Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros engancha

O Camiño dos Faros engancha
101 trasn@s saíndo de Muxía porla praia de Lourido, co Parador de fondo, cara Nemiña polo Camiño dos Faros

Nada pode cos trans@s. Caían chuzos este domingo, pero nin con esas. Máis de un cento de amantes da natureza, chegados de toda Galicia, calzaron as botas de auga e andar polo magnánime Camiño dos Faros. I é que o Camiño dos Faros engancha, esta é a conclusión que chegaron moitos dos trasn@s que se atreveron a desafiar ao nordés, ás lameiras, á choiva…

Esta 7ª etapa, xa xa 4ª edición, que une Muxía e Nemiña, é unha das máis duras, debido, sobre todo aos 1000 metros de desnivel que hai que superar nos montes Cachelmo e Pedrouzo. E as inclemencias meteorolóxicas só conseguía multiplicar a súa dureza. Pero eso tamén gusta, e senón que llo pregunten algunha trasna que valoraba nas redes sociais deste xeito: “A experiencia de hoxe fíxonos entender por que a Costa da Morte se chama así. Vimos de primeira man o mar enfadado e o vento pelexando con nós“.

“Cando empecei a primeira etapa, pensei que non chegaría aquí, pero esto encancha moito e agora por esa 5ª edición”, comenta unha brava trasna. Unha 5ª edición que aínda non se sabe se será unha realidade, pero coñecendo a est@s trasn@s… Iso si, antes, a última etapa desta edición xa está en marcha, e será o 7 de decembro dende Nemiña e ata a Fin da terra.
Estaremos atentos, pero en todo caso, @s trasn@s non paran e xa están actualizando a web ao inglés, un paso enrome. Ademais, o Camiño dos Faros está aí 365 días ao ano para o que queira disfrutalo. Só ten que calzar as botas e botarse a andar.

Iso si, que a #ForzaTrasna o acompañe!

Traski no Camino dos Faros

Máis información

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

Comentarios