Os trasn@s volven invadir o Camiño dos Faros na procura do GR
Chega o bo tempo e a natureza espéranos. Xa arrincaron as Andainas Coñece a Costa da Morte e esta fin de semana fai o propio a 5ª edición do Camiño dos Faros. Unha edición que mantén a intención de seguir espallando esta fermosa ruta de sendeirismo salvaxe polo litoral costeiro, e que afonda na necesidade de convertila nunha Ruta de Gran Percorrido GR.
E parece que a xente ten gañas de saír e andar, polo que semella unha data fantástica para comezar unha nova ruta. Co Ultratrail 2015 xa na cabeza para os máis aventureiros (como sa trasna, a única española en completar o Ultratrail de Alaska), os que andamos máis a modo teremos cita este domingo 22 de marzo de 2015, con saída do porto de Malpica e chegada chegada a Niñóns, onde un autocar da empresa Pedro Pombo recollerá aos trasn@s para leval@s de volta aos seus vehículos por só 3€, e onde os que queiran poderán tomar algo polos bares malpicáns, comentando as impresións co grupo organizador.
Polo medio 22.5 Km de pura natureza, de marabillas naturais, con paradas na Praia de Beo, Bar Xan e Punta Nariga. Un luxo do que podedes tomar nota no evento aberto no FB.
Pre-etapa para sumerxirse na Costa
E como non, tamén artellaron unha boa pre-etapa, para facer Camiño e coñecer máis de preto a sociedade costeira. A partir das 18:00h do sábado, Malpica encherase de trasnos para escoitar ás bravas redeiras na nave do porto. Despois toca paseo, con varios guías-trasn@s explicando a historia e as curiosdades de vila. Sobre as 20:30h, parada de viños coa Asociación Cultural Malante coas súas gaitas, e arredor das 23:00h, concerto da Traskiband no Bar Submarino.
Máis información
Novas relacionadas
- Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee.
- Unha trasna, a única española en completar o Ultratrail de Alaska.
Novas sobre o Camiño dos Faros
- O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido.
- A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
- O Camiño dos Faros engancha.
- As frechas azuis van ao xulgado.
- O Camiño dos Faros espállase por Londres.
- O Vilán recibe aos trasnos cos brazos abertos.
- Históricos da Costa da Morte fan máis grande o Camiño dos Faros.
- 325 trasn@s gozaron da variedade e riqueza das múltiples paisaxes do Camiño dos Trasnos.
- Dureza e solidariedade noutra fermosa etapa do Camiño dos Faros.
- Medio millar de trasn@s volven invadir o Camiño dos Faros.
- Os trasnos volven ao Camiño dos Faros para afianzar este recurso turístico incomparable.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Medio millar de camiñantes puideron co tempo.
- Un ano de trasnos.
- A Costa da Morte venera o sendeirismo.
- Sendeirismo con conciencia.
- Nin a chuvia pode cuns trasnos que intentarán facer o Camiño dos Faros en 48 horas.
- As Andainas toman o relevo de Traski para vertebrar a pé a Costa da Morte.
- A divulgación 2.0 dos Camiños do Mar, finalista duns premios europeos sobre patrimonio.
- De Camiño dos Faros cos trasnos milenarios.
- Os trasnos fan Costa da Morte de marca en marca.
- O Camiño dos Faros estrea nova web.
- Traski envía unha carta de unión e eficiencia ao sector turístico da Costa da Morte.
- Os trasnos rompen marcas na terceira edición do Camiño dos Faros.
- Os trasnos crean a Asociación Camiño dos Faros.
O Camiño dos Faros por etapas
- 8ª etapa do Camiño dos Faros: Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros.
- 7ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros non para.
- 6ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros faise máis que real.
- 5ª etapa do Camiño dos Faros: A imaxinación vai a pé.
- 4ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás.
- 3ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- 2ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- 1ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).