Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Cabana freou ao Malpica

Xuvenís: O Cabana freou ao Malpica

Ía mangado o Malpica pero o Cabana freoulle a marcha esta pasada fin de semana nas Redondas. A cousa segue entre 4 equipos polo Norte mentres que no Sur os 3 de arriba están escapando abrindo unha fenda.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 14

Chegaba o Malpica moi líder ás Redondas, e sae menos, pois o Cabana queda 2 puntos por debaixo pero cun punto menos, empatado co Corme. O Ponteceso queda a 3 de Cabana e Corme, tras non pasar do empate ante o Laxe no partido máis goleador da xornada. Parece que o equipo de Rubén Souto pode ser o únco que arrebate unha das 3 prazas aos de arriba.

Cabana - Malpica (3-1)

Cabana Xuvenil-Foto-Luis E POrto
  • CABANA: Adrián, Villar, David, Raúl, Aurelio, Cacha, Redondo, Dani Mato, Iván Mato (Cristian, min.88), Álex, Pablo (Grille, min.80).
  • Malpica Xuvenil-Foto-Luis E POrto
    • MALPICA: Manuel, Jorge, Víctor Novo (David, min.88), Canario, Steven (Alberto, min.73), Diego, Pitís (Brais, min.88), Guille (Mouri, min.67), Almeida, Eloy, Kevin.
    • Goles: 1-0, min.35: Iván Mato; 1-1, min.40: Kevin; 2-1, min.63: Alex; 3-1, min.85: Iván Mato nunha contra.
    • Expulsións: os malpicáns Eloy e Canario no min.80.

    Frea o Cabana a un Malpica que viña lanzado, e non perdía dende a xornada 1, e sumaba 10 vitorias e 1 empate neses 11 partidos. E o partou cunha gran primeira metade do cadro de Fernando, que aínda así deixaba o marcador en táboas para ir aos vestiarios. Cacha, moi activo, Redondo, e Alex tiveron as mellores ocasións na primeira para os locais, mentres que o Malpica apenas chegou por medio de Pitís no primeiro tempo. Iván Mato abría o partido antes do descanso pero Kevin anulaba a renda.

    Pero na segunda metade cambiou o panorama. Logo duns minutos nivelados, Alex metía de novo aos cabaneses por diante. A partir de aquí os malpicáns volcaronse na portería local. O colexiado anulaba un gol de Pitis por fóra de xogo e aí perdían os nervos varios xogadores malpicáns que acaban expulsados, permitindo que Iván Mato finiquitase o choque.

    Corme - Castriz (3-1)

    • Goles: 1-0, min.25: Fran; 1-1, min.30: Andy; 2-1, min.57: Sergio; 3-1, min.58: Manu.

    Bo partido do Castriz que segue en clara melloría. Onte non mereceron perder así en Corme, ante un equipo ao que lle faltaban 4 puntais, pero que solventou o partido con dous mazazos rápidos e limpos. Tras unha primeira metade igualada, Sergio e Manu abría terreo entre os dous equipos en apenas un minuto. Pediron un penalti os xalleiros sobre Andy, que podería ser a expulsión do meta cormelán.

    Coristanco - Baio (1-0)

    • CORISTANCO: Abelenda, Javi, Navarro, Iván, Naya (Fondo, min.75), Pombo (Mosquera, min.80), Jorge, Bértoa, Brandón, Jonathan e Joaquín (Falcao, min.15).
    • BAIO: Guillermo, Pablo, Jose, Silvariño, Efe, Kevin, Anxo (Javi, min.25), David, Santi Díaz, Estefan, Cristian (Alfonso, min.75).
    • Goles: 1-0, min.75: Pombo.
    • Lesión: Anxo cunha escordadura forte de nocello.

    Tres puntos que leva o Coristanco e 3 puntos máis que se deixa un Baio que este curso non está tendo nada de sorte. O de Pastoriza seguen ca súa aposta polo fútbol combinativo e de forte presión, pero teñen problemas na definición. Botan de menos a Cristian, xuvenil de primeiro ano que xa está sempre cos maiores.

    Comezaba dominando o Baio tendo moito o balón e facendo dano. A lesión do medio centro Anxo foi clave e o Coristanco perdeu un pouco o control do balón, pero aínda así seguía marcando o tempo do partido.

    Pouco a pouco o Coristanco se ía sacando o dominio e na segunda metade estiveron máis metidos no campo rival. O Baio sacou un par de contras, sendo mellor ocasión dos baieses de Santi que se levou a 3 dende o seu campo pero non definiu co porteiro.

    Jorge lanzaba unha falta para o Coristanco a modo de aviso, e Jonathan tamén se achegaba á meta rival. Foi finalmente Pombo o que asinaba o gol da vitoria, un gol protestado polos baieses ao considerar que viña precedido dun fóra de xogo que o colexiado non puido ver.

    Laxe - Ponteceso (4-4)

    Partido tremendamente igualado no que o Ponteceso quedou sen dous puntos que poden ser vitais para meterse na loita. Quedaba con 10 o equipo de Nano na primeira, pero aínda así puido aguantarlle ao Ponteceso unha hora cun home menos.

    Camariñas - Porteño (3-3)

Comentarios