O Festival “Isla Bonita” de apoio ás entidades animalistas de La Palma xa ten programa

Continúa agromando as iniciativas costeiras de axuda á illa da Palma, devolvendo, dalgún xeito, aquela axuda mundial que recibíramos ca Marea Blanca do Prestige. Unha das accións máis singulares é o Festival, o concerto solidario “Isla Bonita”, que organizan o Concello de Malpica e a Asociación Salitre para o vindeiro sábado 23 de outubro.
A partir das 16:00h, o aparcadoiro de Canido convertirase nun escenario ao subirán unha ducia de bandas e agrupacións, de xeito que todo o recadado vaia destinado ás asociacións animalistas da illa afectada polo volcán de Cumbre Vieja. A concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, lembrou que “o proxecto pretende contribuír á mellora da atención aos animais desprazados polos efectos derivados da actividade volcánica e a evacuación da poboación”.
Entre os grupos e artistas convidados atópanse o Mago Carlangas, Meigallo da ACD Carcaxía, Gaiteiros da AC Malante, Salitre no Pupitre, Xurxo Souto, O Pau Ke Vira, Juampiños, Improvisóns, Cantareiras da AC Raigañas, Las Antonias, Amenaza de Muerte e DJ SIL.
O aforo estará limitado e será necesario confirmar a asistencia de xeito previo enviando un correo electrónico a salitremalpica@gmail.com indicando datos persoais e teléfono de contacto.
NOVAS RELACIONADAS
- Lamentan os problemas para enviar 2.000kg de axuda humanitaria a La Palma.
- Coristanco tamén abre unha vía de envío de axuda económica a La Palma.
- Corme lidera e Carballo coordina a onda de solidariedade da Costa da Morte para La Palma
- Protección Civil de Carballo coordina a axuda de material máis necesario para La Palma.
- Concello e Asociación Salitre organizan un concerto solidario para recadar fondos para os animais desprazados de La Palma.
- A Costa da Morte comeza a remover as cinzas do Prestige para axudar a La Palma.