Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Croa do Castro, feudo nacional de Billarda

A Croa do Castro, feudo nacional de Billarda
Presentando a Liga Nacional de Billarda na Croa do Castro de Cerqueda Aberto de Billarda na Croa do Castro de Cerqueda-Malpica

Témolos visto na praia de Laxe, e agora a Liga Nacional de Billarda aterra no Concello de Malpica para poñer en valor un dos seus lugares emblemáticos. En pleno proceso de difusión, a Croa do Castro acollerá a 11ª Xornada da Conferencia Noroeste terá lugar o domingo 8 de maio a partir das 11 na parte superior (acrópole) deste xacemento castrexo.

A Croa do Castro de Cerqueda será un dos lugares máis especiais onde a Liga Nacional de Billarda desenvolva unha das súas xornadas de promoción deste xogo tradicional. Desta maneira, promóvese o patrimonio arqueolóxico á vez que se intenta recuperar en Malpica de Bergantiños este xogo tradicional que contou con moitos participantes hai décadas.

Moito máis que patrimonio e billarda

Á parte da propia competición desenvolveranse actividades complementarias como unha parada ciclista e outra cabalar. Todas aquelas persoas da parroquia que queiran participar farano coa camiseta branca da UD Cerqueda, coa que, durante esta liga, promociona A Croa do Castro de Cerqueda. Ademais, no Centro Cívico de Malpica de Bergantiños abrirase na próxima semana a exposición “10 Anos da Liga Nacional de Billarda”, mostra que quedará aberta ata mediados do mes de maio.

Inscricións

A inscrición é gratuíta e poderá realizarse no departamento de Deporte do Concello de Malpica no teléfono 981 720 001. Ou a través do representante da Liga Nacional de Billarda, Xosé Collazo Regueiro, 650 289 318. Haberá tres categorías: infantil para participante menores de 15 anos; adultos para maiores de 15 anos; e mulleres sen franxa de idade. Ademais, haberá un premio especial para o primeiro clasificado do concello de Malpica. O prazo límite de inscrición será o venres 6 de maio.

A organización corresponde á Liga Nacional de Billarda e conta coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños, a través do seu departamento de Deporte, e das entidades UD Cerqueda, Asociación de Veciños Monte d’Arxa, Asociación Cabalar Os Veteranos e do Club Ciclista Castro da Croa.

Novas relacionadas

Novas sobre a Croa do Castro

Fonte

Comentarios