Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha nova marcha, 15 anos despois, en defensa dos Penedos

Cartel Marcha Penedos 2021
Unha nova marcha, 15 anos despois, en defensa dos Penedos

Trala emotiva sesión de socorro poético, os Penedos de Traba e Pasarela volverán vivir unha xornada reivindicativa en defensa do patrimonio natural e en contra da invasión eólica, nomeadamente ao parque eólico Monte Chan. A Plataforma de Salvemos os Penedos escolleu este sábado 12 de xuño para desenvolver unha marcha, lembrando que hai xusto 15 anos, en 2006, cando se realizara aquela marcha en contra da canteira.

Desta vez haberá unha maior participación veciñal, tanto de Pasarela, o núcleo máis achegado aos Penedos, como de Calo e Traba. Serán os veciños os que encabecen esta protesta, que partirá da escola de Pasarela ás 11 da mañá e unha vez que os participantes cheguen á explanada que hai ao pé da Cachucha, que ten como escenario a “Ferida” producida en 1997 de xeito ilegal por unha empresa que pretendía instalar unha canteira neste lugar, intervirán representantes dos veciños deses núcleos mais achegados, antes de que o faga o xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní e que a escritora Rosalía Fernández Rial dea lectura ao Manifesto. O acto está previsto que remate cara a unha da tarde.

A Plataforma, integrada polos colectivos: Asociación de Veciños de Pasarela, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM), Asociación Calo Rural, Senda Nova, Colectivo A Rula, Instituto de Estudos Bergantiñáns, Contramínate, Camiño dos Faros, Asociación Parroquial de Berdoias, A.X. Cherinkas de Vimianzo, A. Feminista As Curandeiras de Vimianzo, Rede Galega por un rural vivo, Boca de sapo, Adecom e o Colectivo na Area, xa presentara anteriormente alegacións contra estes proxectos e organizara o acto de Poesía nos Penedos, o pasado 22 de maio.

NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA

Comentarios