O Vilán recibe aos trasnos cos brazos abertos


Menudo día espectacular para percorrer o litoral costeiro. E se a etapa coincidía cunha das zonas máis espectaculares de toda Galicia, aínda mellor. Case 400 trasn@s partían o pasado domingo, baixo un espectacular sol e, o máis estrano, sen unha pizca de vento, de Arou, para completar a 5ª etapa do Camiño dos Faros, atravesando esa incrible zona chea de tesouros. 22 km de verdadeira natureza salvaxe con moito que ver e que sentir.
Trasn@s veteran@s, trasn@s nov@s, trasn@s pequen@s, o que enchía de satisfacción ao mesmo Traski, que confía en que esta 4ª edición estea servindo para afianzar este recurso turístico magnífico, e en deixallr o futuro encamiñado.
Os veciños saudaban con alegría á marea de trasnos que pasaban por diante das casas de Arou e Santa Mariña, antes de subir á atoparse de bruces coa natureza máis auténtica. A duna do Monte Branco e o Trece conforman unha das paisaxes máis espectaculares desta Costa da Morte. Desta volta, a praia do Trece estaba inusualmente tranquila.
Parada no Cemiterio dos Ingleses a falar de novo con Rafael Lema, que acode encantado á chamada dos trasnos, para contar historias de naufraxios, concretamente a do Serpent e a negra historia desta Punta Boi.
Desde alí, o paseo levounos polas Praias de Reira, coa súa pedra do Oso e o ascenso ao monte Pedroso para alcanzar o majestuoso Faro Vilán.

Como queren no Faro Vilán a estes trasnos. Xa tiñan todo preparado, cunha nova sala-museo a estrear nesta ocasión, a torreira Cristina Fernández, que falou ademais con sabedoría e entusiasmo, a súa filla Cristina, Sabela da Asociación de Empresarios e Mariví de Neria, recibiron a visita cos brazos abertos, con varios vídeos espectaculares e cuns ricos petiscos. Dous exemplos, o Camiño dos Faros e a dinamización do Faro Vilán, que representan dúas das máis importantes accións turísticas da Costa da Morte.
Aínda quedaban un par de horas de camiñada, pola senda da Coenza ata a Ermida da Virxe do Monte para contemplar a posta de sol e ver cos seus propios ollos as próximas etapas do camiño. Á chegada á Camariñas, o Curbeiro e o Meu Lar que os recibiron tamén cuns ricos petiscos, para escoitas historias dos entusiamados trasnos, que están a facer historia con este Camiño dos Faros.
Máis información
Novas relacionadas
- Históricos da Costa da Morte fan máis grande o Camiño dos Faros.
- Senda Nova arma un novo programa de roteiros polo Outono.
- 325 trasn@s gozaron da variedade e riqueza das múltiples paisaxes do Camiño dos Trasnos.
- Dureza e solidariedade noutra fermosa etapa do Camiño dos Faros.
- Medio millar de trasn@s volven invadir o Camiño dos Faros.
- Os trasnos volven ao Camiño dos Faros para afianzar este recurso turístico incomparable.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Medio millar de camiñantes puideron co tempo.
- Un ano de trasnos.
- A Costa da Morte venera o sendeirismo.
- Sendeirismo con conciencia.
- Nin a chuvia pode cuns trasnos que intentarán facer o Camiño dos Faros en 48 horas.
- As Andainas toman o relevo de Traski para vertebrar a pé a Costa da Morte.
- A divulgación 2.0 dos Camiños do Mar, finalista duns premios europeos sobre patrimonio.
- De Camiño dos Faros cos trasnos milenarios.
- Os trasnos fan Costa da Morte de marca en marca.
- O Camiño dos Faros estrea nova web.
- Traski envía unha carta de unión e eficiencia ao sector turístico da Costa da Morte.
- Os trasnos rompen marcas na terceira edición do Camiño dos Faros.
- Os trasnos crean a Asociación Camiño dos Faros.
O Camiño dos Faros por etapas
- 8ª etapa do Camiño dos Faros: Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros.
- 7ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros non para.
- 6ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros faise máis que real.
- 5ª etapa do Camiño dos Faros: A imaxinación vai a pé.
- 4ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás.
- 3ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- 2ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- 1ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).