O Museo do Mar de Laxe acolle unha nova exposición sobre o Prestige


Xa está aberta,durante as fins de semana deste mes de agosto no Museo do Mar de Laxe a Exposición "Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible". Outro xeito de manter viva a memoria daquela catástrofe no seu máis amplo aspecto, neste décimo aniversario.
A exposición, de carácter temporal e cedida polo CEIDA, da a coñecer as consecuencias reais da catástrofe ambiental creada co fundimento e, ó mesmo tempo, estimula a reflexión sobre os nosos patróns de consumo enerxético. Entre os módulos que a compoñen destaca a maqueta dun petroleiro, un módulo sobre aves mariñas afectadas ou a reproducción a escala dun barril de petróleo.
O Museo do Mar de Laxe albergará esta mostra durante todo o mes de agosto. "Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible", así como a exposición permanente, estará aberta ó público os sábados, domingos e festivos en horario de 11.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 horas.
A pé de rúa
Ademais, e cando xa non queda nada para o Atalajazz 2012, este xoves 9 de agosto, terá lugar a cuarta e última das actuacións previstas para os Pé de Rúa programados para os xoves cada verán. Desta volta será o Grupo Residúo o que traia o seu espectáculo de novo circo con malabares realizados con material de refugallo con fortes doses de humor que sorprenderán a todos os públicos.
O espectáculo dará comezo ás 20:00 horas na Praza de Ramón Juega.
Novas relacionadas
Novas relacionadas
- Lorena Martínez: As cifras do Prestige.
- “Hoxe, limpamos outro Prestige”.
- Onde quedaron as axudas do Prestige?.
- Tempo de ir ás crebas: Chapapote no Rostro.
Máis novas
- Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca.
- As Bodandes da Fala: Entrevista con Nacho Castro: "Sen os voluntarios…, morremos”.
- Lorena Martínez: Man de Camelle.
- Retrato a tamaño natural.
- O Faro Fisterra ilumínase para dar as gracias aos Voluntarios.
Os voluntarios que cambiaron a Costa
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac.
- Pepita, a primeira voluntaria do Prestige.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).