dieguito.
  • Goles: 0-1, min.25: Dieguito aproveita un rexeite do meta Suso para marcar; 1-1, min.50: David Blanco non desaproveita un bo pase de Neucha tras combinar con Tato e Mino; 2-1, min.70: Tato tras combinar con Mino.
  • Expulsións: os visitantes Dieguito por protestar (min.70), Pablo por unha entrada (min.80) e Juanjo por unha liorta (min.88).
  • Lesionados: o visitante Costa e o local Fernando Varela.
Capis do Cerqueda e do Malpica-Foto-Luis E Porto Completou o Cerqueda a súa mala fin de semana tralo fallido ascenso, cunha, iso si, digna derrota en Pedra Queimada. O derbi copeiro, marcado como dicimos pola Fase de Ascenso á 2ª, foi seguido por máis de 200 siarieiros e o Cerqueda fixo un gran partido obrigando ao Malpica, a esforzarse ao máximo. Non parecía que houbese dúas categorías de diferenciaentre ambos conxuntos e de feito, durante media hora o cadro cerquedán tiña empatada a eliminatoria tras colocarse 0-1 no ecuador da primeiranmetade. Pero as forzas da UD Cerqueda flaquearon na segunda, que ademais viron como o árbitro recibía un innecesario protagonismo expulsado a 3 xogadores visitantes. Ademais, na segunda, o Malpica mellorou cos cambios e deixou a relaxación inicial para outro día e tentou sentenciar pronto. David Blanco empataba pronto e Tato puña a puntiña faltando 20 minutos. O Malpica enfrontatase ao Camariñas nas semis, mentres que o Cerqueda despide así, con algo de tristeza, un ano verdadeiramente espectactular, i é que quedar 5º en Liga, chegar á finalísima da Fase de Ascenso e aos Cuartos de Copa da Costa só pode ser entendido como un éxito.

Dumbría - Sofán (3-2)

DUmbria ante o Sofan-Foto-Jorge Parri
  • DUMBRÍA: David, Carreira (Adrián Alcaina, min.70), Isma (Rudi, min.30), Jose, Aaron Fdez., Aaron Lopez, Iago, Israel (Dani Casal, min.46), Dosil, Marcote e Leo (Luisito, min.46).
A SD Sofán no Conco-Foto-Jorge Parri
  • SOFÁN: Dani, Lista (Cantudo, min.86), Marcos (Jacobo, min.86), Juanjo, Gustavo, Boedo, Suso (Pikas, min.71), Ivan Rey, Abel (Santi, min.76), Michel e Ivan Rojo.
  • Goles: 1-0, min.30: Marcote remata unha falta lateral; 1-1, min.44: Iván Rojo de penalti por mans de Jose; 2-1, min.68: Aarón Fdez. nun córner; 2-2, min.71: Suso a pase de Iván Rojo; 3-2, min.86: Aarón López de novo tras unha xogada a balón parado.
Isma Huete tivo que saír lesionado-Foto-Jorge Parri Partidazo no Conco entre un Sofán que o deu todo ante un potente Dumbría pero que non tivo a sorte de cara. Os carballeses responderon a cada golpe dumbriés, pero estes contaron cun pelín de experiencia e conseguiu o pase ás semifinais nos últimos minutos, con tensión ata o pitido final. Comezou mellor o cadro local, cun Leo moi incisivo que mandaba unha espectacular chilena ao longueiro. O primeiro tanto dumbriés, do novo Marcote, á media hora, fixo espertar á SD, que durante estes últimos 15 minutos da primeira metade puxo en apretos ao meta David, ao tempo que Isma Huete se lesionaba. Así, xa ao fío do descanso un penalti por mans era transformado por Iván Rojo para facer o empate e deixar a eliminatoria igualada. Comezaba a segunda metade, uns segundos 45 minutos de auténtica vertixe. Dous equipos volcadísimos, con entrega, e calidade. Iván Rojo avisaba cun gran chut, pero foron as xogadas a balón parado as que decantaron o choque, da man dun Aarón Fdez. que facía dano por arriba a cada centro. El marcaba o segundo, pero sen tempo a celebralo Suso, o histórico goleador sofanista, facía un tanto que os metía en semifinais. Quedaban apenas 20 minutos e o Dumbría volcouse con todo. Foi de novo un balón colgado e a cabeza neste caso de Aarón López a que conseguía o 3-2 para deleite da parroquia local e desesperación dos sofanistas, que aínda tiveron unha ocasión por medio de Jacobo xa co tempo cumplido, pero non puido ser. O Dumbria sufriu para superar ao Sofan-Foto-Jorge Parri

Baio - XSC (0-2)

O XSC saiu cunha camisola animando a Orlando-Foto- XSC
  • Goles: 1-0: Oscarín; 2-0: Javi Suárez.
Xa coa eliminatoria sentenciada co 8-0 da ida, o XSC prantábase no Platas Reinoso para volver enfrontarse ante un Baio cheo de xuvenís, pensando no choque da Fase do domingo. Pouco houbo que ver nun partido no que Corredoira tamén deu minutos aos menos habituais e que puido sentenciar con relativa facilidade.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios