A Xunta rexeita a proposta de ampliación do dique do porto de Malpica e propón varias alternativas
Unha reunión para explicar as conclusións do estudo experimental que leva facendo o ente público durante os últimos anos, mentres os barcos seguen sufrindo as embestidas do mar cada vez que entran e saen na dársena, 5 anos despois do pasamento do patrón do Silvosa.
Portos quixo explicar a necesidade de ter tomado datos durante tanto tempo, destacando “a exposición extrema da dársena, propiciando un efecto de resonancia” impropia da costa atlántica.
Leguas asegura que analizaron varias opcións:
- Ampliación do dique,
- A prolongación do actual martelo,
- A construción dun novo martelo enfrontado ao existente,
- A modificacións da xeometría da dársena interior e implantación dunha comporta maior.
Sen dar unha resposta concreta, sinalou que formulan a necesidade de facer un dragado, e de buscando a instalación dunha comporta máis ancha, nunha nova localización.
O patrón maior, Pedro Pérez, pediu que se actuase.
No Parlamento
Foi o voceiro de Pesca do PSOE Martín Seco o que levou a proposición non de lei que propuña a semana pasada o candidato socialista á alcadía de Malpica, Walter Pardo, de ampliar o dique uns 200 metros. Seco argumentou a proposta en clave de sehguridade, pero tamén en clave económica, propoñendo crear “unha instalación de referencia para o sector da pesca, unha solución que acabaría cos problemas de seguridade e lle daría impulso á actividade económica do dito porto, que é esencial para o futuro da vila de Malpica”.
Se previamente a presidenta de Portos si que pasou a resumir a reunión de onte, a voceira de Pesca do PP, Begoña Freire aseguraba que “a proposta de ampliación do dique non só non reduciría o problema da comporta senón que podería aumentar o risco de máis correntes na comporta”. Si que avanzou a súa intención de darlle cara adiante a outras alternativas, asegurando que pronto se porían a traballar na redacción do proxecto, a Declaración ambiental e a redacción definitiva para a licitación.
De calquera xeito, a proposta socialista saíu rexeitada polos 7 votos en contra do PP e os 5 a favor de PSOE e BNG.
Seco pediulle a Xunta “actuar con celeridade” e criticou que apenas haia unha partida 25.000 euros nos Orzamentos da Xunta de 2023 para este asunto.
Pola súa parte, algo máis satisfeito polos anuncios amosouse Daniel Pérez, do BNG, poñendo en valor que se dan “froito da insistencia do BNG en sede parlamentar”. Lamentou, en calquera caso que “só queden en anuncios de liñas de actuación”, e criticou a labor de "oposición da oposición" que fai o PP con este asunto, e acusou este anuncio de ser unha nova promesa electoral, "das que tanto sabemos na Costa da Morte". Sobre a suposta "casualidade" da reunión de onte de Portos e a cita da Comisión, Pérez lembrouque o propio alcalde popular asegurou nun pleno do pasado xullo, hai 7 meses, a Xunta xa tiña listos os datos dos estudos experimentais.
Poden ver a Comisión na Mediateca do Parlamento Galego nesta ligazón.
Histórico da seguridade no porto de Malpica dende 2018
- Marzo 22: O PSOE solicita a ampliación de 200 metros do dique de abrigo de Malpica.
- Novembro 22: O PSOE critica a mísera partida dos Orzamentos da Xunta para a seguridade na dársena de Malpica
- Xaneiro 22: O BNG presenta outra moción para axilizar as obras de seguridade do porto de Malpica.
- Novembro 21: O Parlamento acorda, con unanimidade, afrontar as actuacións de seguridade do porto de Malpica:
- Abril 21: “Deberían botarlle man porque se está correndo demasiado risco na dársena de Malpica”.
- 19-02-2021: Novas propostas para a mellora da dársena de Malpica. Continúa o estudo experimental para establecer un sistema de comportas no peirao.
- Febreiro 2020: Dous anos despois, e as embarcacións seguen xogándose a vida no porto de Malpica.
- Decembro 2020: A Xunta volve usar un sistema experimental no porto de Malpica dous anos despois do accidente mortal do Silvosa.
- Agosto 21: As obras do porto de Malpica seguen a medias.
- Febreiro 2020: A Xunta pide paciencia para acometer as obras de seguridade do peirao de Malpica.
- Outubro 2019: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Decembro 19: Comeza a instalación do radar que permitirá definir o proxecto de mellora da seguridade no peirao de Malpica.
- Oubturo 19: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Outubro 19: Un radar, primeira medida da Xunta para revisar a seguridade do porto.
- Xullo 19: A familia do mariñeiro falecido en Malpica entrega 10.000 sinaturas para que Portos acometa obras de seguridade no peirao.
- Xullo 19: Walter Pardo e Leiceaga piden á Xunta a a execución das obras de mellora de seguridade no porto de Malpica.
- Febreiro 19: Aprobada no Parlamento unha iniciativa para eliminar o risco na entrada do porto de Malpica.
- 31-01-19: A oposición ao completo obriga no Parlamento á Xunta a tomar medidas para o porto de Malpica.
- A seguridade no porto de Malpica volve ao Parlamento.
- A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto.
- Decembro 18: Conmoción en Galicia polos dous naufraxios da Costa da Morte.
- 20-12-2018: O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica.