Portos asina cos Concellos de Malpica e Muros o regulamento das zonas de pesca recreativa nos peiraos

Segue traendo moita polémica o proceso de regularización da pesca recreativa nos portos galegos. Un proceso ao que a Xunta lle chama “levantar a prohibición” da pesca recreativa en superficie que rexía desde os anos 70, pero que en realidade non é outra cousa que intentar restrinxir certas zonas de uso dunha práctica que leva toda a vida absolutamente asentada na vida das vilas mariñeiras.
O pasado verán publicaba o documento de regulación de cada porto galego, permitindo a pesca en portos como o do Ézaro ou Santa Mariña (Ponteceso), pero establecendo certas restricións e límites horarios noutra gran parte dos peorais costeiros. Ademais, o regulamente obriga aos concellos a controlar estas restricións.
Unha situación ante a que, unha serie de concellos, entre eles os de Camariñas e Fisterra, presentasen unha fronte común para amosar o seu rexeitamento a tales restricións: “Queremos que a pesca recreativa continúe como antes de que Portos crease este problema”, dicían con rotundidade.
Hoxe, Portos asinou con varios Concellos como Muros e Malpica (ademais de Porto do Son, Cervo e Ribeira, todos gobernados polo PP), o convenio que permite poñer en marcha o regulamento.
Deste xeito, os Concellos pasan as ser os responsables do “control e vixilancia” da práctica recreativa, ao considerala que está “vinculada unicamente co lecer dos veciños e allea por completo á operativa portuaria.
Aproveita a nota Portos para enviar un aviso ao resto de Concellos que non queren asinar o convenio, entre os que están o de Camariñas, Fisterra ou A Laracha.
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 22: Fronte común de concellos contra o convenio imposto por Portos para o control da pesca recreativa nos peiraos.
- Abril 22: Portos acepta a ampliación das zonas de pesca recreativa en Portocubelo e pon condicións noutros 5 peiraos costeiros.
- Setembro 21: A pesca recreativa volveu saír aos portos reivindicando unha "afección sá”.
- Setembro 21: Camariñas presentará alegacións contra as zonas restrinxidas á pesca deportiva nos portos de Camariñas e Camelle.
- Agosto 21: A Xunta regula a pesca recreativa nos portos.
- Xullo 21: Portos debulla 3 niveis de restrición para a pesca recreativa nos peiraos autonómicos.
- 06-06-21: Manifestación en Compostela dos pescadores recreativos: “Somos deportivos, non somos furtivos”.
- Xuño 21: “Non ao Real Decreto" sobre a Regulamentación da Pesca Deportiva en Augas Exteriores.
- Maio 21: “Pescar non é delito. Deixádenos pescar!”.
- Abril 21: Os pescadores recreativos pediron a apertura dos portos en Malpica.
- Febreiro 2021: Así son as normas que vai impoñer Portos para a pesca recreativa nos peiraos e así é a proposta da Confraría de Malpica:
- Decembro 2020: Os pescadores recreativos de Malpica tamén protestan pola súa inxustificada criminalización.
- Novembro 2020: Os pescadores recreativos saen aos portos para pedir que non se lles trate como delincuentes.
- 2017: Caso “Luras”, peirao de Malpica: A gran mentira.
- 2017: Un pescador de luras do porto de Corcubión.