O BNG pide a anulación definitiva dos proxectos eólicos na contorna dos Penedos de Pasarela e Traba

Hoxe venres, ás 10:30h, a Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento de Galiza abordará o asunto dos eólicos na contorna dos Penedos de Traba e Pasarela. O deputado do BNG Daniel Pérez volverá sacar o tema pedindo que a Xunta de Galicia que denegue as autorizacións para os proxectos eólicos previstos no ámbito dos Penedos de Pasarela e Traba polos efectos negativos que terían sobre o potencial turístico da propia paisaxe protexida e da súa contorna.
O deputado alude na súa iniciativa aos valores valor natural, paisaxístico, cultural, científico, e mesmo turístico, que teñen os Penedos, que gozan dun réxime de protección especial dende a súa inclusión na Rede galega de espazos protexidos, “aínda que, de xeito incomprensíbel, houbo que esperar até o ano 2021 para que se iniciase o procedemento de aprobación dos instrumentos de ordenación e xestión da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, malia que o Decreto 294/2008 ditaminaba que no prazo de dous anos desde a súa entrada en vigor o goberno galego debía aprobar o plan de conservación desta paisaxe protexida, a fin perseguida con eses instrumentos pódese ver comprometida de xeito irreversíbel".
Se esta espectacular formación de penedos graníticos xa foi ameazada por unha canteira hai 25 anos,agora a ameaza ten forma de aeroxerador, xa que están proxectados dous parques eólicos, o do MonteChan e o da Pena dos Mouros. O primeiro, na zona sur do val, contempla a instalación de 9 aeroxeradores que acadarían unha potencia global de 46,2MW. O segundo tería 7 turbinas máis, cun total de 35 MW de potencia.
Ademais, estes proxectos eólicos poderían afectar tamén á Zona de Especial protección dos Valores Naturais (ZPVN), Zona de Especial Conservación (ZEC) e Zona de Especial protección de Aves (ZEPA) “Costa da Morte”.
NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA
- Setembro 21: Patrimonio comprométese a rexeitar calquera proxecto eólico que afecte aos Penedos de Traba e Pasarela:
- Laxe e Vimianzo presentan o novo folleto coas rutas dos Penedos.
- 14-06-21: A veciñanza tamén dixo non aos Eólicos sobre os Penedos.
- 28-05.21: O PP rexeitou no Parlamento unha enmenda para paralizar os Penedos de Traba e Pasarela.
- 23-05-21: A poesía voltou ao rescate dos Penedos.
- Maio 21: Civismo e cultura únense para salvar os Penedos da invasión eólica.
- Abril 21: "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- 30-04-2021: Laxe e Vimianzo tiran dos Penedos de Traba e Pasarela .
- 27-03-2021: O pleno de Laxe esquece os Penedos de Traba e Pasarela.
- "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- Febreiro 21: Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos.
- ANOVA: “A Xunta paraliza a ampliación da Rede Natura para favorecer a ubicación irregular de eólicos como os de Monte Chan”.
- O BNG oponse ao PE Monte Chan, “unha ferida de morte na paisaxe dos Penedos”.
- O SEMESCOM presentou alegacións contra os dous proxectos dos parques eólicos que ameazan os Penedos.
- 22-02-2021: O BNG de Laxe presenta unha moción para que o pleno rexeite os Parques Eólicos de Monte Chan e Pena dos Mouros.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida