Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Parlamento rexeita ataxar os problemas do porto de Laxe

O Parlamento rexeita ataxar os problemas do porto de Laxe
Ao porto de Laxe faltalle abrigo

4 anos xa van dende que saltou á voz pública problemática dos áridos da praia de Laxe. Chegou mesmo ao Parlamento Europeo, con ameaza de denuncia e todo a Portos de Galicia. Volve ser o BNG o que saca de novo o asunto á palestra, i é que con estes temporais os problemas duplícanse.

I é que non só a area volve invadir o paseo, se non que a falta de abrigo do porto laxense obriga aos barcos laxenses a refuxiarse no porto de Camariñas, moito menos exposto ás mareas.

E se o alcalde xa puxera no tellado da Xunta o problema cos áridos hai tempo, o PP devolveulla e delegou no concello de Laxe e Portos de Galiza os arranxos do porto.

Foi o portavoz de Pesca do BNG, Daniel Rodas o que sacou o tema no Parlamento Galego, recriminando ao PP por “seguir mareando a perdiz” ao anunciar o voto negativo á Proposición non de lei presentada polo propio BNG. Unha proposición que simplemente pide o cumprimento dun acordo parlamentario do ano 2011 para acondicionar o porto, impedir a súa incidencia no areal e garantir as condicións de atraque e fondeo con seguranza para embarcacións e mariñeiros. É dicir, unha moción para aprobar algo que xa estaba aprobado...

Novas relacionadas

  • 13-11-13: A area non quere marchar do paseo marítimo de Laxe.
  • Fonte

    Comentarios