Xoves. 12.12.2019
El tiempo

4 Bens Culturais da Costa da Morte na Lista Vermella do Patrimonio Galego

4 Bens Culturais da Costa da Morte na Lista Vermella do Patrimonio Galego
Recuncho-Capela-Santa-Eulalia-Chacin

Parece evidente que coidar, non coidamos moito do noso patrimonio arqueolóxico costeiro. Se ben temos iniciativas pioneiras, como o proxecto actualmente en marcha Croa do Castro de Cerqueda, son maioritarias as novas en clave de abandono: que se as fortalezas ocultas de Muxía, as mámoas esquecidas, e mesmo destrozadas polos eucaliptos… ao tempo que seguimos, e xa va 13 anos de promesas, polo Parque do Megalitismo da Costa da Morte.

Hoxe botamos man da Lista Vermella de Patrimonio.net, o catálogo galego armado pola propia sociedade a través da rede. Unha Lista de Bens Culturais en perigo inminente.

Unha lista que parte dunha base terrible: Galicia non sabe cantos Bens Culturais ten, e moitos, agora xa máis de 6500, foron catalogados a partir desta ferramenta patrimonio.net, aberta pola propia veciñanza. A lista vermella conta con máis de 45 bens en perigo real de destrución, e se ben son moitas as cousas positivas que se están a realizar en Galicia en materia patrimonial, non son gracias ás administracións, pois os orzamentos da Xunta para o asunto minguan cada ano.

4 Bens en perigo na Costa da Morte

Son 4 os Bens (e seguro que hai moitos máis) Culturais en real perigo de extinción na Costa da Morte:

- O Castro Castelo, en Laxe, do que xa temos falado en QPC, e que está en perigo real de ser destrozado por una estrada.

Castro Castelo de Laxe na Lista Vermella de Bens Culturais-Foto-Patrimonio Galego

- A Reitoral de San Martiño de Touriñán, en Muxía. Unha casa de entre o século XVI e o XVIII que está completamente en ruínas.

Reitoral de San Martino de Tourinan-Foto-Patrimonio Galego
Vista aerea do Castro de Barbeira de Santa Comba-Foto-Patrimonio Galego

- O Castro de Barbeira, en Santa Comba, da idade do Ferro e do que apenas queda un pequeno rastro das súas defensas, arrasadas polos traballos do agro.

- A Igrexa de Santa Baia de Chacín, en Mazaricos, un lugar máxico, a piques de derruirse, que xa temos visitado nos Recunchos da Costa.


Máis información

Novas relacionadas

Novas sobre o Parque do Megalitismo

Máis novas arqueolóxicas

Fonte

Comentarios